A primeira columna de cada torneo é a clasificación. Os ceros queren dicir que ese clube non participou nese torneo. A segunda columna son os puntos obtidos no torneo.

E agora a clasificación. A primeira columna son os puntos obtidos nos diferentes torneos. A segunda son os torneos xogados. E para desempatar as posicións de honra, é dicir aquelas que non dan puntuación negativa, colleitadas por cada un. En caso de empate a final de temporada xogarán a KP aqueles equipos que teñan mais puntos sen desempatar como se votou no seu momento, o desempate que aquí se mostra é só para a estatística.
Os Pitinhos aparecen no último lugar, porque cero puntos nesta categoría pitufa son moitos puntos como para regalalos a equipos que non debutaron.

*Propoño ao secretario que a nomenclatura burocrática desta competición troque unha letra da LPU, o P de planetas polo S de satélites. O que non sei é se o nome é correcto, xa que non é unha liga exactamente, é mais ben como os campeonatos que se desputan a puntos acumulados en grandes premios. Se acaso habería que trocar o L por un C de campeonato ou mellor, seguindo a tradición da WIFA, por un K, e ficaría así KSU16. Se hai algunha obxección fáganmo saber para poder ignoralos como corresponde (xa saben iso non é aquí é na outra xanela, non agora non estou que salín a tomar o café e demais).
5 comentarios:
Publicar un comentario