O Partisano Clash conseguiu a súa 4ª Kopa ao vencer, nun partido espectacular pola súa banda, por 6-0 ao campión de LPU, Asaltacunas. Inversión de papeis a destes dous equipos que dominaron a tempada, acadando cadanseus campionato e subcampionato. Este é o 7º título da historia do Clash, polos 8 de Asaltacunas e Shakhtar. Ademais, convírtese no 6º éxito kopeiro dos escoceses, que pasan a dominar en solitario esta disciplina que os seus seareiros adoran.
Nunha emocionante semifinal, o Clash venceu a uns Tuzaros que pechan a tempada cun título por primeira vez, ademais de teren ascendido á 5ª praza ligueira (arrebatada in-extremis ao seu torpedil e lexítimo propietario) na súa última xeira de partidos. Esta foi a clasificación final da LPU12:
|
| X | G | E | P | F | C | P | D | |
| 1 | Asaltacunas FC | 18 | 13 | 3 | 2 | 49 | 25 | 42 | 24 |
| 2 | Partisano Clash | 18 | 10 | 3 | 5 | 40 | 22 | 33 | 18 |
| 3 | Shakhtar de Montreal | 18 | 9 | 3 | 6 | 39 | 28 | 30 | 11 |
| 4 | Pollo FC | 18 | 7 | 4 | 7 | 27 | 29 | 25 | -2 |
| 5 | Túzaros de Reiquiabic | 18 | 7 | 3 | 8 | 34 | 27 | 24 | 7 |
| 6 | Torpedo Zagreb | 18 | 5 | 8 | 5 | 24 | 26 | 23 | -2 |
| 7 | Babudos FC | 18 | 6 | 3 | 9 | 26 | 42 | 21 | -16 |
| 8 | CG Fillos do Rif | 18 | 5 | 5 | 8 | 26 | 25 | 20 | 1 |
| 9 | Monte Alto Gunners | 18 | 3 | 8 | 7 | 20 | 33 | 17 | -13 |
| 10 | Ordem e Progresso | 18 | 3 | 4 | 11 | 21 | 49 | 13 | -28 |
O campión da LPU11 rematou con diferenza de goles negativa, outro ex-campión, o Rif, foi oitavo e os Babudos asinaron unha moi prometedora tempada, aínda que non deben perder de vista as razóns da súa mala diferenza de goles. Pero aí están, con máis vitorias que o mesmo Torpedo.
O elevadísimo número de trunfos visitantes nos duelos rúblicos desfixo as finanzas de moitos clubes. Así e todo, aínda falta reflectir as subas de canteiráns, que non só han alterar os valores senón tamén, probablemente, a orde desta clasificación, afectando aos rivais rúblicos da T13:
| Plant | Caixa | Cx. Fin. | Result. | ||
|
| Clash | 153 | -0,2 | -2,2 | 151,0 |
|
| Torpedo | 150 | 0,0 | 0,0 | 150,0 |
|
| Shakhtar | 151 | -1,2 | -1,2 | 150,0 |
|
| Asalta | 137 | 9,2 | 9,2 | 146,0 |
|
| Rif | 150 | -5,5 | -5,5 | 144,5 |
|
| Tuzaros | 147 | -6,1 | -6,1 | 141,0 |
|
| MAG | 141 | -4,6 | -4,6 | 136,5 |
|
| Babudos | 134 | -4,4 | 0,6 | 134,5 |
|
| Ordem | 133 | -6,8 | 1,2 | 134,0 |
|
| Pollo | 141 | -7,8 | -7,8 | 133,0 |
|
| 11,0 | de compensacións |
| ||
|
| -13,0 | resultado | |||
A clasificación económica definitiva correspondente á T12 -guía para duelos rúblicos da T13- publicarase tan pronto como estean actualizadas e suacificadas todas as fichas de canteiráns.
.
8 comentarios:
Comezan as famosas negociacións de "me sobra medio rublo". Quen quedará fóra? Eu aposto polo MAG. Creo que o Babudos emprestará pasta ao Rif a cambio de máis pasta e que o Rif aproveitará para timar aos pobres babudos.
Se perdes partido rublico fora da ksa cantos rublos se perden?
Con ese medio rublo el MAG va a construir un orfanato para hijos de futbolistas en activo.
Perdese un
Se alguén ten dúbidas coas súas contas que pregunte, que se lle detallarán todo o posible ou corrixiranse se hai erros.
Eu creo que estaba a -4, perdin co tuzaros fora, por tanto creo que estou a -5
Por certo, falta por pasar os datos dos partidos co tuzaros
Si, creo que si, pero tamén perdiches 0,5 da aposta sobre o campión de Kopa. Penso que de aí vén o desfase.
Publicar un comentario