
Aquí o sorteo de kopa realizado con tal acerto que os asistentes á xornada non se cruzaban entre eles de ningunha maneira. Premendo na imaxe pode cancelar a súa cita co oculista.
draft
Ademais comezou a 2ª mão con resultados que se verán. Ninguén fixo draft agás o Duque, que demostrando a súa clase, decidiu non gastar os aforros, deixando así a votación pendente para cando haxa quorum. O cambio realizado por Bilardo foi a marcha de Falcão pola chegada de Zico. Ambos brasileiros seguidos moi de perto pola secretaría técnica do Río.
propostas
O Pollo protestou cada derrota e ademais tamén propuxo, con boa acollida, que no caso acollernos á norma do 80% se xoguen os partidos que faga falta pero sempre evitando na medida do posible os duelos rúblicos. Isto vén derivado de que nós, non nos apercibimos e mesmo contabamos con que lle fixeramos unha boa 1ª mão ao Pollo, mas no económico ten 2 derrotas rúblicas e, por unha vez, ten mais razón que un santo con raquetas.
Aquí tamén propoño eu que no caso de que non quede mais remedio que xogarlle algún duelo rúblico a algún equipo este non conte no económico.
E con isto e a votación pendente proposta polo MAG de que o que gaste un no draft de inverno xa non o pode gastar para a temporada seguinte, penso que os burócratas han de estar ben contentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario