Tras 12 tempadas, os escoceses celebran que son o equipo que máis kopas ten. O Clash cumple o seu obxectivo vital. Os anarkistas das Shetlands mandan neste tipo de torneios, como non podía ser doutro xeito xa que é a razón da súa existencia, tras vencer ao campión de liga con goles de Stoichkov (3), Djuric (2) e Bican (1). 6-0 para celebrar a 6ª Kopa.
Non hai rei de copas. Hai POBO DE KOPAS!!!! (na foto).

7 comentarios:
agora matamos á raíña de inglaperra e xa podo morrer tranquilo...
l.i. (lembranza aos ingleses): alba 0-0 england. juaaaaaaaaaaasjuasjuasjuasjuasjuasjuaaaaaaaaaaaaaasssssss.
l.v. (lembranza a vicky) toldo given!!! xogando contra cr!!! juaaaaaass juas juas juas.
Pois nada, hai que foderse, outro ano será. Parabéns aos 3 campións, e parabéns ao Clash polo reinado kopeiro tan longamente perseguido.
Desfrutádeo. O ano que vén vólvelle tocar ao Shakhtar!
- Dino Zoff (14, SUACI PES 9), sempre culturalmente inquieto, marcha coa intención de facer un estudo sobre os enclaves reais nos que se ambienta a historia de Heidi
- Nilton Santos (9, SP9), desexa volver pasar un período en branco e negro, non convencido das moderneces tecnolóxicas
- John Terry (11, SP9), pensa que pode seguir bestializando nun sitio máis cálido, aínda que o pasou moi ben e promete volver algún día
- Yildiray Basturk (9->8, SP9), que foi unha boa noticia para oequipo na segunda volta, pero que marcha ao non estar moi seguro do seu futurible rendemento
- Nwankwo Kanu (6, SP9), todo un talento que volverá pronto convertido en mito
- Lionel Messi (10, SP9), xenio con todo por diante á busca de máis cores polo mundo
Gabriel Tamas, Yaya Toure e Dejan Stankovic apuran copa tras copa nunha longa conversa para decidiren os seus futuros inmediatos.
jeje, parece que tanta kopa del clash tiene su repercusión en canadá...
qué maravilla!
E marcha tamén, inesperadamente, o grande Alexander Mostovoi (9, SP9), porque semella que agora mesmo non lle apetece unha miga xogar. E punto. Se cadra máis adiante. Pero, como está ben aclimatado, anda pensando en ficar no staff.
Por outra banda, as dúbidas de Tamas baséanse en que non ten ficha e lle dan preguiza os trámites. Facela? Non facela e rañar a barrigola?
Stankovic e Toure gostan do ambiente e teñen gana de seguiren xogando, pero non saben ben se aquí ou noutro sitio.
- Igor Malafeev (2, SP9), que pensa parar todo o que lle boten este ano
- Frank Sobotka (3, contando por 4, SP9), que non o vai deixar agora, co chiringuito case montado
- Lúcio (13, SP9), claro
- Sergei Ignashevich (6, SP9), máis que nada polas vistas e a súa grande afición pola fotografía
- Konstantin Zyrianov (3, SP9), porque ten carisma abondo para combatir contra Ballack e considera que no equipo fai falta xente coma el
- Andrei Arshavin (6->7, SP9), porque sen el o equipo non é nada e porque gracias a todos os seus múltiples goles o equipo acadou e volverá acadar o triplete. De chilena. Shhhh!
- Adrian Mutu (11, SP9), porque entende que está na casa. E tamén porque xa se aburriron de poñelo de estremo; eses días remataron.
- Andrei Shevchenko (12, SP9), que queda porque é o mellor e por facer un favor; que non sabe moi ben por que queda, en suma, porque esta xente moito non merece, pero vaia, polo de agora abondou de mudanzas.
Por certo, se alguén ten curiosidade por saber os prezos dos seus canteiráns subidos, pódemos mandar e eu doulles unha moi boa aproximación. Esta mensaxe é unha indirecta sutil para os SuaciBoys; a ver se a captan, aínda que non creo, porque é moi indirecta e excesivamente sutil. Se alguén ten aínda os canteiráns por subir, pódellos mandar ao Ordem ou ao MAG, co número de partidos e tipo de suba que desexe e eles faranlle a tirada e devolveranlle ao rapaz algo mellorado. Gracias.
Publicar un comentario