sábado, 15 de decembro de 2007

10 Preguntas a Ricardo Izecson dos Santos Leite (Brasil - Partisano Clash)

(Marko Czalic - Montreal)
Hoxe estamos con Kaka, unha das maiores promesas do P. Clash para a campaña que comeza. O P. Clash, equipo que sistematicamente queda clasificado na metade alta de cada competición que desputa. Un equipo de alto rendemento e partidos tan serios que case parecen cabreados. Paradoxalmente participou no encontro con máis goles da historia WIFA (6-3 ante Asaltacunas). Ten homes en lugares de honra de todas as clasificacións individuais (incluindo a de Humán Primitivo) e mesmo acadou o Given compartido (Toldo) da T2. Malia todo isto, a ausencia de departamento de márketing mantenos nun estrano semi-baleiro informativo. Son o equipo 'alternata'. E un non sabe ben que agardar deles.
1. Bo comezo de liga. Mais o seu potencial é unha absoluta incógnita polo de agora. Cónteme o que queira.
Gustariame contestar en catalan. Pois ben. Dende que deixei a relixión a finais da pasada tempada e coñecin os valores anarquistas e comprendín as ensinanzas do meu adestrador en canto ao "laissez faire a toi meme" sintome mais comodo no campo. Creo que asi mesmo lle acontece aos meus compañeiros. E unha das chaves da nosa pretemporada foron as escoitas en grupo de discos enteiros coma o "London Calling" de The Clash. Cando, xusto antes de sair ao cespede no noso estadio, soa nos altavoces dos vestiarios o "Death or Glory" ou o "Rudy can´t fail" a todos se nos pon a pel de galiña, xuntámonos e saimos coma lobos.
2. Vaia. É sorprendente pero, que non o sería?
Non o sería que este ano Woody Allen tivera unha estrea desastrosa ou que nos gañasemos algún título.
3. Déixeme adiviñar. Os obxectivos deste ano son ser 3º ou 4º nas dúas competicións?
Cacahuetes "Ghandi", bos para o seu útero ou o da súa dona (enfatiza). Da publicidade non se libre nin... comprende?
4. Comprendo. É lóxico. É vostede a antítese de Matt Holland no vestiario? Como levan que sexa vostede relixioso nun equipo ´politizado'?
Creo que vostede non me escoitou a primeira resposta nin se informou sobre min. En canto a Matt Holland, sería absurdo desmentir os problemas que tivemos a pasada tempada. Mais iso quedou alí, e agora acostumamos a ver cine de europa do leste na súa casa os venres. Tería vostede que probar as pastas da súa dona. Por certo, é unha muller moi elegante...
5. Holland e case o único que se fixo unha imaxe pública. A que se debe?
Xa sabe, cunha muller asi, calquera se agocha tras unha rocha... (Risas) Non, non me considero poetisa.
6. Esperan que Terry deixe de beber e participar en orxías agora que chegou ao clube?
De feito creo que bebe mais, e en canto ás orxías, o psicologo do clube aconselloulle non participar na das guionistas cíngaras antes do partido co Che Marx. Desouviuno, e xa veu que partido fixo. Foi o que mantivo mellor o tipo e nos permitiu remontar. Por non falar das risas que nos botamos no vestiario cando nos contou algunhas anecdotas das cíngaras ou "lurpias de seda" como lle gusta chamalas a él.
7. Sabe que o derbi ante o Shakhtar -con guarismos históricos igualados- é o partido máis repetido da WIFA xunco co G&H-Pollo, con 8 encontros cada un. En vista do grande comezo de ambos equipos. Serán novamente estes duelos chaves na tempada?
A liga cheira anarquismo. Mais temos que derrotar dunha vez a ese anarquismo de postal que representa o shaktar. Estou seguro que os imos tundar. E anote ben isto: será o día de Kaká.
8. Cal é a súa espectativa individual para a T3? Está claro que xa é unha das estrelas, pero semella que inda ten un chimpo por dar.
Ese chimpo dino cando lin "Deus e o Estado" de Bakunin. Agora áse reflectir no campo. Pasen e vexan. O Partisano trae novas este ano que os han sorprender. Mequetrefes...(esboza en baixo).
9. Sabe que hai moitos chistes co seu nome?
Caca.
10. Conte un.
Lembro unha. Un día entrei no vestiario e alí estaba rekarte ollando pra min. Entón o entrenador dixo: "velaí a merda".

1 comentario:

Anónimo dixo...

Con que anarquismo de postal, di o recén converso. Por que non convidas aos swazilandeses a ver o cine europeo do leste? Seguro que lles abre o apetito.