(Redacción)
Tra-lo descalabro da primeira volta (4 puntos), o Comité Para Procurar Solucións Ós Descalabros (C.P.P.S.O.D), decidíu que era tempo de buscar un adestrador que reflotara ó noso clube. O escollido foi Nicolae Mitea, vello coñecido do Pobo.
A súa traxectoria coma adestrador-xogador foi irregular. Por unha banda é certo que foi un dos definidores do estilo torpedil, mais en canto a éxitos deportivos, un fracaso. Nembargantes, nestes tempos escuros, quizáis as súas ideas sexan o mellor para recuperares o nivel do equipo.
Boniek, o adestrador saínte non viu con malos ollos o seu cese. 'Eu faría o mesmo. Isto é un desastre. Mitea é un home da casa, que coñece ben o clube e trae unhas ideas tácticas innovadoras. A ver se nos vai ben así."
Mitea tomou posesión do cargo para o draft de inverno. E montouse unha boa. Coma primeira medida, a cesión de Boniek en subasta pública. Este feito sen precedentes fixo que certos sectores da poboación mostraran o seu enfado, aínda que puideron ser reprimidos sen moitos problemas pola Policía Política. De seguro que este colectivo estaba baixo o mando de intereses corporativos que, coma sempre, tentan afundir ó Pobo.
O Asaltacunas foi o destino de Boniek, que á sua vez entregaron un fardo do que saía unha voz que dicía: "Soy un ganador nato. Déjenme salir, soy la estrella de (inintelixible). Ajuda!". Os traballadores do servizo de transportes botárono ó Adriático.
Entrementres, Dzajic sufríu o mesmo destino, aínda que neste caso, Mitea dixo: 'É unha mágoa que só xogue de estremo, se quixera adaptarse a outras posicións contaría con el". Tamén lle adicou unhas verbas a Zambrotta, fichado polo MAG: 'Oiches? Fóra!'
Isto implicou a chegada de novos xogadores: Tim Borowski, que xa estivera no noso clube e foi moi ben recibido polos siareiros; un rapaz belga chamado Mexes, que seica é moi bo central; John Barnes, non precisa comentarios; e Kevin Keegan, un inglés que promete moito mais vese que lle faltan encontros. Mitea xa lle deixou as cousas clariñas 'Ou espabilas ou vas facerlle compañía ós muxes'.
11 comentarios:
Kevin Keegan é o dianteiro, portanto ira parar ao río mais cedo que tarde.
Mexes é da Tolosa francesa moi lonxe de Bélxica.
ese xitano
alguén pode probar e indicar se as descargas funcionan?
se lle dou ao dos esquecidos saeme isto:
404 not found
o 2010 funciona, mas ese xa o teño.
ok graciñas pola información, vou ver se o amaño
xa debería estar, cando o poidades probar avisádeme
Funciona, e axiña. Felicite aos comités e subcomités responsábeis.
A min non me vai o SUACI, de momento. Gracias polo traballo. Grande, Mitea. Pero o Torpedo irá tan fondo como o Inferno. Boniek está no Asaltacunas; a WIFA está morta.
Recuperen a Boniek e láveno ben!
A min vaime ben o SUACI, agora.
MORTE AO PARTIDO! POR UN COMUNISMO MÁIS ROXO!
Publicar un comentario