Xornada de escasa participación a do venres pasado, mais non exenta de loita, pasión e mesmo algunha sorpresiña.
Comezaron os Babudos afinando a puntería contra o Asaltacunas. En pantido pertencente á xornada 6, loita aberta entre ambolosdous equipos, con boas chegadas dos de Sierra Maestra á área dos madrileños, pero que non chegaron a concretarse en gol. Pola súa banda, o Asalta loitaba coas súas mellores armas, acadando adiantarse no marcador no últio cuarto de hora de partido por medio de Rosicky tras un bo pase de Eto'o logo dunha peculiar maneira de defender dos cubanos (pola caótica e mala, por supusto). Mais os do Comandante tiveron folgos pra acadar o empate preto do final por medio de Mágico González tras asistencia de Michael Laudrup. Pola súa banda, o "Jefecito" Mascherano foi amonestado con cartón amarelo, mentres que Falcao, no seu derradeiro partido cos do Duque, pecou de exceso de intensidade e foi expulsado por dobre cartón amarelo.
Na Kopa do Pollo, dous resultados:
- Victoria dos Babudos por 1 - 0 perante o Pollo, logo dun partido moi desputado que se resolveu nos minutos finais tras unha estúpida acción de Mair, que tras recoller o balón logo dun saque de corner dos cubanos, cede coa mán pra Agüero, o cal remata pra unha bóa estirada de Maier, pero que deixa a bola ante Mágico que marca preto do minuto 90 de partido. Victoria dos Babudos e o Pollo á repesca. Neste partido viu o cartón amarelo Brian Laudrup.
- Na repesca, derrota de novo dos do Presi ante o Asaltacunas por 1-0 tras un gol de Odonkor (quen senón) a pase de Eto'o. Partido de moita forza, con lesión pra Ricardo Oliveira, cartón amarelo pra Castolo e vermello pra Puyol.
De novo na LPU, na xornada 2 derrota do Pollo ante o River por 1-3, con goles de Cambiasso en propia porta, Cruijff a pase de Di Stefano, Brolin pra os polliles e Di Stefano a pase de De Jong, quen ademáis viu o cartón amarelo neste encontro.
Da xornada 10 puidemos ver un Asalta 2-0 Ordem, con goles de Paolo Cannavaro en propia porta e de Weah. Lesións de Rosicky e Eto'o e amarelo pra Paolo Cannavaro (man of the match, sen dúbida).
Da xornada 11, un apertadísimo River 1-0 Pollo, con gol de Carew logo dun magnífico pase de Cruijff. Amarelo pra Bouma e Carragher que cumpriu sanción por unha expulsión previa.
Na xornada 12 o Babudos 0-0 Ordem, partido sen moita historia, salvo dous cartóns amarelos pra Vermaelen e Emanuelsson.
Xornada 13 Asata 0-3 Pollo. Goles de Miccoli (Cambiasso), Toninho (Brolin) e Zlatan (Brolin). Lesion de Zlatan, amarelo a Castolo, e cumpriron por lesión Eto'o e Rosicky.
Xornada 14 Babudos 2-1 River (os do Comandante danlle algo de folgos á LPU). Magnifica victoria cubana con goles de Michael Laudrup (Mágico González) e Agüero pra os de Sierra maestra, e de Mata (Di Stefano) pra o lider da competición. Lesionouse Platini e cartóns amarelos pra Arbeloa e Marchena.
Xogadores:
- Agüero: Liga 1 gol
- Arbeloa: 1 CA
- Barnes: Liga 1 pase
- Bouma: 1CA
- Brian Laudrup: Liga 1 pase, 1 CA
- Brolin: Liga 1 gol, 1 pase
- Castolo: 1 CA
- Cambiasso: Liga 1 gol propia porta
, 1 pase- Carew: liga 1 gol
- Carragher: cumpriu un partido de sanción/lesión, pero non teño o dato do partido no que o expulsaron ou se lesionou. Debe estar nas outras follas.
- Cruijff: Liga 1 gol, 1 pase
- De Jong: Liga 1 pase, 1 CA
- Di Stefano: Liga 2 pases, 1 gol
- Emanuelsson: Ca
- Eto'o: Liga 1 pase, KP 1 pase. Lesión cumprida
- Falcao: 2 CA (cumpriu sanción pola expulsción)
- M. Laudrup: Liga 1 gol
- Mágico: Liga 1 gol e 1 pase, KP 1 gol
- Marchena: 1 CA
- Mascherano: 1 CA
- Mata: Liga 1 gol
- Miccoli: Liga 1 gol
- Odonkor: KP 1 gol
- P. Cannavaro: liga 1 gol propia porta, 1 CA
- Platini: 1 lesión (non sei se cumprida)
- Puyol: Cartón Vermello
- R. Oliveira: lesión cumprida
- Rosicky: Liga 1 gol, lesión cumprida
- Toninho: Liga 1 gol
- Vermaelen: CA
- Weah: Liga 1 gol
- Zlatan: Liga 1 gol
Nove partidos menos que me faltan pra chegar aos 21, e aos que hai que sumar os que xa pasei hai uns días.
8 comentarios:
calendarios actualizados
Poñedelle etiquetas: T17, resultados, cronicas
Hai outras follas?
eu teño unha pola tarde pasoa
¿Pero el Asalta no llevaba ya sus 21 partidos? Supongo que no había nadie más para pasarlas y tuvo que ser así, pero lo digo porque después no van a dar las cuentas.
haber que me da non estamos atentos pero repetireino por si acaso. que eu teño un par de follas
de feito, son cinco partidos para ser exactos e como sigamos asi non os colgo que a o presi non se lle contesta. empezamos co babudos e a xente esta tomando mal exemplo.
creo que vou ter que tomar medidas eu non seguiria xogando co tema.
Hehehe....o presi se cabrea.
A ver, eu levei varias follas (os partidos que puxen esta mañá) pero cando marchei quedaba algún partido por xogar ainda, e quedaron alomenos outras duas follas (as que ten o Pollo). E os partidos paseinos eu (Babudos) e non o Asalta Diego. O Asalta xa ten o cupo cuberto de hai un par de semanas, se non lembro mal. Eu pasei os de hoxe e hay uns días pasara tamén algúns. Xa os sumarei.
Ah, e o das etiquetas, non sei cómo se fai. Eu só sei que pr publicar cousas no Xornal teño que mandar un e-mail a unha dirección de correo, pero non sei cómo lle poido poñer etiquetas. Penso que iso só o poden facer os Administradores, e eu non son tal.
Publicar un comentario