martes, 10 de novembro de 2009

Clasificación económica final T12


Velaquí a clasificación económica final da T12, que ha definir os duelos rúblicos da T13. Na columna da esquerda poden ver os valores dos seus actuais planteis, incluídas as subas máis recentes dos canteiráns. Na columna da dereita verán o valor do plantel co que poderán comezar a tempada próxima, con redondeos xa aplicados. Como o Torpedo e o Shakhtar están empatados, proponse o seguinte: Shakhtar-Asalta, Ordem-Shakhtar, Torpedo-Ordem e Asalta-Torpedo serán duelos rúblicos, mais non os seus opostos. Esta medida debe ser lembrada por Ordem, Shakhtar e Torpedo. O Asalta libra o caos, xa que para o campión será duelo rúblico calquera partido contra Shakhtar ou Torpedo.

ASUNTO CANTEIRA

Está por decidir o asunto canteira. Deixando á marxe cuestións secundarias ou "de deseño", segue quedando por decidir o asunto da descompensación entre o que se inviste en canteira e o que se obtén a cambio. Este é o estado actual dos canteiráns.

Sobotka suba 4; valor: 3 rublos

Van Aken suba 4; valor: 11 rublos
Bossetti suba 4; valor: 5 rublos

Milos Djuric suba 6; valor: 7 rublos

Vitu suba 6; valor: 6 rublos
Tarik Orzán suba 4; valor: 6 rublos

Che suba 6; valor: 8 rublos

Ziggy suba 4; valor: 10 rublos

Chocolate suba 6; valor: 8 rublos
Porculio suba 4; valor: 8 rublos

Castolo suba 6; valor: 8 rublos
Ximelez suba 2; valor: 1 rublos
Ivarov suba 2; valor: 4 rublos

Asfa suba 6; valor: 8 rublos

Falárase de facelos algo peores pero desde Londres houbo bos argumentos en contra. A contraproposta foi interesante: que non outorgasen por desbotamento máis rublos dos que custaran. Pero, desde un punto de vista, isto non atalla o problema principal: apenas se asume risco -risco de que saia máis barato do que se investiu, quero dicir- e xógase cun plantel máis caro ou moito máis caro do que se pagou. Ou, dito doutro xeito, non se evita que pase o deste ano, no que por resultados se baixaría 24 rublos, por compensacións para equipos que non baixan quedamos en -13, pero logo, coas subas de canteiráns, rematamos por subir a barbaridade de 22 rublos e medio. Traducindo, supoñamos que chega un ano con resultados de +20, máis as subas de canteiráns... todos con equipos de 170 rublos. Como medida paliativa, ocórreseme isto: que por cada 4 que se saque cun canteirán haxa que pagar outro rublo ao final desa tempada -na que o saca- e que por cada 4 de porteiro haxa que pagar 2 rublos ao final da tempada na que o saque. Estes pagos van estar sempre por baixo do que se obtén en troques, pero polo menos haberá que pararse a pensar se compensa usar a un tipo tan malo como titular se logo, cando mellore, aínda vai querer cobrar. Entendo que os xogadores que están saíndo poden ser válidos, pero hai que perseguir o desfase. Temos 20 canteiráns por tempada e non é casualidade, é que cunde sistematicamente. Se alguén ten máis ideas, que non se prive.
.

3 comentarios:

getxo dixo...

A próxima clasificación de equipos aburridos vai dar moito que falar.

MAG dixo...

yo estoy jugando al scrabble en japones. de momento voy ganando.

getxo dixo...

Non te fíes, o hescrável é moi traidor.