(Redacción)
Mark van Bommel marcha de Zagreb pola porta dos heroes. Fichado libre a comezos da T3, dende entón foi unha das pezas chave do conxunto do Pobo. Tras unha conversa co Míster, contemplouse a súa marcha, xa que o holandés quería xogar "máis preto da casa". Decantouse polo MAG tras unha conversa con Banks - "Dille a Pituco que vas da miña parte, e saúda tamén a Carmucha" - , onde supoñemos que dará un gran rendemento.
"Isto vai para o capital"A regularidade é a tónica dun xogador que nunca falla no medio, e antes de que os anos lle comezaran a pasar factura tamén era decisivo cara a porta rival.
O seus números nas case trece tempadas que estivo connosco:
- 36 goles (31 liga)
- 8 pases (todos liga)
- 2 CA, 1 CV
A título individual, estivo 4 veces no OIL (Once Ideal da Liga); dende a T3 ata que se deixou de facer. Nunha delas foi o mediocampista máis votado.
Por suposto, titular indiscutible na escadra cando acadou a LPU e as dúas KPL.
Hvala, Mark.
1 comentario:
Grande, Mark. Boa despedida. Pero creo que seguirá facendo historia no MAG, se teñen paciencia con el. O MAG fai unha aposta seria se convirte a van Bommel nun dos xefes do seu mediocampo.
Publicar un comentario