Así é, seus pitiños, o Presidente toma unha actitude totalmente presidencial e agardará sentado tranquilamente na casa polos resultados do equipo de Malmö durante a T16. Un esforzo colectivo permitirá que os adestradores dos restantes clubes e mesmo algún artista invitado roten no banco pollil durante a presente tempada. Por fin todo o mundo poderá dar instrucións a Zlatan.
Zlatan é de todos, por un anaco. Non decepcionen ao Presi. Imos polo triplete. Poder Pollil!
.
2 comentarios:
non te defraudaremos Pollo.
Os rublos contarán en todos os sentidos. Ademais, o Presidente propón para as vindeiras tempadas unha solución mixta á súa situación en tanto esta non mude para mellor. É dicir, o Pollo desputará partidos oficiais 2 veces ao mes, unha co Presi ao cargo e outra nas nosas mans.
Publicar un comentario