Pois sí señores, a mais grande das "scuderias" do circo da Formula 1, a famosa marca do cabalino rampante, chegou a un acordo co C.G. Fillos do Rif, para estes leven o seu escudo nas camisetas os vindeiros 3 anos.
As condicions finais do contrato non se faran publicas ate os próximos días, diversos rumores falan da construccion dunha pista privada de adestramentos a carón do Municipal de Chaoui para as probas invenais da scuderia de Maranello, Asi como a presencia de Fernando Alonso en , canto menos a metade dos partidos da casa como lider do fondo sur do estadio e portador oficial do megafono.
Por outra banda, Luca Cordero Di Monticcemolo, presidente de Ferrari, mostrouse sumamente feliz por este acordo, e sugun palabras do propio Luca " Conseguiremos que ambas casas voval reverdecer vellos laureis, e seguro que axudamos ó Rif a facerse con algun xogador de prestixio para esta T13 que está a piques de comezar".

4 comentarios:
Ostrás, o FerrarRif! Sóame que Fernando Alonso era doutro equipo antes de facerse do Rif pero, de que equipo?
Vas substituir a mítica folha de maconha polo cabalinho ramplante?
Vas ficar sem cariRma meu rei!
A ver, esto é un acordo de patrocino, non un cambio de dono. E creo que ainda nos quedan un par de flecos por solventar, que liquidaremos con unha ou duas xuntanzas mis no archi-recoñecido restaurante "Montaña Club de Chaoui".
Como sempre ultimamente, o Rif derrotouse até a si mesmo.
Publicar un comentario