Alen Boksic no adestramento de hoxe, coa 2ª equipación do Torpedo(Redacción)
Mitea anunciou hoxe á mañanciña a fichaxe para a 2ª volta do lendario dianteiro croata Alen Boksic, curmán de Rapajk, presidente do clube. Unha morea de xente acudiu ós campos de adestramento para ve-las evolucións do xenial futbolista, que malia o tempo que leva fóra dos terreos de xogo parece en boa forma.
Posteriormente, saiu en rolda de prensa xunto a Mitea. "É unha grande honra para min estar aquí, agardo impaciente que comece a segunda volta para poder demostrar que son o dianteiro que precisa o Torpedo". "Se somos compatibles Kanouté e mais eu? Penso que si, pero estas cuestións as terá que responder o míster". Por outra banda Mita dixo que "Vai marcar un feixe de goles, xa veredes". Boniek tamén falou "Esta fichaxe é un golpe nos fuciños do capitalismo, como é evidente. A revolución proletaria segue o seu camiño, e con Alen xogando connosco vai ser todo máis sinxelo".
Milan Rapaic, si, o que xoga, non o presidente, tamén quixo dicir que "Que ben poderlle dar pases de gol de novo. Aínda que bueno a verdade é que esto é un pouco coñazo. En realidade todo é un pouco coñazo". "Que balcánico son...", continuou despois de ficar en silencio un bo anaco.
4 comentarios:
HEHEHEHE Albricias! Moi ben polo Torpedo.
Pero, ven Boksic??
sim, som-che boas novas.
Polo que se ve na foto foi um treinamento ateigado de siareiros.
Tenho que escrever as crónicas dos meus partidos, mas cos resultadinhos que figem nom me apetece. Já som 'escoria'!!
JAJAJAJAJA
Non ven, hai que copialo do 6
Publicar un comentario