sábado, 20 de marzo de 2010

O Rif acada a final de Kopa, péchanse as semifinais da KP e a LPU convértese nun espectacular sprint masivo




LPU

O Ordem ten as cartas na súa man, pero será un xogo complicado. Entre as súas vantaxes, todos os partidos pendentes de Shakhtar e Asalta serán contra eles.

De momento, o Shakhtar (pode chegar a 30 puntos) lidera a competición, pero Ordem (pode chegar a 42 puntos, pero ten máis de media LPU por diante), Asalta (pode chegar a 32) e Babudos (pode chegar a 30), por esta orde, dependen de si mesmos para superalo. O MAG (máximo 27) e o Rif (máximo 29) contan con escasas opcións baseadas na Vitoria Suma e máis nalgunha carambola. Un final de liga nunca visto, con 6 candidatos ao título e algún máis que non o é por moi pouco. Reflexo inequívoco da incrible igualdade da actual WIFA, no que en cada partido se súa sangue. Unha LPU para valentes, que non dan por perdido un pertido, que valoran na xusta medida a suma de cada punto, cada gol decisivo. O campión, sexa quen sexa, contará as súas feridas aos seus netos desde unha cadeira de rodas. Non sendo que o Ordem arrase no que lle queda, todo se decidirá na última xornada por cuarta vez na historia, pero con máis candidatos que nunca. Boas novas.

KOPA

O Rif superou un espectacular cadro de cuartos e semifinais para acadar por vez primeira a final da prestixiosa Kopa. No camiño quedaron Shakhtar, Asalta e un recuperado Torpedo. A outra praza xogarana Tuzaros, Pollo, Ordem e MAG, vencedor dos Babudos na previa.

KOPA DO POLLO

Asalta, Babudos, Shakhtar e MAG -como mellor segundo- desputarán este sempre apaixoante título.

DRAFT

O minidraft invernal comezou co Torpedo intercambiando a Terry por Amauri. Agárdase algún movemento do Ordem e pouco máis. Estas son as contas a metade de tempada, para quen queira ver de que dispón no draft:


É dicir: Rif, Tuzaros, Ordem e MAG subirán a metade de réxime e Pollo e Babudos non baixarán.

.

3 comentarios:

getxo dixo...

Só necesito as individuais de onte de Rif, Torpedo e Asalta para contar como vai ese tema.

Clasificación en puntos por partido dixo...

1. Ordem e Progresso 2,00
2. Asaltacunas FC 1,86
3. Shakhtar de Montreal 1,80
4. Babudos FC 1,62
5. Monte Alto Gunners 1,38
6. Túzaros de Reiquiabic 1,23
7. CG Fillos do Rif 1,10
8. Torpedo Zagreb 0,91
9. Pollo FC 0,55

Diego dixo...

DATOS TUZAROS XORNADA XOVES:
Todo liga:

Baggio 5 goles 1 pase
Cannavaro 1CA
Chocolate 1 pase
Pandev 4 foles 2 pases
Sergio Ramos 1 gol
Stojkovic 1 gol y 1 pase