domingo, 22 de agosto de 2010

O Asalta suma outra LPU, e van 6

Sexta liga pois para o clube claro dominador do palmarés, que atravesa unha segunda idade dourada tras o retorno de Weah. A competición foi emocionante, ante todo, polo magnífico rendemento dos Tuzaros de Reiquiabic, que foron a por todas e levan un subcampionato histórico nunha tempada na que bateron todos os seus rexistros. Faltoulles realmente pouco e unha xornada de crise ao comezo da segunda volta decidiu, malia a reacción final. Boa LPU tamén de Rif e Babudos. Falta pechar o calendario e ver quen sae trunfador das Kopas. Polo momento temos ao campión ligueiro aspirando aínda ao triplete, que sería tremendo no apartado histórico, por resultar inédito. Asaltacunas FC é xa semifinalista da Kunka. Tamén o sorprendente Couto Mixto, pola outra banda do cadro, igualando o mellor rexistro do seu equipo matriz. O Rif está nos cuartos e un feixe de equipos desputan as demais prazas. Na Kopa do Pollo, HSS defendeu con honra o seu dereito a participar e acadou as semis nunha tempada ideal para todas as categorías ducais nun grupo que gañaron os Tuzaros victorianos. Os rivais de ambos na penúltima rolda están aínda por definir.


Ordem e Pollo enxugan as súas perdas e os demais suben a medio gas, agás Torpedo e Babudos.

Aquí non hai máis opción que pinchar para ampliar, ou non se verá nada. Bican arrasou en dúas disciplinas e houbo moitísimas patadas. O resto está por ver.

4 comentarios:

getxo dixo...

No MAG 5-1 Pollo, falta un goleador do MAG. Simplemente cadroume detectalo, non comprobei o resto.

h dixo...

non está anotado. non sei quen é.

getxo dixo...

joer...

vale, gracias.

getxo dixo...

Averiguado polo autor. Pirlo (Nedved). É dicir, lembrouno Pirlo e escribiu á secretaría.