Larsson (Arshavin); Arshavin (Larsson); Shevchenko (Arshavin)
+ Larsson; CA P. Cannavaro
Era o inicio do segundo tempo do partido da LPU19 no Estadio Arraiano cando o Henrik Larsson anotou por baixo, desde o punto de penalti e tras pase interior de Andrei Arshavin, o gol número 1.000 da historia do seu clube.
Os non-canadianos reparten os seus xa 1.002 goles en 469 partidos, con 250 vitorias, 95 empates e 124 derrotas. Levan apañados 680 goles na contra e, reducindo a súa actuación a puntos, suman 845 (con +322 de diferenza de goles). É dicir, 1,80 puntos por partido e 1,75 en LPU.
Polo demais, bo partido dos visitantes, que cimentaron o trunfo nun dos famosos goles de saque de centro. A partir de aí todo lles foi máis doado, con grande actuación de Arshavin e Larsson (ata a súa lesión), ben suplido logo polo eterno Shevchenko. Os mangostas mantéñense así na loita por revalidaren o título.
CHORA O LÍDER
Coméntase nos sotos da WIFA que se ouviu chorar moito ao Duque porque regalara a liga cos últimos resultados. É unha estratexia interesante: colocarse no máis alto e tentar afogar aos demais, dado que as bágoas van cara abaixo. Qué sería da WIFA sen estas pequenas idiosincrasias:

Por certo: viron quen é o pechacancelas? Non é gracioso?
.
4 comentarios:
Hai un erro na clasificación.
Os Babudos temos 11 puntos en 11 xogos desputados. Hai un empate maiores non reflectido.
Penso que, culpa miña ao non indicalo mellor, o que se lle pasou ao secretario foi o Babudos 1-1 Asalta da xornada 6, do que falaba ao principio da noticia sobre resultados da pasada xornada.
Pero se antes da xornada de venres eu tiña 1 victoria, 2 empates e 3 derrotas (5 puntos en 6 partidos) e o outro día conserguín 1 victoria (2- ao River), tres empates (0-0 co Ordem e dúas veces 1-1 co Asalta) mais unha derrota (1-2 co Pollo), o total son 11 puntos en 11 partidos.
O que non reparei é se no caso do Asalta estaba ben contabilizado.
Recibido. Certo que, malia ler a noticia, non me fixei nese á hora de pasar resultados. E logo non me aclaraba porque tamén empatastes a 1 no de volta.
Agora amaño.
ostia o puto riff e que manda carallo o que o futbol non pasa nada, fara un par de fichaxes co seu talonario infinito e o final gañara a liga o pollo
Iso pásalle por fichar ó monaldo ese, entre outras cousas.
Publicar un comentario