martes, 23 de marzo de 2010

O Ordem quere empezar a gañar a súa LPU

Seis candidatos quedan -matematicamente- para o título da LPU14. E 3 deses 6 son, como queda dito, os 3 equipos con peores medias históricas de puntos da WIFA. E, á cabeza deses seis candidatos, o Ordem e Progresso, ou Ordem?, que é o único que depende de si mesmo. Para tentar achegarse un pouco máis á grande fazaña de obter a liga, os de Xinzo lanzan a luva a rifantes, magos, tuzaros e outras especies co gallo de adiantar parte dos seus moitos partidos de atraso en xornada entre semana. Velaí teñen a oferta. Poden usar estes comentarios para tentar fixar unha data. Público e rivais debecen por coñecer os resultados do inicio deste enorme desafío.
.

5 comentarios:

Comandante dixo...

Eu ofrezome pra xogar o meu partido co Ordem se se argalla algunha quedada entre semana......
Vos diredes.

Secretaría dixo...

Vale, pois a ver se alguén + se pronuncia. No entnnto, é preciso que votedes o carallo do das apostas antes do xoves e tamén que apostedes antes do xoves. Se sae que non ás apostas obrigatorias, quen qeira poderá retirarse delas. Se non se remata a votación, os que non teñan apostado o xoves serán sorteados.

Rapajk dixo...

Eu estarei o venres, pola semana non creo que baixe pola coruña.

Rapajk dixo...

E no das apostas, eu collo un bono conservador se é que seguen sendo unha obriga despois da votación, senón paso de apostar.

getxo dixo...

O bono conservador deste ano non propón candidato para a KP, xa que hai igualdade. Tes que elixir.