Semana de impasse na WIFA, trala orxía pollil da semana pasada e o proclamamento dos primeiros campións da tempada. Ás portas dunha nova dimensión que se ha abrir xusto antes da T13, os equipos preparan a grande despedida da esmorecente T12 que, polo de agora, devolveu aos do Duque ao alto do palmarés e inaugurou as Vitrinas Vitorianas. Grande ano para a aristocracia. Sen pretender chamar ao desánimo, o principal problema de orde práctica é a baixa dos imprescindibles Tuzaros. Semella que sería útil buscar unha data ao longo da fin de semana para rematar os asuntos pendentes, Kopa incluída. Velaquí os implicados en asuntos oficiais:
Tuzaros (6-7 partidos), P. Clash (2-3 partidos) e, con 1 partido pendente, Babudos, MAG, Rif e Asalta.
Prégase aos interesados que tenten acordar un horario.
Con respecto á xuntanza ordinaria, esta é a situación:
SEDE
-
ALTAS
Rif, por foder
BAIXAS
Shakhtar
Tuzaros
Asalta
MAG
Babudos
Clash
Sobre o inicio da T13, cada vez máis voces se erguen para reclamar que sexa o máis pronto posible. Rif, Clash ou Shakhtar pronunciáronse en prol desta opción, mentres o Torpedo se postulou en contra, todo segundo marca a tradición. Agardando as opinións dos restantes clubes, comezou xa a busca de vías de solución para acelerar o inicio que, en calquera caso, nunca se produciría antes do 30 de outubro e dificilmente nesa data.
.
14 comentarios:
eu ia pasar despois do chollo, pero coma o tuzaros non ven co cal e imposible que xogue o meu partido, polo tanto dou baixa. rogo a medida que se vaia adiantando a copa avisenme para quedar para xogares a final, que teño moitos cartiños en xogo (apostei por min)
sen que serva de precedente estou de acordo co torpedo.
Creo que non viña mal unha semana de mundial para colleren un pouco o tacto o novo xogo e despois, o fin de semana do 30 empezar ca nova campaña
Pois eu tamen son baixa... so ia xogar o do Tuzaros que teño ben de traballo este fin de semana... :-/
Pero a ver se podemos quedar pa finiquitar ese partido...
Xa que o Tuzaros non vai, os Babudos han ser baixa tamén, porque o sábado hei de madrugar bastante. Como moito, se quedades preto achegaríame a botar un par de partidos e marchar cedo (a iso das 12:00 pm ou así)
Estarei atento ao Xornal. En principio, tal e como vai a cousa, non se sabe onde será a quedada e demais.
joer machiño:
a) querer que a liga empece o finde do 30 e estar dacordo cos que están en desacordo con Rapajk.
b) a Kopa ten ben pouco por adiantar (só unha semifinal), por iso puxen que a ver se dabades fixado unha data ao longo da fin de semana. Iso adoita empezar por que o primeiro en comparecer no Xornal (o primeiro dos interesados, claro, non o vou facer eu) propoña un día e unha hora. Isto vai tamén por uBe e o Comandante.
Eu este finde como moito podería o domingo. O sábado IMPOSIBLE.
Precisamente por iso, porque estou moi condicionado este finde, non puxera nada. Porque ainda non teño moi claro mesmo nin ando podería.
Seguramente o domingo á tarde si que me podo dedicar un cacho ao tema.
Se o resto poden,que avisen.
O sábado resultame totalmente imposible.
Eu descolgome, este finde teñoo fodido..... e a vindeira semana non existo...
pois eu vou, só por tocalos webos, e non sei a onde, pero vou
sodes ben malos, deixarme soiño un venres pola noite, oh!
Lo siento pero sigo currando casi todos los día a casi todas las horas...yo puedo:
- El sabado a partir de las 18,00h (tanto este sabado como el siguiente)
- El domingo a la hora que os de la gana si avisais con algo de tiempo.
- Del día 25 en adelante ya soy totalmente libre.
Puedo ser sede (de hecho lo prefiero) y en caso de no podernos juntar todos, también podéis ir viniendo por separado a las horas que os convenga a cada cual siempre que me aviséis con un poco de antelación.
Vale yo puedo el sabado a las seis. Hace?
Ok. Si puede ser a las 18,30 mejor. Acabo de llegar y voy a ver si duermo una horita...
Creo que non pode. Aviso porque me dixo que ía contactar contigo.
Hala, boa durmida.
No no pude, espero que te cundiera la dormida.. jeje
Publicar un comentario