venres, 22 de abril de 2011

Creo que está así; o River, un pouco máis cerca de facer historia


Só Pollo e Torpedo aspiran a competirlle aínda a LPU ao River. Os Túzaros, con tremenda segunda volta, e o Shakhtar poden ser aínda subcampións.

Os de Montreal, cun excelente xogo, venceron ao Rif nun partidazo e con moita sorte na acción final (Yobo, PP, minuto 89 tras o 2-2 acadado por Cesc no 88), Larsson e Shevhchenko, autor do épico 2-1, marcharon mancados. Despois, caeron ante o Asalta e quedaron sen opcións matemáticas: malia ser levemente superiores ao rival durante todo o partido, regalaron un balón ridículo a un par de minutos do final que finalmente Eto'o empurrou as redes. Logo, un gol de Xavi nos intres finais permitiulles derrotar aos Babudos. Os tres partidos resolvéronse pasado o minuto 85.

O Torpedo caeu ante os tardíos Túzaros (implacables na segunda volta) e quedou obrigado a gañar sen parar para aspirar aínda ao título. Despois, comezaron esa senda con éxito ao derrotar aos Babudos (4-2) nun partido impresionante de Moller e Poborsky.

Na Kopa do Pollo, o Shakhtar venceu 2-1 a uns Babudos que foron de menos a máis e que tiveron aos rusistas todo o segundo tempo pechados no seu campo, na busca do empate. Os Babudos caeron nos intres finais do partido de repesca ante Asaltacunas malia xogar un grande partido, no que ambos desperdiciaron moitas e aberrantes ocasións. O Asaltacunas seguiu coa súa moi afortunada xornada na semifinal de repesca ante os Túzaros, ao gañar moi preto do final cun gol en propia meta. A final entre Shakhtar e Rif resultou apaixoante, moi desputada e de bo fútbol. O Rif acadou o seu 8º trunfo consecutivo na KP gracias a un golazo impresionante de Romario no minuto 80. Non coñecen a derrota nin o empate desde que esta competición acudiu ao sistema de repescas o cal, polo de agora, esta a quitarlle ao mesmo todo o seu sentido, que non o interese. Na final da repesca, de novo o clásico Asalta-Shakhtar. Todo o partido desputouse en campo dos madrileños, que saían á contra con perigo. Cada gol de Rooney foi respostado por outro dos rivais ata o 2-2, que conduciu á prórroga. O Shakhtar traduciu o seu claro dominio en múltiples ocasións claras que foi desperdiciando, e salvou o seu dereito a desputar o replay cando, na última xogada do partido, un remate de Eto'o lambeu por fóra o poste de Malafeev. Foi a única carambola que non saiu de todo redonda aos do Duque nesta xornada. Chygrynsky retirouse mancado.

Moitísima emoción e alta calidade en case todos os duelos. Que continúe así.

Xornada hoxe?

Non.

Economía

Todos os equipos subirán 2 rublos na tempada próxima, como resultado dos duelos rúblicos por partidos na casa da T18 (+10 rublos/10 equipos*2 coeficiente). A este valor haberá que modificalo co valor pos postos que lles corresponda e deberán engadirlle o que resulte, en cada caso particular, dos seus duelos rúblicos nesta T19. De momento:

Shakhtar 0
Rif -1
Tuzaros -2
Asalta 2
Swazi -1
Torpedo 2
Pollo -2
River 2
Che -1
Ordem 1
BALANZO
0

Ao MAG aínda lle queda o Pollo; ao Torpedo, MAG e River; ao Pollo, o Torpedo. Falta tamén saber quen levará o rublo da Kunka. Revisen as súas contas.
.

2 comentarios:

Diego dixo...

En principio no. Si viene el Pollo intentaré ir al menos un rato.

getxo dixo...

Disque non vén.