Sete tempadas despois e cun modesto plantel de brutal dianteira, Asaltacunas volveu proclamarse campión da LPU cunha altísima puntuación e media de 2,33 puntos por partido. Os do Duque volven ao máis alto do palmarés e aínda terán a posibilidade de gañar a Kopa, tras acadaren a final nos penaltis. P. Clash foi finalmente subcampión da LPU e está nas semifinais kopeiras. Shakhtar e Tuzaros enfrontaranse en cuartos de final da Kopa e na final da Kopa do Pollo, tras bateren os ontrealinos ao Ordem por 1-0 (Kanu) con algo de fortuna e bastante sufrimento. O Pollo, por certo, tivo unha moi digna participación no campionato, caendo nas dúas kopas no primeiro asalto, pero chegando a manterse invicto nas primeiras nove xornadas de LPU, o cal lle concedía sorprendentes opcións ao título. A derrota ante Asaltacunas por 1-2 foi clave: un partido que dominaron claramente os pollos até a absurda expulsión de Butcher; malia isto lograron empatar por medio de Zlatan e mesmo puideron lograr a vitoria nos minutos finais con varias oportunidades; finalmente, aos 89 minutos, Eusébio marcaba o gol decisivo e aínda un minuto máis tarde, Miccoli non se atrevía a tirar a porta con todo a favor. Este resultado deixaba case sentenciado o campionato e influiu moi negativamente no rendemento dos suecos, que só conseguiron vencer nun partido máis.
| X | G | E | P | F | C | P | D | ||
| 1 | Asaltacunas FC | 18 | 13 | 3 | 2 | 49 | 25 | 42 | 24 |
| 2 | Partisano Clash | 17 | 10 | 2 | 5 | 39 | 21 | 32 | 18 |
| 3 | Shakhtar de Montreal | 17 | 8 | 3 | 6 | 37 | 27 | 27 | 10 |
| 4 | Pollo FC | 16 | 7 | 4 | 5 | 26 | 24 | 25 | 2 |
| 5 | Torpedo Zagreb | 18 | 5 | 8 | 5 | 24 | 26 | 23 | -2 |
| 6 | CG Fillos do Rif | 17 | 5 | 5 | 7 | 25 | 23 | 20 | 2 |
| 7 | Babudos FC | 17 | 5 | 3 | 9 | 23 | 40 | 18 | -17 |
| 8 | Monte Alto Gunners | 17 | 3 | 8 | 6 | 19 | 29 | 17 | -10 |
| 9 | Ordem e Progresso | 17 | 3 | 3 | 11 | 20 | 48 | 12 | -28 |
| 10 | Túzaros de Reiquiabic | 10 | 3 | 1 | 6 | 18 | 17 | 10 | 1 |
|
| Plant | Caixa | Cx. Fin. | Result. |
| Torpedo | 150 | 0,2 | 0,2 | 150,2 |
| Clash | 153 | -4,0 | -5,0 | 148,0 |
| Shakhtar | 151 | -3,3 | -3,3 | 147,7 |
| Rif | 150 | -3,0 | -3,0 | 147,0 |
| Asalta | 137 | 9,3 | 9,3 | 146,3 |
| MAG | 141 | -1,6 | -1,6 | 139,4 |
| Tuzaros | 147 | -8,0 | -8,0 | 139,0 |
| Pollo | 141 | -5,0 | -5,0 | 136,0 |
| Ordem | 133 | -5,8 | 2,2 | 135,2 |
| Babudos | 134 | -4,3 | 0,8 | 134,8 |
| 12,0 | de compensacións |
| ||
| -10,0 | resultado | |||
.
10 comentarios:
loor ó campión
louvor ao campeão!
loor tambien al banquero contable de este año. Joser cuanta pasta
puntuacion altisima e cun dato a ter en conta.espero que getxo me confirme os datos da t3 á t6, pero no resto é a media máis alta de goles dun equipo 2.722222 por partido. O clash logrou marcar un ano 53 goles pero en 20 partidos
Felicidades neno... vaya tunda.
Por cierto, aun no tuve ocasion de publicar los resultados del trofeo pituco... pero el Torpedo le debe 0,5 rublos a alguien... (menuda memoria prodigiosa la mia...)
Ah, cona, pois a min!
Por certo, duque, comprobei o dos goles nas temadas que dicías e na T3 o Shakhtar meteu 46 en 16 (2,875, creo).
Que simpáticos nos caem ao resto o Shakhtar e o Asalta quando miram quem a tem mais longa!!
Para recorde de goles o de van Aken.
Oia, a min non me mire. Preguntáronme a min e respondín e punto. Tampouco tiña maior interese na cuestión.
E ainda com prepotência!
Teño un sitio para ti baixo a miña mesa.
Publicar un comentario