Nico Lomas, Monte Alto
Nada menos que sete noites duraron os festexos seguiron a primeira consecución dun titulo polo MAG.
Unha grande catacumba habilitada debaixo da Torre de Hercules acolleu os 65.000 siareiros-veciños de Monte Alto que chegaron provistos de olas de callos, tapers de tortilla, empanadas e moito, moito viño.
Hoxe, despois da festa, chega o momento de falar de como chegamos a esto.
Na sua primerira tempada completa no banquillo do MAG Arsenio acadou o que ningun outro conseguira, darnos o primeiro titulo oficial.
A mala, e habitual, clasificación na liga non fixo mermar so esforzos do equipo na Kopa no que superou con moita sorte o Babudos e con moito oficio o Clash.
Na final, na enorme final, esperaba o Shaktar, o virrey de Kopas.
Non foi o partido mais fermoso, ainda que para os Magos sin duda o foi, pero si que foi unha enorme confrontacion táctica.
O partido comezou cos dous equipos moi abertos con boas oportunidades nos minutos iniciais. Arsenio, consciente da peligrosidade de encaixar o primeiro gol ordeou achica-los espacios no centro do campo.
O MAG comezou a trabalo partido no centro e a mover o balón rápidamente cara arriba, a concentración era total. O Shaktar, pola sua banda, teimaba en trenzar pases tentando abrila lata. A sorte estivo, nembargantes do lado do MAG. Un pase cara a frontal da area chega os pes de Orzán que se desfai do defensor cun afortunado rebote e, unha vez dentro da area, bate de caño a Maier cun forte disparo raso. A granda do MAG entoleceu, se se permite o palabro.
Dende este punto o MAG intensificou o seu traballo no centro do campo, a medida que o Shaktar intensificaba o seu empuxe cara adiante. A defensa do MAG recibiu ordes de non xogala bola, e comezaron os despexes indiscriminados. O MAG queria a bola no centro do campo e o shaktar tentaba sacala de ali xogada, tarefa ardua que non conseguian moi amiudo.
E de novo, nunha xogada illada de ataque do MAG chegou o gol. O balón acaboun de novo nos pés de Orzán, e dende unha posición similar a do primerio gol, e cun tiro identico case sorprende de novo a Maier, que so atinou a despexar a bola cara fora. Chegando dende atrás como un cabalo bravo de espasante, Yane marcou a porta vacia. Ainda quedaba partido, pero a kopa xa case era nosa.
¿Xa hai un idolo? Haino. O turko de Monte Alto.
Outros quince minutos de "oficio" do MAG ante un loitador Shacktar remataron cunha marea alaranxada no campo. Por fin, o primeiro titulo para o MAG.
4 comentarios:
Parabéns ao mago campión. Un logro perseguido e merecido, un equipo carismático dos que nunca xamais perden o espírito e que levan moito, moito tempo, loitando contra a derrota. O Campión máis merecido e excelente campionato. A Kopa gáñase así, loitando palmo a palmo. A expresión "máis moral que o MAG" debería estar nas frases históricas da WIFA.
Logo dirán que non somos un equipo simpático. Sete finais perdidas. Deberían adorarnos e convidarnos a todas as festas. E a todas as finais.
De nada, Asalta (K1, 3-2 na prórroga), Clash (K4, 2-1 no desconto), Asalta (KP6, 2-0), Clash (K8, 4-1, vaia tunda), Asalta (K11, 2-1), Tuzaros (KP12, 2-1) e MAG (K13, 2-0).
¿ostia, non vos invitamos a festa da kopa do MAG? que despiste... XD
Non, oh, a esta aínda non. Hal que deixar que arrefríe o cadáver.
e despois din que no nos levamos ben.
vaia tres agasallos que nos dechedes. Iso sí,para que logo digam, sempre ou case sempre que nos atopamos antes da final somos nos os que lle devolvemos o agasallo os montrealinos.
congratulacións o MAG, pero visto o visto, máis que felicidades e un menos mal
Publicar un comentario