(Redacción)
Chegas novas fresquiñas á nosa redacción: O Comité do Partido para asuntos futbolísticos decidiu en pleno e por unanimidade que o Torpedo non vai acudir a desputa-las xornadas de liga correspondentes a este venres. Os motivos son as flagrantes inxustizas cósmicas que provocaron e seguen a provocar a posición do noso clube na LPU, exactamente no segundo posto, empezando por abaixo. "Se o fútbol non é xusto con nós, nós non seremos xustos co fútbol", dixo Mitea, cada vez máis centrado no seu posto de adestrador.
No relativo ás fichaxes para a segunda volta nin sequera Bocazas é quen de asegurarnos nada. "Pode vir Klose, ou Klasnic, ou Puskás, ou tamén poden vir Littbarski, Scirea, Falcao, Savicevic, Stojkovic...que sei eu", afirma.
2 comentarios:
Desde logo o Bocazas nunca vai pecar por defecto.
Por outra banda, amoso a miña total disconformidade coas medidas adoptadas polo Partido e Invoco unha votación Democrática para ver se se lle permite ao Torpedo faltar á cita ou, pola contra, non. Eu voto Non.
que democracia nin que carallo!
Publicar un comentario