martes, 9 de marzo de 2010

Breve repaso á T13

Coa T14 xa en curso, quedou pendente o repaso estatístico ao que é e foi a T13, tan rifante na LPU como emocionante nos torneos kopeiros. Os de Chaoui arrasaron desde o principio para convertirse pronto en inacadables. O MAG venceu na prestixiosa Kopa (2-0 ao Shakhtar na final), entrando ao palmarés pola porta grande nunha das edicións máis espectaculares que se lembran do lendario torneo. O Shakhtar sumou o noveno título coa Kopa do Pollo, vencendo 2-1 aos Tuzaros na inversión da final da KP12. Aínda queda por pechar o podio ligueiro -que compartirán co Rif os ilustres Asaltacunas e Clash- e tamén resta algún premio individual pendente. A resolución final destas cuestións será debidamente publicada tan pronto como quede resolta. No entanto, velaquí o que aconteceu, en números:





E o MAG gañou o premio Fairy ao sumar un único punto. O Torpedo, con 2 puntos, presentou unha forte oposición. Os restantes clubes fixeron números ben máis discretos.

Como se dicía, o 2º e 3º posto da LPU están aínda en xogo, mentres o Torpedo pode rematar aínda 5º, todo un clásico, e o Pollo, como non, en calquera posto entre o 5º e o 10º. Cantona aínda pode tentar roubar desde Escocia o Shevsebio ao escocés Dalglish; Stoichkov parece firme no trofeu ao que o seu perseguidor dá nome e Buffon gañará, unha vez máis e non van poucas, o Given. Moi raro tería que ser para que Stoichkov non apañase outro AT, mentres o sempre sorprendente Park ve en perigo o seu título Primitivo ante a masiva chegada da marea anarka de Caldback. Foi unha bonita tempada. Polo momento, a 14 promete aínda máis. Até sempre, Partisanos.
.

3 comentarios:

h dixo...

Co tranquilinho que andava o jornal e agora que estava na cabeceira o Ordem de líder, já anda todo o mundo a botar merda acima para tapa-lo. Parafraseando ao poeta: "Nom somos naide"

Haile Selassie dixo...

A CALAR!!!!!!!
UN RESPETO Ó CAMPION.. CONA.

DIEGO dixo...

DATOS TUZARILES

ANELKA. Liga: 3 goles y 1 pase
BAGGIO. Liga: 1 gol, 1 pase, 1Ca
DIEGO. Liga: 2 goles, 1Ca
LUIS ENRIQUE. Kopa: 2 goles 1 pase
PARK. Liga 1 gol, 1Ca
RAUL ALBIOL. Kopa 1 gol
RUGGERI. 1Ca
SERGIO RAMOS. 2Ca
STOJKOVIC. Liga 1 gol y 2 pases. Kopa: 1 gol. Se lesionó y cumplió la lesión.
VUCINIC. Kopa 1 gol