O C.P.Q.V.D.B.D.P.C. (Comité Para Que Vos Dean Ben Duro Polo Cu), cidadán, ilegal, zagrebí, independente e torpedil desexa facer constar o seu firme desprezo pola dirección na que algúns están a mover ao Pobo, particularmente a Boniek e a todo o de Zagreb tras del. O APZ (Auténtico Pobo de Zagreb), unha das organizacións con máis destacada presenza no C.P.Q.V.D.B.D.P.C. e impulsor principal do mesmo, vai máis aló e en solitario na súa crítica e desexa dicir, textualmente, que O Partido é APERTURISTA, así, con maiúsculas; e denunciar que está en proceso de TRANSICIÓN, tan procaz como soa; e declamar que esta é a fin e que axiña van empezar a explicarnos que o SUPERMERCADO é guai porque alí podes escoller ti mesmo o que queres comer e que o libre mercado é unha xanela cara a prosperidade; e remarcar que todos lembramos o que lles pasou aos países do pacto de V e como comezou todo e atopamos enormes semellanzas.
O APZ asume todas as consecuencias que poidan derivarse desta a súa declaración e desexa deixar á marxe da mesma ao resto do C.P.Q.V.D.B.D.P.C., que apenas ten que dicir máis que o seu propio nome e o pouco que pon alí arriba, pero que así e todo está moi firmemente en contra pero non tanto porque algúns temos familia e sendo mozo é moi doado falar e ser idealista.
Por último e principal: RECUPERADE A BONIEK, FILLOS MAL PARIDOS DUNHA CAPITALISTA ESPAÑOLA CON ASCENDENCIA DE TEXAS; RECUPERÁDEO E FACEDE ALGO BEN GORDO PARA SUBSANAR O AGRAVIO OU AQUÍ VAI ARDER TODO E MÁIS O DE ARREDOR. PERO NON TIÑADES OUTRO SITIO PEOR ONDE MANDALO, PIMPÍNS DO CARALLO? SÓ VOS FALTOU REGALÁRLLELO AOS TUZAROS OU A UN EQUIPO ANARQUISTA! QUEREMOS OS NOSOS CARTÓNS DE RACIONAMENTO E A PROTECCIÓN E PRESENZA EXHAUSTIVA DO ESTADO NAS NOSAS VIDAS E, SOBRE TODO, A O ROXO, A EL POLACO, DE VOLTA EN ZAGREB PARA ONTE. CUNHA BOA EXPLICACIÓN E UNHA BOA DESCULPA.

2 comentarios:
xenial, volta a guerra fria ao xornal.
Non oh, deixádeo onde está.
Mirado cantos goles marca e os pases e todo. Nótase que está moi feliz no novo clube onde o respetan, admiran e lle dan LIBERDADE para facer o que considere oportuno no campo.
No Torpedo estaba igual que cunha cartilla de racionamiento: Huy, ahora no puedo tirar que ya acabé los cupones para eso hoy. Ya se que estoy sólo apuerta vacía y debajo del larguero, pero sólo tengo el cupón del pase atrás.
Publicar un comentario