mércores, 13 de abril de 2011

Ordem, MAG y River se baten en duelo

x11 Ordem 0 - 2 MAG
D. Law; D. Law
CA Bergkamp; Les Pienaar

Providencial estrea de Law, reemprazo de Shearer no draft de inverno, que asinou unha comoda victoria nun partido non tan cómodo. Signori fixo boas migas co escoces, dandolle os dous pases pre-gol. O Ordem achuchou nalgun intre e despois dunha ocasion clarisima para empatar o MAG sentenciu a contra.

x13 River 1 - 0 MAG
Di Steffano(Mata)
CA de Jong

Un River un pouco superior o MAG obtivo unha xusta victoria, a pesar dalgunha contra con moito perigo dos magos, que non foron quen de empatar un gol moi tempraneiro. O River tivo a sentencia en dous tiros consecutivos o pau de Paltini e Di Stefano respectivamente, o que Littbarski respondeu estrelando o balon contra o longueiro de Frey. Finalmente o MAG baixou os brazos e resignouse a perder o partido fronte o virtual lider de LPU.

KK
IDA River 2 -0 MAG
Vieira(Cruijff), Cruijff(Di Stefano)

O River golpeou duramente no Estadio do Fondo a un MAG que mereceu mais. O primeiro tanto foi dunha calidade extrema: pase bombeado de Cruijff a Vieira que entrando na area pequena orientase o balon co peito, cambia o peso de perna e golpea sutilmente o balon ca dereita para que entre paseniñamente a caron do poste esquerdo da meta de Julio Cesar. A sentencia chegaria nos minutos finais, despois de aguantar o asedio do MAG a porta de Frey, nun pase medido de Di Stefano a Cruijff que bate a Julio Cesar na saida.

VOLTA MAG 3 - 0 River
Littbarski, Senna, D. Law
CLes Pienaar

O MAG estaba moi tocado, moitos dos titulares acusaban o esforzo da ida, pero dende a primeira xogada notouse que os magos iban a por todas. So pasaban dez minutos do inicio cando Littbarski, recolle un balon escorado a esquerda, busca tiro cara a media lua e conecta un sutil disparo cun efecto endemoniado que colle por sorpresa a Frey que nada pode facer. O balon entra a rentes do pau e a loucura chega as bancadas do Matadero: ¡¡sangue, sangue!! O River cerrouse atras e Frey tomou protagonismo. O MAG desesperaba pero no minuto 70, despois dun despexe a frontal, Senna conecta un dereitazo raso que leva o empate a eliminatoria... o gol escoitouse en Betanzos. Unah vez forzada a prorroga, o MAG seguiu con mesmo ritmo, pero non foi quen de sentencialo encontro e o partido entrou no tempo complementario cos dous equipos agonizando no terreo de xogo. Comezaron as imprecisións e a falta de colocación propiciou que unha falta no centro do campo sacada con picardia por Beckembauer deixara a Law na frontal con dous defensas. Estrelou o balon contra Frey, e unha vez batido meteu o MAG na seguinte rolda. Law is the Law!

Xogadores:
Berkgamp: 1 CA
Cruijff: KK 1 gol, 1 pase
Di Stefano: 1 gol KK 1 pase
De Jong: 1 CA
Law: 2 Goles; KK 1 gol
Littbarski: KK 1 gol
Mata: 1 pase
Pienaar: 1 Les, 1 CLes
Senna: KK 1 gol
Vieira: KK 1 gol

1 comentario:

getxo dixo...

Carallo con Law.

E co River.

Boas crónicas.