luns, 31 de decembro de 2007

Unha mancadura frea a fichaxe de Alen Boksic polo Torpedo

Boksic dóese no chan, hoxe á mañá


(Redacción)

A fichaxe do lendario dianteiro croata polo Torpedo pode ser freada a última hora a causa dunha mancadura que sufriu no adestramento de hoxe. "Ai!!" declarou Boksic, nada máis producirse os feitos. Mitea, médico do clube, compareceu para informar ós xornalistas: "É un pouco cedo para aseguralo, mais penso que o golpe no nocello poderíalle facer perder o que resta de tempada". "Agardaremos aínda a facer algunhas probas, pero penso que haberá que buscar outro dianteiro para a 2ª volta".

sábado, 29 de decembro de 2007

Alen Boksic ó Torpedo!

Alen Boksic no adestramento de hoxe, coa 2ª equipación do Torpedo


(Redacción)

Mitea anunciou hoxe á mañanciña a fichaxe para a 2ª volta do lendario dianteiro croata Alen Boksic, curmán de Rapajk, presidente do clube. Unha morea de xente acudiu ós campos de adestramento para ve-las evolucións do xenial futbolista, que malia o tempo que leva fóra dos terreos de xogo parece en boa forma.

Posteriormente, saiu en rolda de prensa xunto a Mitea. "É unha grande honra para min estar aquí, agardo impaciente que comece a segunda volta para poder demostrar que son o dianteiro que precisa o Torpedo". "Se somos compatibles Kanouté e mais eu? Penso que si, pero estas cuestións as terá que responder o míster". Por outra banda Mita dixo que "Vai marcar un feixe de goles, xa veredes". Boniek tamén falou "Esta fichaxe é un golpe nos fuciños do capitalismo, como é evidente. A revolución proletaria segue o seu camiño, e con Alen xogando connosco vai ser todo máis sinxelo".

Milan Rapaic, si, o que xoga, non o presidente, tamén quixo dicir que "Que ben poderlle dar pases de gol de novo. Aínda que bueno a verdade é que esto é un pouco coñazo. En realidade todo é un pouco coñazo". "Que balcánico son...", continuou despois de ficar en silencio un bo anaco.

xoves, 27 de decembro de 2007

O Torpedo non acudirá é sede da LPU este venres

(Redacción)

Chegas novas fresquiñas á nosa redacción: O Comité do Partido para asuntos futbolísticos decidiu en pleno e por unanimidade que o Torpedo non vai acudir a desputa-las xornadas de liga correspondentes a este venres. Os motivos son as flagrantes inxustizas cósmicas que provocaron e seguen a provocar a posición do noso clube na LPU, exactamente no segundo posto, empezando por abaixo. "Se o fútbol non é xusto con nós, nós non seremos xustos co fútbol", dixo Mitea, cada vez máis centrado no seu posto de adestrador.

No relativo ás fichaxes para a segunda volta nin sequera Bocazas é quen de asegurarnos nada. "Pode vir Klose, ou Klasnic, ou Puskás, ou tamén poden vir Littbarski, Scirea, Falcao, Savicevic, Stojkovic...que sei eu", afirma.

mércores, 26 de decembro de 2007

Outro Platini no rio

Ante os rumores que indicam que a Gullit mais lhe vale saber nadar. Proponho umha nova secçom para este Jornal na que cada um dos participantes na LPU ajude por meio dos comentários a fazer dumha vez por todas o River.

Em princípio bastaria com confeccionar umha relaçom dos jogadores que foram parar ao rio e quem os sacrificou. que ter em conta que com desbotar um jogador nom chega. Para que alguém forme parte do clube do mergulho tem que marchar da LPU dumha maneira especialmente desonrosa.

É de justiça lembrar que há vida depois do rio. O mais peculiar é o caso de Ballack, mas com esta nova temporada parece que nom vai ser o único já que Lampard, outro dos ilustres afogados, joga no indiscutível líder da classificaçom.

Desfrutemos do morbo recordando a todos aqueles que nom tenhem o que há que ter para jogar na LPU!

Rogério Ceni, Placente, Lahm, Platini...

mércores, 19 de decembro de 2007

A Kopa, 3ª edición - Sorteo

(Redacción)
Marko Czalic infórmanos do sorteo da Kopa da 3ª Tempada. Transcribimos a súa mensaxe:

"Previa:
Torpedo-Gloria

1/4 final
Shakhtar-Ordem
Che-Pollo
T.ou G.-Swazi
Asalta-P.Clash"

E engade: "Non estou certo de todo da orde local-visitante". Conclúe dicindo que "A Kopa comezará coa 2ª volta da LPU. O sorteo de semifinais farase cando rematen os cuartos".

Ballack, ó saber o que a sorte lle deparou ó Torpedo, saíu en rolda de prensa comentando que "É totalmente inxusto que os subcampeóns teñamos que xogar fase previa. Quero lembrarlles ós responsables desta desfeita que aínda que no lo poñan difícil, pensamos ir a morte ata o derradeiro set. "

sábado, 15 de decembro de 2007

PORRA ETERNA (patrocinado por Almacenes de Recambios Timothy)

(por Almacenes de Recambios Timothy)

A.R.T. tiene el placer de invitarlos a la primera porra anual de la clasificación final de la liga. El ganador de esta porra recibira un pack sorpresa de Almacenes de Recambios Timothy. Y por cierto, el premio es de verdad!!!!! Porque en Almacenes de Recambios Timothy, no te timothymamos. jejé!!
Con el fin de evitar tufos varios, solo nos interesan las tres primeras posiciones de liga y campeon y subcampeon de copa.



La primera porra nos la envia, Richard Bolelavsky, representante de prensa de P. Clash

LIGA
1 Shaktar Montreal
2 G&H
3 Partisano Clash

COPA
Campeón: Partisano Clash
Subcampeón: Pollo F.C.

10 Preguntas a Ricardo Izecson dos Santos Leite (Brasil - Partisano Clash)

(Marko Czalic - Montreal)
Hoxe estamos con Kaka, unha das maiores promesas do P. Clash para a campaña que comeza. O P. Clash, equipo que sistematicamente queda clasificado na metade alta de cada competición que desputa. Un equipo de alto rendemento e partidos tan serios que case parecen cabreados. Paradoxalmente participou no encontro con máis goles da historia WIFA (6-3 ante Asaltacunas). Ten homes en lugares de honra de todas as clasificacións individuais (incluindo a de Humán Primitivo) e mesmo acadou o Given compartido (Toldo) da T2. Malia todo isto, a ausencia de departamento de márketing mantenos nun estrano semi-baleiro informativo. Son o equipo 'alternata'. E un non sabe ben que agardar deles.
1. Bo comezo de liga. Mais o seu potencial é unha absoluta incógnita polo de agora. Cónteme o que queira.
Gustariame contestar en catalan. Pois ben. Dende que deixei a relixión a finais da pasada tempada e coñecin os valores anarquistas e comprendín as ensinanzas do meu adestrador en canto ao "laissez faire a toi meme" sintome mais comodo no campo. Creo que asi mesmo lle acontece aos meus compañeiros. E unha das chaves da nosa pretemporada foron as escoitas en grupo de discos enteiros coma o "London Calling" de The Clash. Cando, xusto antes de sair ao cespede no noso estadio, soa nos altavoces dos vestiarios o "Death or Glory" ou o "Rudy can´t fail" a todos se nos pon a pel de galiña, xuntámonos e saimos coma lobos.
2. Vaia. É sorprendente pero, que non o sería?
Non o sería que este ano Woody Allen tivera unha estrea desastrosa ou que nos gañasemos algún título.
3. Déixeme adiviñar. Os obxectivos deste ano son ser 3º ou 4º nas dúas competicións?
Cacahuetes "Ghandi", bos para o seu útero ou o da súa dona (enfatiza). Da publicidade non se libre nin... comprende?
4. Comprendo. É lóxico. É vostede a antítese de Matt Holland no vestiario? Como levan que sexa vostede relixioso nun equipo ´politizado'?
Creo que vostede non me escoitou a primeira resposta nin se informou sobre min. En canto a Matt Holland, sería absurdo desmentir os problemas que tivemos a pasada tempada. Mais iso quedou alí, e agora acostumamos a ver cine de europa do leste na súa casa os venres. Tería vostede que probar as pastas da súa dona. Por certo, é unha muller moi elegante...
5. Holland e case o único que se fixo unha imaxe pública. A que se debe?
Xa sabe, cunha muller asi, calquera se agocha tras unha rocha... (Risas) Non, non me considero poetisa.
6. Esperan que Terry deixe de beber e participar en orxías agora que chegou ao clube?
De feito creo que bebe mais, e en canto ás orxías, o psicologo do clube aconselloulle non participar na das guionistas cíngaras antes do partido co Che Marx. Desouviuno, e xa veu que partido fixo. Foi o que mantivo mellor o tipo e nos permitiu remontar. Por non falar das risas que nos botamos no vestiario cando nos contou algunhas anecdotas das cíngaras ou "lurpias de seda" como lle gusta chamalas a él.
7. Sabe que o derbi ante o Shakhtar -con guarismos históricos igualados- é o partido máis repetido da WIFA xunco co G&H-Pollo, con 8 encontros cada un. En vista do grande comezo de ambos equipos. Serán novamente estes duelos chaves na tempada?
A liga cheira anarquismo. Mais temos que derrotar dunha vez a ese anarquismo de postal que representa o shaktar. Estou seguro que os imos tundar. E anote ben isto: será o día de Kaká.
8. Cal é a súa espectativa individual para a T3? Está claro que xa é unha das estrelas, pero semella que inda ten un chimpo por dar.
Ese chimpo dino cando lin "Deus e o Estado" de Bakunin. Agora áse reflectir no campo. Pasen e vexan. O Partisano trae novas este ano que os han sorprender. Mequetrefes...(esboza en baixo).
9. Sabe que hai moitos chistes co seu nome?
Caca.
10. Conte un.
Lembro unha. Un día entrei no vestiario e alí estaba rekarte ollando pra min. Entón o entrenador dixo: "velaí a merda".

venres, 14 de decembro de 2007

Xornada Grande

(Marko Czalic - Montreal)

A liga empezou, pois, a definirse. Pero o que aconteza na 4ª xornada ou, por mellor dicir, entre a 4ª e a 6ª, ha ter un efecto moi definitorio das opcións de cada equipo para o que reste desta LPU3. Esta é unha pequena análise da situación e dos duelos inmediatos (todo en versión a proba de daltónicos), que a xulgar deste cronista son particularmente decisivos.

Clasificación

1 Shakhtar 3X 9P
2 P. Clash 4 9
3 G&H 3 7
4 Pollo 3 6
5 Asaltacunas 2 4
6 Swazi 2 1
7 Ordem 2 1
8 Torpedo 3 0
9 Che 4 0

Encontros da 4ª xornada:

Shakhtar - Asaltacunas
Montreal recibe desde o cumio clasificatorio ao campión, a súa auténtica 'besta negra'. O autobús visitante foi apedreado pola asociación 'Nenos de Montreal', contraria á entrada na cidade do equipo visitante. Un acto que non reprobamos. O ambiente é de gala para un dos partidos grandes. Os enfrontamentos directos entre estes dous equipos decidiron dous dos catro títulos en desputa até a data, sempre a favor dos pedofáns. En total, os visitantes acumulan 4 trunfos e un empate (13-8 en goles) fronte a un Shakhtar que vive a previa do partido en estado de tremenda exaltación. Unha vitoria visitante comprimiría moito os 5 primeiros postos da liga, ademais de ser un grande golpe moral e de autoridade, mentres un trunfo local reduciría moito a marxe de erro dos restantes aspirantes ao título. Asaltacunas vive momentos difíciles polo baixo estado de forma de Ruud Gullit, ben amortiguado polos éxitos de Gilardino.

Gloria - Torpedo
Un grande clásico, que o ano pasado resultou funesto para o todopoderoso G&H, caído ante o canón de Puskas no seu mellor momento da tempada, cando aspiraba a todo. O comezo dos de Strangelove nesta tempada é o mellor da súa historia e parece que teñen acadado o punto de regulariedade que precisaban para loitar, por fin, polo título; e ademais, os rublos de Sir Nigel están en xogo. Unha vitoria neste duelo colocaría como claro candidato a un dos sempiternos favoritos. O glorioso Torpedo, por outra banda, asinou un inicio que reproduce os peores erros do pasado. O fútbol esquisito da escadra croata, tan fermoso como inconsistente, semella unha permanente homenaxe a Neptuno. Pero rematou a espera e as dúbidas deben ficar no vestiario. Vencer ou morrer. Aínda non é tarde para que o Torpedo acade a Gloria.

Pollo - Ordem
Partido de enorme interese entre o equipo máis querido pola bancada planetaria, o equipo do Presi, e Ordem, cun plantel espectacular e en franca progresión. Beckenbauer, Breitner e Bergkamp pugnan en carisma contra o intundable Pollo. O "pollo niu stail" ou "a cochez" segundo Rooney, permitiu aos de Zlatan elevarse aos primeiros postos. Pero se o Pollo quere ser tomado en serio debe cambiar de uniforme e, aínda máis que iso, non pode fallar. Só a vitoria interesa. Lamentablemente este partido non se poderá desputar na xornada de hoxe, razón pola que Ordem confirmarase como a grande incógnita da competición, tralo seu duro calendario inicial. Todo apunta na mesma dirección que a súa boa 2ª volta da LPU2, pero debe empezar a sumar de 3 en 3, enganchado á maxia de Messi.

Swazilandia - Che Marx
A mellor defensa recibe á peor; un equipo sólido con falta de gol contra o colista que, porén, amosou unha grande melloría no último encontro, sinalando o camiño a seguir. Che é un monstroso xigante durmido do que ninguén abrangue os límites. Cando esperte escoitaranse berros alén de Plutón. Bican, en grande momento, empeza a conectar cos dianteiros. E estes só precisan un balón. Swazilandia, pola súa parte, é no seu africanismo o equipo máis serio da competición. Se consigue algo de enerxía na liña de mediapunta con Basturk, Pienaar e Milla pode ser case imbatible. Ambos equipos precisan o trunfo como o comer e iso é, no caso dos locais, moito dicir.

P. Clash - Descansa
Día prácido para os partisanos, que aproveitaron moi aproveitadiña a súa primeira quenda da liga e se fixeron cun bo saco de puntos e un lugar na zona alta, como xa é habitual. O seu rendemento histórico é moi parello ao de G&H, mais parece que ambos decidiron subir un chanzo ao mesmo tempo.

Esta foi a análise de situación de Marko Czalic para todos os equipos da LPU. Boa sorte para a metade.

xoves, 13 de decembro de 2007

9 preguntas a Neptuno, planeta do Sistema Solar

O Xornal do Pobo endexamáis se deterá no seu afán por falar cos maiores expoñentes do mundo WIFA. Hoxe imos subir un chisco o nivel das nosas entrevistas. Si, aínda máis que Marko Czalic. Con todos vostedes Neptuno, planeta do Sistema Solar, e fogar -imaxinario- do Torpedo.

1. Boas señor Neptuno, como anda a cousa?
Ola, pois a verdade é que por eiquí vai un frío do demo, polo demáis, exceptuando o tema futbolístico, todo vai ben. Xa sabe como son estas cousas, a verdade é que o meu traballo é un pouco monótono, xirar sobre min mesmo, xirar ó redor do sol...

2. Que opina do deus romano ó que lle chaman igual?
Pois que non está ben andar a facer esas cousas, xa me dirán que teño que ver eu cun deus do mar. 'Xenialidades' dos humanos, supoño.

3. Por qué gaseoso?
Bueno, é unha atitude ante a vida. Be gas, my friend.

4. Menudo equipo lle foi tocar...
É certo, non vai moi ben, pero así polo menos saio un pouco da rutina.

5. Está seguro do que di? Se non paran de perder!
Pois agora que o di, é certo, case parece un traballo.

6.
Sabemos que Plutón entra ás veces na súa órbita, chegando a estar máis preto do sol ca vostede, que opina?

Que un dia destes vai haber unha desgraza, non entendo a hostilidade de Plutón, pero máis lle vale que non tropece comigo. Amáis diso, nin sequera é oficialmente un planeta.

7. Que tal se leva co resto dos planetas?
Pois non temos moito trato, penso que cada un anda ó seu.

8. Está claro que o equipo non vai, a quen ficharía no parón invernal?
Penso que o retorno de Puskás, que xogou moi ben o ano anterior non sería mala idea. Puskás para chutar e Kanoute para rematar de testa... En fin tampouco quero meterme nos asuntos deportivos.

9. Que pensa facer cando o Sol estoupe?
O estoupido do que fala non vai chegar aquí, o que está claro é que os planetas interiores vano pasar mal. Eu adicareime a xirar, que é o que sei facer.

mércores, 12 de decembro de 2007

¿2ª División?

Directamente de los mentideros de la WIFA nos llega la alarmante información de que, ya desde la próxima temporada, podría empezar a disputarse la liga con 2 divisiones. En Primera 5 equipos, los 5 primeros de la liga de la temporada 3. En segunda 4 equipos. Los de segunda podrían disputar también la kopa. Subiría un equipo y otro podría promocionar.

sábado, 8 de decembro de 2007

Noruega nova campeoa

Datos quentiños da man do eminente Marko Czalic en colaboración M. de Castro Handicap, bolseiro nesta ocasión.

Noruega gañou un multitudinario mundial ao se impor a Suecia 4-0 nunha final con pouca historia.

O torneo desputouse con 3 grupos de 3:
R. Checa, Croacia, Rusia
Australia, Suecia, Italia
Noruega, Escocia, España
Italia e España callaron pésimas actuacións caendo en todos os partidos. Rusia tivo algunha opción pero finalmente apenas puido defender o título. Croacia suicidouse a última hora e Escocia caeu, moi inxustamente unha vez máis, nunha quenda de penaltis ante Noruega, coa que empatara a puntos (2 vitorias e 2 empates por bando) e goles a favor e na contra.
As semifinais quedaron pois:
Noruega-Australia
R. Checa-Suecia (clasificada como mellor 2ª con 9 puntos)
Noruega gañou 2-1 a unha Australia que loitou literalmente até o último alento de Milla.
Suecia superou con grande solvencia e por sorpresa á R. Checa (3-1).
E logo perdeu a súa enésima final, como xa foi contado.

O palmarés mundialístico fica, nos seus primeiros postos, así:
1 R. Checa e Croacia 11
3 Alemaña 5
4 Noruega, Dinamarca e Arxentina 4

(estes dous xornalistas comprométense a publicar algún día o palmarés completo, todo ha de chegar)

Partisano Clash aproveitou para porse ao día na LPU.
Gañou a Pollo F.C. 2-1 xogando ben.
Perdeu 2-0 con Gloria y Honor sen xogar mal.
Gañou 1-0 a Swazilandia BP. grazas a un negro do P.P. nun partido aburrido.
E gañou remontando e sufrindo (1-2) a Che Marx cun gol de Stoichkov no minuto 88.
O resto dos goles de P. Clash foron de Trézéguet , un deles espantoso (por bo) e os dos rivais de Eusébio e Adriano no G&H, Rooney no Pollo e Batistuta no Che. Case nada.

A continuación tabeliña de clasificación provisional na terceira tirada da terceira época da LPU


RESULTADOS T3











AF

CM

GH

OP

PC

PF

SM

SF

TZ

Asaltacunas FC




3,3






Che Marx



0,2


1,2


0,6



Gloria y Honor





2,0





Ordem e Progresso







2,5



Partisano Clash






2,1


1,0


Pollo FC


3,0








Shakhtar de Montreal









2,1

Swazilandia FC



1,1







Torpedo de Zagreb

1,4





2,4





CLASIFICACIÓN T3











X

G

E

P

F

C

P

D

1

Shakhtar de Montreal

3

3

0

0

13

3

9

10

2

Partisano Clash

4

3

0

1

5

4

9

1

3

Gloria y Honor

3

2

1

0

5

1

7

4

4

Pollo FC

3

2

0

1

8

4

6

4

5

Asaltacunas FC

2

1

1

0

7

4

4

3

6

Swazilandia FC

2

0

1

1

1

2

1

-1

7

Ordem e Progresso

2

0

1

1

5

8

1

-3

8

Torpedo de Zagreb

3

0

0

3

4

10

0

-6

9

Che Marx

4

0

0

4

1

13

0

-12

venres, 7 de decembro de 2007

ENTREVISTA A ROONEY

Hainos neste mundo do xornalismo que se creen moi listos.Becarios cun pequeno exito que poñen en dubida a profesionalida das xentes consagradas.Czalic non coñece limites.E traballa a reo.Hoxe estamos con Wayne Rooney,un dos estandartes do "pollo niu stail".
1.Ei,Huein.Envie unhas palabras para animar ao retorno do presi.
Pois o presi non necesita animo porque todo o que faga estou dacordo con el,defeito pusenlle enriba da mesa a misa renuncia a xogar neste equipo mentres que el non retome a sua decision ainda que acertada non creo que arregle nada na wifa si el se vai, porque o federacion esta grave de verdade con feridas con moi mala pinta.
2.Seica hai quen di que a seguda equipacion deste ano e unha referencia -algo saturada de mais- ao novo"estilo cocho" do equipo.E isto certo?
Como que algo saturada,creo que o presi viu este color cando un dia de borrachera no momento do cenit estando a punto de caer no coma etilico viu este color,moi fasion por certo.
3.Cando voste enfunda unha camisa rosa,coa cara que ten,non lle apetece enlamarse?
Pois a verdade e que me dan ganas de cagar un bo ñordo,a verdade e que pensandoo non sei si facelo combo,ademais de cagar nese momento tocarme nun sitio mentras me miro no espello,que a cara de cona que teño aaaa me estou poñendo non me siga por ahi.
4.Hai quen o coloca de candidato a shevsebio da T3.Como o ve?
Pois non sei quenes seran esas pedrastas que din eso.A miña verdadeira ilusion e de meter o porteiro contrario dentro da porteria dun bo castañazo,e cando o balon toque a sua man, pois que faga un deflagracion desaparecendo non abuxeiro negro de pudricion y onanismo.
5.O pollo e duns dos equipos con mais siareiros no mundo WIFA.A que se debe?
Pois a verdade e que eu creo que apropia mentalidade do equipo,o de nunca rendirse ser sempre un exemplo de autosuperacion e sobre todo a capacidade que temos de molarnos moito,por suposto que nolo comemos todo eso esta claro.
6.Non temen perder respaldo popular a medida que varian de estilo?
Pois averdade eu creo que os siareiros estaran con nos porque ven que queremos ser algo mai neste mundo wifa,que estamos un pouco cansados xa de sempre ser unha mera comparsa queremos ser algo mais intertar ser unha verdaira opcion os equipos grandes dunha vez por todas.
7.Quen e mellor,zlatan ou vostede?
Pois zlatan vaia pregunta mais obvia a vostede quen lle deu o carnet de periodista tocoulle nunha tombola menudo matao.Como dicia el por suposto eu cando entro no campo,cando me lavanto pola mañan para entrenar son feliz solo con estar con el,ca sua forma de entendela vida a fe que ten e o meu idolo.
8.Nas suas verbas,que e o zlatanismo(xa o preguntei noutra ocasion,e por ver se ahi unanimidade)?
Vamos a ver realmente estame tocando os collons pero esto que unha coña,haber que me centro vostede quere jorderme a miña reputacion de anxo e bo persona que teño verdade?.O zlatanismo e o que todos queremos ser na vida a forma de complicalo todo,se tes unha ocasion de marcar solo ante a porteria sen porteiro,pos vas e lle das de tacon e a botas por riba do largueiro eso a verdade e para min o zlatanismo.
9.Definitivamente,cocheando,cocheando,van pola liga este ano?
Pois si a verdade ese era o noso plan,parece que bostede esta empezando a aprender de vai isto nos a pillao co carrito do xelado.Si acabouse o tiki taka SALIANAS vai ser yo chuto gol ese e a nosa filosofia saber competir,que ser campion do futbol sen porterias xa foi o celta meu.
10.Eneterouse de que o pollo abandonou a competicion?Que lle parece?
Pois a verdade e que eu fun o cabecilla da idea,de que o pollo deixara a competicion pero pensaba que o presi non me faria caso como vexo e un gran presi ata sabe escoitar que gran persoa e este home,para min o que ten que facer este equipo e xogar noutra liga porque esta liga esta empezando a perder carisma desde que o pollo esta empezando a xogar o cerdo esto xa non e o que era.

xoves, 6 de decembro de 2007

Rusia, Campioa do Mundo

(Marko Czalic - Montreal)

Con máis de 70 edicións, o Campionato do Mundo de seleccións é o torneo oficial máis antigo e un dos máis prestixiosos da WIFA. Onte, por primeira vez, un dos equipos máis históricos do torneo, Rusia, acadou finalmente o seu 1º título, converténdose no 10º combinado que o logra este ano.
Vladimir Potemk, chegado especialmente de Montreal para levar aos seus paisanos polo camiño do éxito, tivo un traballo duro. Toda a primeira fase foi de probaturas tácticas, buscando o estilo de xogo ideal sen atopalo. Catro partidos mediocres en calidade e medianos en resultados (1 trunfo, 2 empates, 1 derrota), conduciron a Rusia a unha segunda fase estremadamente complicada.

"Potemk non sabe o que fai" (Alexei Smertin); "Estamos algo mareados" (Alexander Kerzhakov) ou "Eu mellor non digo nada" (Egor Titov), foron as reacción que suscitou a 1ª fase realizada polos rusos neles memos. Unha 1ª fase dominada pola Italia de Milla, con papel destacado para algúns xogadores da nosa liga como Gilardino (Asaltacunas FC), "Jarni" do torneo, Pirlo (Che Marx), amo auténtico do centro do campo, ou Zambrotta (G&H), omnipresente. Destacaron tamén, como non, os defensas de OeP, especialmente Materazzi, así como o gardamallas de AFC, Gianluigi Buffon. O outro equipo dominador da fase inicial, Croacia, con Robert Kovac (TZ) e un excelente Ivan Klasnic, ex-xogador, como saben, do glorioso Torpedo, e o impredicible (inda a posteriori) papel de Bélxica, que contou cun bo Pieroni, e Irán, onde, en ausencia de Nekounam e Daei, destacou un Enosaly que podería atopar un oco na LPU, foron as outras notas destacadas da primeira fase.

Na segunda fase todo cambiou, Rusia atopou o seu fútbol, o que sistematicamente lle outorgou vantaxes que logo se dedicaba a administrar, Irán caeu por moi exigua marxe, logo Bélxica -nomeada por esta razón "equipo con posibles desviacións" do torneo, "equipo Maricón", segundo a denominación popular- e chegouse á semifinal. Até entón ningún atacante ruso destacara sobre o resto, con números discretos. Pero as baixas na dianteira provocaron a aliñación de Vladimir 'Imbécil' Bystrov, que rematou por ser decisiva tanto ante Croacia nunha intensa semifinal (2-1) como ante Italia, nunha final igualmente intensa (2-1), o que converteu a Bystrov, case por accidente, no xogador máis determinante do torneo e en lenda viva do fútbol ruso.

Potemk: "Non sei por que carallo se me critica tanto, igual me está a pasar no Shakhtar. Os resultados son bos, o fútbol é bo. Sei que son xeiras, levo moito nisto; sei que a inspiración dos xogadores ha pasar máis axiña que tarde, e logo algún outro equipo se postulará como temporalmente indestructible. Sucedeu xa moitas veces, con moitos equipos. Pero nós estamos a facer un bo traballo no Shakhtar, i eu empezo a estar farto de choromicas". I é que Potemk é moi alto, e pode dicir certas cousas.

O palmarés histórico dos mundiais WIFA segue dominado por croatas e checos, como non, con ampla diferenza sobre o resto.

martes, 4 de decembro de 2007

El G&H vuelve a sus raices



Clásico, elegante, sobrio. Todas estos adjetivos podrían usarse para definir al mejor equipo del mundo. La directiva ha decidido poner énfasis en estos valores al encarar la nueva liga. En las fotos podemos ver el nuevo estadio y una de las pocas imágenes del nuevo secretario técnico de Strangelove. ¿Será él el responsable de sus insólitas declaraciones?

luns, 3 de decembro de 2007

Balom de Ouro

Três modestos clubes da nossa liga receberom onte mesmo um reconhecimento personal para algum dos seus jogadores. Estamos a falar do Ballon d'Or que cada ano organiçam os colegas gabachos da France Football. Um ano mais vém repartidinho e um ano mais coa polémica de sempre: ''Por que nom lho dam a Raúl?'' choram desde a capital do imperio pequeno..etc...bla,bla...
Desde a redacçom deste jornal queremos parabenizar tanto aos jogadores reconhecidos como às formaçons nas que se integram, nomeadamente: Partisano Clash, Pollo e Ordem.
Recordamos que o Jornal do Povo nom tem dereito a voto; nem falta que faz, para algo votamos o OIL.



pontos
Ricardo Izecson Dos Santos Leite 444 Partisano Clash
Cristiano Ronaldo 277 Pollo F.C.
Lionel Andrés Messi 255 Ordem e Progresso
Didier Yves Drogba Tébily 108 Swazilandia BP.
Andrea Pirlo 41 Che Marx
Rutgerus Johannes Martinius van Nistelrooij 39 Ordem e Progresso
Zlatan Ibrahimović 31 Pollo F.C
Francesc Fàbregas Soler 27 Livre
Robson de Souza 24 Livre
10º Francesco Totti 20 Pollo F.C

Aprovietamos tambem para fazer um bocado de história recordando o quadro de honra desde que começaram alá no ano 1956.
Entre parenteses o clube para o que jogarom por última vez.
Agradeço de antemão qualquer correcçom que me queirades fazer.

ANO OURO
PRATA
BRONZE
07 Kaká Partisano C. Ronaldo Pollo Messi Ordem
06 Cannavaro Ordem Buffon Asaltacunas Henry Che Marx
05 Ronaldinho shakhtar Lampard shakhtar Gerrard Partisano
04 Shevchenko shakhtar Deco Ordem Ronaldinho shakhtar
03 Nedved Pollo Henry Che Marx Maldini Torpedo
02 Ronaldo livre R. Carlos Pollo Kahn Che Marx
01 Owen (Gloria) Raúl livre Kahn Che Marx
00 Figo livre Zidane livre Shevchenko shakhtar
99 Rivaldo livre Beckham livre Shevchenko shakhtar
98 Zidane livre Suker livre Ronaldo livre
97 Ronaldo livre Mijatovic livre Zidane livre
96 Sammer Partisano Ronaldo livre Shearer livre
95 Weah Asaltacunas Klinsmann (Partisano) Litmanen livre
94 Stoichkov Partisano Baggio livre Maldini Torpedo
93 Baggio livre Bergkamp Ordem Cantona livre
92 Van Basten Partisano Stoichkov Partisano Bergkamp Ordem
91 Papin livre Matthaus livre Savicevic livre
90 Matthaus livre Schillaci livre Brehme Partisano
89 Van Basten Partisano Baresi shakhtar Rijkaard Asaltacunas
88 Van Basten Partisano Gullit Asaltacunas Rijkaard Asaltacunas
87 Gullit Asaltacunas Futre livre Butragueño livre
86 Belanov livre Lineker (Che Marx) Butragueño livre
85 Platini (Pollo) Elkjaer livre Schuster livre
84 Platini (Pollo) Tigana Swazilandia Elkjaer livre
83 Platini (Pollo) Dalglish livre Simonssen livre
82 Rossi livre Giresse Swazilandia Boniek Torpedo
81 Rummenigge (Ordem) Breitner Ordem Schuster livre
80 Rummenigge (Ordem) Schuster livre Platini (Pollo)
79 Keegan livre Rummenigge (Ordem) Krol (shakhtar)
78 Keegan livre Krankl livre Resembrick livre
77 Simonssen livre Keegan livre Platini (Pollo)
76 Beckenbauer Ordem Resembrick livre Viktor livre
75 Blohkin livre Beckenbauer Ordem Deyna livre
74 Cruyff Gloria Beckenbauer Ordem Deyna livre
73 Cruyff Gloria Zoff livre Müller Torpedo
72 Beckenbauer Ordem Müller Torpedo Nezter livre
71 Cruyff Gloria Mazzola livre Best Che Marx
70 Müller Torpedo Moore livre Riva livre
69 Rivera livre Riva livre Müller Torpedo
68 Best (Che Marx) Charlton (Torpedo) Dzajic Torpedo
67 Albert livre Charlton (Torpedo) Johnstone livre
66 Charlton (Torpedo) Eusébio Gloria Beckenbauer Ordem
65 Eusébio Gloria Fachetti livre Suárez (Partisano)
64 Law livre Suárez (Partisano) Amancio livre
63 Yaschin shakhtar Rivera livre Greaves livre
62 Masopust livre Eusébio Gloria Schellinger livre
61 Sívori livre Suárez (Partisano) Haynes livre
60 Suárez (Partisano) Puskas (Torpedo) Seeler livre
59 Di Stéfano (Che Marx) Kopa livre Charles livre
58 Kopa livre Rahn livre Fontaine livre
57 Di Stéfano (Che Marx) Wright livre Kopa livre
56 Matthews livre Di Stéfano (Che Marx) Kopa livre