(Marko Czalic - Montreal)
Anotou máis dun gol por partido durante 3 tempadas consecutivas. Foi o autor de todos os goles do Shakhtar de Montreal nas dúas finais de Kopa que gañou: o incrible hat-trick en 20 minutos da 'milagre de Helsinki' e o solitario tanto co que os mangostas levaron a final da K3, no derbi anarquista de Swazitown. Formou a mellor e máis polémica parella ofensiva da historia con Jan Koller, cando ambos compartiron o premio ao Atacante Total. Conta no seu palmarés colectivo cunha LPU e 2 Kopas aínda que, como el adoitaba dicir, 'iso é secundario'. Dá medio nome -nome profético, polo demais- ao trofeu que designa ao mellor goleador da LPU, o Shevsebio. Extravagante, prepotente, odiado, esotérico e decisivo son 5 dos 8000 adxectivos que mellor o definen.
Andriy Mykolayovych Shevchenko, 'o asasino de Chernobil', naceu realmente en Dvirkivschyna, pero con tres anos decidiu mudarse á localidade de Chernobil afirmando que: 'Vou ser famoso. E non penso estar todo o día deletreando Dvirkivschyna. É un pobo de merda'. A súa relación co acontecido 6 anos despois no seu lugar de residencia nunca estivo totalmente clara. O ucraíno cumpre agora o seu segundo período en Che Marx, a onde marchara do Shakhtar por problemas cos seus compañeiros -'son imbéciles', explicaba-. Despois dun período pouco fructífero en Sierra Maestra, onde tentaron aprenderlle o valor do traballo en equipo, retornou ao Shakhtar pouco convencido pero feliz por non compartir xa vestiario con Jan Koller, que pasaba daquela un período en Europa -Zagreb e Malmö- e a quen non dubida en denominar 'o subnormal máis grande do mundo'. Pero as cousas xa non eran como antes en Montreal e malia os seus bos rexistros goleadores na 'Liga dos Monstros do Inframundo', o clima de histeria colectiva que atacou á WIFA cara a fin da T5 (que concluiría na grande catarse T5-T6) acabouno levando de vacacións forzosas.
Un novo proxecto comezaba en Sierra Maestra coa esperanzadora T7, e os comandantes asesores do Comandante decidiron que Andriy era un dos homes necesarios para dar un xiro á historia de Che Marx Ltd. Alí coincidiu con Bican, Adriano e 'os outros', segundo as súas verbas. Alí, tamén, este sempiterno líder da clasificación histórica de goleadores da WIFA, está a completar unha tempada máis que aceptable e non só no apartado goleador. E foi entre revolucionarios onde Shevchenko acadou por fin o fito longamente agardado. Converteuse no primeiro xogador en anotar 100 goles en competición oficial. 100 goles. Mi-madriña! E como o fixo? Che Marx, que nunca superara unha eliminatoria de Kopa, confrontaba nos oitavos de final ao Partisano Clash, o líder máis devastador que nunca coñeceu a LPU. Tras empatar a 1 na ida, en Cuba, os babudos marcharon a Caldback, onde conseguiron dar unha das maiores sorpresas, se non a maior, da historia do torneo. Shevchenko anotou o 0-1 e os seus compañeiros conseguiron conter os continuos ataques dos locais até que, a falta de 15 minutos, forzaron un córner. Servizo de Bican, testarazo de Shevchenko, o balón que peta nun defensa e o resto é coñecido, moi en especial pola AVS. 0-2, marcador final. Che Marx a cuartos de final e Shevchenko, inmortalizado.
- Ola, Andriy. Canto tempo! Antes que nada, parabéns polo gol 100. Que significa para ti? Grazas. Pois significa básicamente o que xa todos sabiamos. QUE SON O PRIMEIRO. O MELLOR.
- E como che sentou que, xusto despois, Eusebio te superara, logo de anos a te perseguir, na clasificación total de goleadores? Sabes? cando un acada unha meta, deixa de mirar para ese lado, así que o que pase despois de acadala, ainda que sexa xusto despois, carece de importancia. Algúns somos gañadores (ainda estando nun equipo perdedor), e outros segundóns.
- Si, eh? E que? Veste por moito tempo en Sierra Maestra?
Habitualmente a estas alturas xa non aturas aos compañeiros... A verdade e que en Sierra Maestra estou acadando coñecerme mellor a mín mesmo. E sen dúbida iso vai servir para facerme aínda mellor xogador. Ademáis, cando Ernesto e Castro están todo o día dando arengas sobre o Comunismo e o Povo e a Patria e todo iso, eu simplemente sorrio e deixo de escoitar. É sinxelo.
- Que opinas dos que din que o accidente de Chernobil é a causa principal do teu alto rendemento?
Provocáchelo ti? Bueno, a verdade e que non sei si é a causa do meu rendemente. A mín gustame máis pensar que simpkemente son moi bo. En canto ao de si o provoquei eu.....eh...xuro que non lle din tan forte a ese balón. Xuroo.
- 100 goles... lémbralos todos?
Poderíasnos contar como foi cada un? Por suposto que non¡ Quen carallo pensas que son? Un maldito computador? E ademáis, para que narices estades vos os periodistas deportivos se nón?
- E agora, que? É dicir, unha vez acadada esta meta, para que xoga un tipo ao que non lle importa o que lle pase ao seu equipo? Porque para os 200 aínda queda...
Pois para acadar unha nova meta. Agora que xa conseguimos chegar aos 100 goles, a ver si conseguimos chegar aos 100 pases, ou ás 100 tarxetas.....quen sabe...as metas van xordindo a medida que se anda o camiño.
- Eusebio está metendo goles cun ritmo moito máis alto que o teu. Pensas que poderás revertir a tendencia e volver dominar as táboas sagradas de goleadores?
Quen sabe o que será no futuro? Agora mesmo o único que sei e que cheguei aos 100 goles, o que veña logo verémolo.
- Xa vexo. Pero mira que o tipo ten un canón... e que ben se conserva! Por el non pasan os anos... E é máis veloz ca ti. E ten mellor disparo...
Xa xa...que si o portuxés é máis rápidpo, que si ten un canón, que si a ten máis longa....pero eu preguntoche unha cousa a tí...Quen foi o primeiro xogador da LPU en acadar os 100 tantos? Posi iso.
- Si, si, o que ti digas... Pasaches por un clube anarquista -no que eras o único que cobraba en cartos-, logo por un comunista-empresarial... que opinas de Jan Koller?
Si, c€rto,€stiv€n nun club€ anarquista, nun comunista, € €ra o único que cobraba €n cartos, qu€ ll€ qu€r€s, cada un t€n as súas manías. € por c€rto qu€ mola moito iso d€ Jan Koller € un panoli que só sabe aprov€itars€ dos m€us r€x€it€s, € cobrar €n cartos cando t€s que l€var un ritmo d€ vida tan complicado coma o qu€ nos l€vamos
- Que tal vai a túa relación amistosa con Ballack? Sabes como lle van a el as cousas?
Bótaselle de menos na WIFA. Ben, o Ballack está ben, so que un chisco aburrido de tanto pintares a mna. Está desexando que o chame algúen para xogar. Quen sabe, mesmo pode que algún día rematemos xogando xuntos. De todos xeitos, hei de dicir que é un grande artista, tanto dentro coma fora do campo.
- Se ficas en Cuba, como parece, que debemos agardar de Che marx para o ano? Moitos trocos? Pois a verdade e que non o sei, porque quen sabe esas cousas son os Comandantes e Vicecomandantes do comité de control de xogadores. E non teño nin idea. Pode que non mudemos moito o equipo, pero seguro que algúnha nova incorporación haberá. Xa sabes que a Pepi lle encanta traer a xogadores que todo o mundo ten meio olvidados e facelos pensar que van ser grandes (logo pasará o que teña que pasar, pero iso é en capítulos posteriores)
- Semella que o valor do plantel volveu medrar ante o troco de sistema... unha vez máis, véselles entre os equipos máis poderosos rublicamente. Díganos, como o facedes?
Jejeje...quen sabe? O Bican, que ás noites queda con Ernesto e mais Castro a facer plans maquivélicos e sempre atopan perlas entre os xogadores do mercado. Ou iso, ou que a xente nos ten manía e cando unicamente queremos ser dos equipos mais baratos para non ter que facer Expedientes de Regulación de Emprego, pois van e cambian todo para que iso non sexa así.
- Tes grupies?
Claro....moitas rapaziñas loiras, cubanas de toda a vida que están namoradas de mín.....cada día coñezo a unha distinta.....e a verdade e que son todas moi fermosas, pero non quero ter lios. O que pasa e que sempre se agradece que che dean ánimos durante os encontros.....Grazas a todas elas.
- Que opinas do mundo? E dos seus habitantes?
O mundo é unha merda. E a maioría dos seus habitantes tamén son unha merda (sobre todo eses capitalistas do carallo, como lles chama Ernesto, que non fan mais que querer acabar co noso povo. PATRIA OU MORTE....)
- Como encaixa o teu carácter co de Ernesto?
Magnificamente. É un moi bo rapaz que se fixo un grande espazo no equipo. Sen dúbida é unha das pezas básicas do plantel. E me lembra tanto ao meu vello cando se pon a dar berridos no campo.....Entendémonos moi ben....espero que siga moito tempo.
- Díganos algo que che moleste especialmente?
As entrevistas.
- Conservas o teu pin-ball xigante?
Por suposto. Acaso non o viche cando marquei o gol nº 100?
- Cal foi a última película que viches?
Libertad para el pueblo. Patria o Muerte. Un film de E. Guevara y Fidel C. (Seica son dous novos directores cubanos que teñen moita proiección)
- Gracias pola túa xentileza, Andriy. Vémonos.
Veña, ata logo. E por certo, ten coidado ao sair, que penso que anda Stam por aí solto á procura da sua cea. E cando ten fame non mira o que mete na boca.
81 comentarios:
Ai, o Che Marx e a antropofaxia...
El primer tomo me ha gustado. Vas a seguir con la precuela de Los Pilares de la Tierra?
Aqui podemos ver una foto de Shevchenko de joven.
http://en.wikipedia.org/wiki/Klaus_Kinski
Hehe. Moi apropiado. Pois este é Eusebio de aquí a 2 anos.
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/en/1/15/The_Wire_Bunk.jpg
O P. Clash, por certo, reta a Gloria, Swazi e Che a se enfrontar a el mañá en horario de tarde, a partir das 19:00, coa fin de rematar os seus encontros da tempada ante a súa previsible ausencia o venres. Todo isto se o castelo vai estar aberto, claro.
Oh, ¡qué bien viste Eusebio!
SI. Leva roupa de 'adulto'.
Swazi informa que chegará de Ourense ás sete e pico-oito e que, se pode, acepta o reto, aínda que tentaría avisar telefonicamente.
O caso é que os africanos tampouco van o venres, probablemente. E ademais só teñen 2 partidos pendentes: Clash e Che, curiosamente. Así que a xuntanza, se se celebra, semella cada vez máis útil.
Pero si eu xa xoguei os meus partidos co Clash¡
Os dous de Liga (1-0 perdín na primeira volta e creo que 3-1 na segunda, tamén derrota)
A mín, se non me equivoco, fáltame xogar con Gloria, Asalta, Swazi e Pollo.
De todos xeitos, penso que si que podería ir hoxe por aló e xogar algún deses partidos.
Pues yo a ver si acabo de jugar la liga de una vez. Sólo me quedan por jugar dos partidos y después no piendo tocar más este truño de versión.
jejeje. Daquela parece que a nova versión te convence mais que a anterior, non?
Debe estar ben. Polo que falades, penso que vai ser mellor.
Si ao final vou hoxe por ahí (depende do que me diga a xente ao meu anterior comentario) xa o verei.
Tes razón, comendante. Ao P. Clash quédanlle Swazi, Gloria e POLLO.
Eu recoméndoche ir, en calquera caso. Non sei que dirán o resto, pero probar o novo paga a pena. Eu paso sobre as sete, se ao Sir lle vai ben.
Eis o que queda:
X16. Che-Asalta
X19. Swazi-Che
X20. Che-Gloria
X20. Clash-Swazi
X21. Gloria-Clash
X21. Pollo-Che
X22. Asalta-Tuzaros
X22. Clash-Pollo
Kopa:
Semifinal
Asalta-Pollo
Pollo-Asalta
Final
Por certo, xa imos polo gol 2500.
Ostras¡ E quen o marcou?
Eu achegome seguro. A partir das oito, que antes non creo que poda (teño bastante chollo e non vou poder escapar antes), pero a partires das oito vou fixo, ok?
OK, supoño. Foi Koller.
Unha cuestión. Cantos goles levo marcados eu en toda a historia do Che Marx? (en partido oficial, claro)
E quen é o máximo goleador do Che Marx en toda a sua historia, pero con goles marcados para este equipo (senón é Andrey, claro, jejeje)
Cambiando un poco de tema hay que quemar a los que analizan los juegos.
Parece que tras un año sufriendo en el desierto vamos a tener un pro en condiciones y los cabrones estos lo siguen poniendo a parir para que compren el FIFA.
Lo que si de lo que probe ayer, con las precausiones lógicas de la primera toma de contacto, es que los uno contra uno me da que van a ser mucho mas faciles que ahora y tengo la sensacion de que los porteros son mas humanos, e.d., se acabaron los milagros de pegar un chimpo de un poste a otro. Otra cosa con respecto a los porteros. tengo la sensacion de que no va a haber tanta diferencia entre los monstruos (Buffon y compañía) de los porteros terrenales.
Lo que si da gusto ver es que los defensas se apoyan entre sí, que los laterales van al cierre cuando hay un pase al hueco y que no se quedan mirando, que si tiras con un defensa encima olvídate del gol, que el balon corre más que los jugadores, que jugadores en plan owen, iniesta, pirlo ya no son cahos de alfombra cuando alguien pasa al lado de ellos, que por fin un central bajito pero bueno (ayala, puyol, etc..) pueden ser verdaderamente utiles, etc...
Pedir que lo arreglen todo es un milagro, pero aarentemente han corregido muchas cosas
Una cosa que también esta bien es que cuando haces una falta estratégica en campo contrario para cortar una contra, la jugada se saca en ese momento, con lo cual el rival no se da posicionado del todo.
Lo que tampoco me ha gustado mucho (hay que contar lo bueno y lo malo tambien) es que tengo la impresion de que marcar goles de falta va a ser relativamente facil. no creo que fuese bueno que se repitiese lo del cinco donde era mas facil marcar de falta que de penalty.
Certo. O da propaganda do fifa é a coña de sempre. Eu xa lle contei a algún que vin unha crítica do fifa (por accidente, xa que puxen 'pes 2009' e se me abriu iso) que amosaba unha imaxe de Messi pousando para a foto do once inicial é o pe da foto era moi bo: "¿Tendrá el PES 2009 estos gráficos?". Non me aventurei máis, pero a cousa prometía.
Difíciles preguntas, as do comandante. O máximo goleador da historia de Che Marx é Thierry Henry, con 42 goles, co que ocupa a 14ª posición na táboa histórica. Curiosamente está empatado con Bican, se ben penso que o francés meteu todos os seus goles para o bando revoltoso, mentres o austro-checo fixo as primeiras dianas xogando para os procesadores de Tron, antes de recalar nos babudos.
Tocante á primeira pregunta, máis doada, o número total de goles do equipo é xa de 148.
Bican marcou ao servizo procesador nos seus comezos algún que outro gol tamen.
Graciñas meu. Xa me imaxinaba, como era lóxico pensar, que o máximo goleador sería Tití. Pero tiña dúbidas por Bican, posto que xa leva algunhas tempaas no clube, e non sei os que marcou en Tron pero algún si que foi, daquela se están empatados, gaña Henry de momento.
Graciñas outra vez.
Con respecto ao novo PES, a miña primeira impresión foi moi boa. Certamente parece que as defensas xogan en equipo e non abandoan o barco cando aparece un balón preto da área. Gustoume en xeral (ainda que con 3 partidos que xoguei non é suficiente para tirar conclusións definiticas).
En canto ao ataque, penso que vai ser un pouco máis complicado marcar (precisamente polo tema da defensa, supoño. En contraprestación a que a defensa vaia mellor, o ataque vai ir peor) e o que mais me mola de todo é que, parece, como ben dicia o Duque e xa dixo algúen mais por ahí, que a xente que non ten tanto corpo pero que ten moito toque vai a servir de algo realmente. Penso que por fin teremos un xogo de futbol, e non un xogo baseado no futbol no que hay que ou correr mais ou pegar mais para sobrevivir.
A miña primeira experiencia é moi boa. E a verdade e que mesmo estou mudando as ideas que tiña para o proximo draft tendo en conta estas cousas sobre a nova versión.
Por certo, que sae o día 16, non? Ou o 17.
Por outra banda, hoxe achegareime por aló, ainda que é bastante probable que chegue un pouco tarde. Ainda non sei seguro como farei. Mantereivos informados, ok?
Holas, yo tengo una cena esta noche pero ya tengo todo jugado. Si vais a hacer draft, o me necesitais llamadme que lo más probable es q pueda arrimarme a un ordenador en casa 5 minutos y ojear algo.
No creo que hagamos draft, sobre todo porque en una semana sale el nuevo. Lo mejor sería aprovechar y usar los jugadores de la siguiente versión, por cambios de estadísticas, jugadores que pasan a clásicos y jugadores nuevos. No sería muy lógico hacer el draft con unos datos que luego no van a servir para la liga.
Unha cousa que sería importante facer, para todos os que rematen os seus partidos: TIRADA E SUBAS DE CANTEIRÁNS. E fotos, para ter canto antes os valores dos equipos de fin de tempada.
Respecto dos canteiráns, dous apuntes: se non hai ninguén en contra, as subas altas serán algo máis baixas desde a vindeira tempada (razón: os números estaban feitos para unha liga de 9 equipos e a cousa cambiou); ademais, se non hai tampouco oposición (se a hai, discútese), deberían subir de prezo (razón: aparte do feito de que xa era tremendamente barato sacalos, o rublo devaluouse).
Todo o anterior, resumido numericamente, sería así, a partir do comezo da T8:
- Apuntarase se o canteirán xoga e tamén se non xoga, para tentar evitar confusións.
- Subas baixas dos canteiráns: igual que agora.
- Subas altas dos canteiráns: un 20% menos por partido (porteiros, 4; xogadores de campo, 8).
- Prezo de sacar canteirán: 3 ou 4 rublos (decidir). Eu son máis partidario de 4.
Por mi vale. Ya está.
Sólo una propuesta. Dejemos los porteros canteranos en coste 2. Por el riesgo que corres, y para animar a que salgan más.
Outras cuestións:
- Hai que decidir dunha puta vez sobre a entrada de Janas. Non hai dúbida de que houbo máis votos en prol do que en contra até a data -polo que mesmo se dera por aprobada a medida-, pero o volume de abstencións é moi alto, o que está a xerar protestas nese 9% que se opón á incorporación. Prégase que o maior número de xente posible defina a súa postura. Lémbrase que para o veto chega con 4 votos en contra. De non acadarse esa cifra, primaría a maioría simple, nun sentido ou outro. Lémbrase que o "Si" conleva modificacións loxísticas ademais da asunción dun compromiso colectivo moi serio de confirmar sempre a asistencia ou ausencia, a fin de que nos poidamos organizar. Tede todo isto en conta cando votedes. Eu manteño o meu "SI".
- Por outra banda, semella que temos tamén polémica no eido: en que versión xogar a próxima LPU? Antitruñistas acérrimos amósanse fortemente contrarios a calquera novo contacto, mesmo casual, con PES2008, mentres outros varios non o teñen tan claro e prefiren simultanear os primeiros contactos coa nova versión co inicio dunha liga máis no vello formato, en base a que non se disporá de datos para o SUACI do 2009 por un período indeterminado. Eu aquí abstéñome, que o resolvan os que o teñan claro. O que si, se decidides esperar á seguinte versión, habería que decidir como facer a transferencia de equipos desde un modelo ao outro, pero isto pode quedar para máis adiante.
Solto todo isto porque é improbable que vaia hoxe; así que por se alguén o recolle e o leva a asemblea e así pódese ir adiantando algo. Informade de resultados (de partidos, digo). E pasádeo ben.
Aprobado o dos canteiráns porteiros a 2 e xogadores a 4.
Estas xuntanzas son estupendas, así dá gusto.
Volviendo a lo de los análisis que están haciendo por ahi de la demo, me parece que se les ha ido la mano. Meristation le acaba de encasquetar un glorioso 6.5, nada menos. Al FIFA, un 9.5.
Según el profesional que hizo la crítica, esta versión es PEOR que la anterior. En todo.
Entre los comentarios de la peña, el más común es preguntar cuanto paga EA. Es que no es por nada, pero si te pagan, al menos que no se note, porque si no no sirve de nada. Qué falta de profesionalismo, dios mio. En G&H Corporation sí que sabemos hacer las cosas.
Bueno, yo no sé en qué versión quereis jugar VOSOTROS la siguiente liga, pero yo lo tengo claro. Si QUEREIS jugar la próxima liga con el 2008, vosotros mismos.
Creo que a tentativa de FIFA en todo isto é "queimar as naves", de aí que non se preocupen xa de se se nota ou non. As instruccións deberon ser algo parecido a "Ni los miréis. A saco."
Que eu non vin o FIFA nin nada. Pero os tipos de EA xa se sabe como son. Un pouco Microsoft. Seguro que xa tentaron facerse con KCET por un pastón só para desmantelalo. Agora, coa pifia do PES2008, viron unha oportunidade de afundilos para sempre. E a súa técnica é o bombardeo por saturación, aderezado co tradicional asunto "mafia das licencias".
EU quero xogar na 2009 a partir da semana que vén ou de aquí a 2-3 semanas. Pero, como non vou poder, abstéñome.
OUTRA XENTE pensaba o mesmo o outro día, pero non sei se a súa conclusión será a mesma que a miña (absterse), a mesma que a túa (preferir esperar) ou a outra (empezar outra liga canto antes).
Eu limítome a recoller as opinións que escoitei e expoñelas, xa que hai diferentes criterios.
KCET?
No me acordaba. Observen los títulos de los artículos:
PES: Una vieja gloria.
FIFA: Fútbol a la máxima potencia
Viva la objetividad. Yo me voy a sentar y esperar a ver las notas de los comentarios. Las de dentro de dos meses. Porque los que ahora flipan con gráficos y demás se van a aburrir pronto.
Pues exponga, yo no se lo prohibo.
KCET é o equipo de Konami que fai o PES.
Te refieres a esto?
http://www.meristation.com/v3/des_articulo.php?id=cw43732c6a49192&pic=PS3
Jeje
Pois parece ser que si, aínda que eu non sabía nada. En calquera caso, se os contrataron para traballar e non para que non traballaran, son un chisco menos chungos do que eu pensaba.
Mola a invitación ao seppuku que lles fai o tal Nacho Ortiz. Un ultra do PES con pretensións de imparcialidade. Bo rapaz.
Por certo, hai que probar o FIFA. EA é canadiana, segundo parece. Algo bo terán. Seguro que o Shakhtar arrasa.
Oh! Non hai resultados. Ah! Xa comprendo. Estades todos no computador probando o 2009 e non ledes o que eu estou escribindo por tras. Eh! Estou aquí! Quero resultados!
Un comentario que fan en Meristation na crítica do fifa:
"Los goles también son más realistas que anteriormente, gracias en parte a la física de la pelota, pero también por las reacciones de los porteros, mucho más variadas y verosímiles. Salen más a los centros, reaccionan de forma lógica a los balones cercanos (es decir, con muchas menos posibilidades de pararlos), fallan en ocasiones al calcular una salida, y suben a rematar los córners al final cuando va perdiendo su equipo."
Eu voto por agardar un pouco para comezar a liga, e xogala no 2009.
Sobre o tema da incorporación xa din a miña opinión.
fifero...
Podiamos botar un mundial ao fifa mentres esperamos.
(espacio patrocinado por Tortillas Maruxa)
VOTO: Janas SI
Por mi jugamnos a la versión nueva. El próximo viernes toma de contacto cpn mundiales o lo que sea, y si vemos que lo del suaci va para largo yo propongo jugar una primera liga con la versión nueva sin tomarnos tan en serio las busquedas exhaustivas SUACI. Me explico:
Coges tu equipo, con una hoja EXCEL calculas los nuevos precios. Usas el SUACI viejo para hacerte una idea de lo que fichar (lo normal es que el precio en rublos casi no varíe en la mayor parte de los jugadores de una versión a otra, o que varíe 1 rublo arriba o abajo). Le aplicas la hoja Excel para confirmar que el precio es parecido y retocas equipo.
Es un poco más coñazo, sí, pero yo creo que vale la pena si lo del nuevo SUACI va a tardar bastante. Si la nueva liga es "toma de contacto" y la peña no cambia 11 jugadores de su equipo se podría hacer sin demasiado curro.
Otra opción más sencilla, pero que puede que no guste a los puristas de la igualdad:
Usamos los precios viejos y punto. Si algún jugador en concreto se ve ya a bulto que ha sufrido modificaciones muy reseñables, pues se recalcula ese jugador en concreto con el EXCEL.
Obviamente habrá gente que salga ganando/perdiendo en detalles, pero para una primera liga con versión nueva podría valer (al fin y al cabo ni siquiera sabemos jugar al nuevo PES, 5 puntos arriba o abajo en el equipo no creo que marquen una diferencia brutal)
Esta opción nos permitiría empezar liga sin mayores quebraderos de cabeza.
Eu, de non contar co SUACI, preferiría que a xente cumprise co do Excel. Non é tanto chollo e evita indeterminacións teledirixidas. Se alguén quere cambiar 11 xogadores, que tome o traballo de miralos un por un, que tampouco é para tanto.
Respecto do problema dos monstros, estivemos onte desenvolvendo unha idea. Consistiría no seguinte: todos os clásicos de máis de dez rublos levarían un plus de valor de 1 rublo por cada 4 (redondeando) que custen. Por exemplo:
- Clásico de 9, segue en 9.
- Clásico de 11, pasa a 14 (xa que 11/4 se asemella máis a 3 que a 2, co que 11+3=14).
- Clásico de 16, a 20.
- Clásico de 22, a 28.
Que se consegue con isto? Por unha banda, todos os xogadores seguen a ser collibles, é dicir, seguen aí. Por outra, ao sobredimensionar o valor dos clásicos caros, focalizamos o interese da peña sobre as estrelas contemporáneas, como falabamos; un roubo dun destes, con estas condicións, resulta máis rendible que fichar a un clásico similar polo seu novo prezo. Pero, sobre todo, conseguimos desmonstruificar a liga e que os equipos tendan a ser compensados, xa que aínda que permitimos que quen queira aposte polos monstros, farao a un custo claramente ineficiente.
Esta medida sobre os prezos dos clásicos afectaría tamén aos dos canteiráns de primeira xeración.
En principio, agardaremos a que saia a versión para decidir se o xogo segue a necesitar dun intervencionismo de grao alto ou nos permite actuar en grao medio-baixo-nulo. Pero hai que ir pensando nisto, que creo que é boa idea.
Outra cousa, con respecto ao que di Diego: ademais dos prezos temos o problema engadido de que hai que conseguir a todos os clásicos e xogadores da pesshop antes de poñérmonos coa liga. O que quero dicir é que, como pouco-moi pouco non haberemos acadar a situación de mínimos imprescindible antes de 2-3 semanas. Se, no entanto, conseguimos o famoso .xml -e, de paso, nos facemos unha idea sobre que hai que cambiar na fórmula de prezos-, xenial.
corregirme si me equivoco., El archico xml que conseguisteis el año pasado era podemos decirlo así datos del PES 2008 PS2. Si esto fuese así tendremos un problema añadido, ya que la version que sale el jueves (miercoles en mi caso) son de la ps3, xbox y pc. La version de ps2 no saldria hasta el dia 30 de octubre, con lo que el plazo ya no seria de 2-3 semanas sino de mas
Aun no sabemos de dónde se va a poder sacar el archivo. No altere al rebaño, que se monta una estampida.
¿Y si aprovechamos y mandamos a los canteranos de primera generacion dopados con EPO al pozo?
Nos ahorraríamos crear unas cuantas fichas.
Con respecto a lo de encarecer a los monstruos, no me parece mala idea. Soy partidario más bien de que no se puedan coger una serie de jugadores, pero como medida alternativa por mi perfecto
mierda, Humberto y Puskas se me acaban de encerrar en el vestuario con un dvd de chanquete y a gritos de "no nos moveran".
Pero buenos, cabezas más grandes y negras ya he hecho rodar
En cuanto a la crisis estructural que propone Gexto, creo que es una medida insuficiente, pero mejor que nada. Como propuesta, y a la espera de probar el 2009, propongo no usar el 20% de banquillo (para ahorrar cuentas, que ya bastante tiempo nos tiramos mirando jugadores), y en su lugar subir el precio de la regularidad. Ahora mismo nos estamos cargando con buenos titulares que tengan alta regularidad, para evitar poner a los suplentes. Así que si queremos evitar esto, subamos el precio de los jugadores-robot.
Para aclarar, propongo subir el precio de los que tengan regularidad alta, no bajar el de los que la tengan baja. Si no, empezarán a bajar de precio los Maradonas y Gullits de turno.
Es normal que el rebaño se altere.
Llevamos un año comiendo brocoli y a alguien se le ha ocurrido enseñarnos a todos un filete
lo de sir nigel me parece correcto. proponible tambien a jugadores con lesiones a y c
nos vemos el miercoles. traeré los salvoconductos
Yo no he dicho nada de las lesiones. Como las lesiones, hay muchas cosas más que se pueden mirar, pero para este tema es irrelevante.
Indiqué lo de la regularidad porque es algo que tiene que ver con la falta de nivel en los suplentes. Las lesiones influyen como cualquier otro factor, es decir, mucho menos.
Además, yo sólo hablaba de subir, y usted dice que hay que mirar las lesiones C ¿quiere decir que hay que bajar el precio de esto más aun? Yo no estoy de acuerdo. Y subir los jugadores con lesiones A es ridículo, son la gran mayoría de los jugadores.
No metamos cosas que no tienen que ver en esto. El próximo dirá que el equilibrio también es importante, que también es decisivo a la hora de fichar, etc. Pero no se trata de esto, se trata de hacer banquillo.
Xa se me ocorrera o de incrementar o valor dos moi regulares. De feito, probeino. Pero resulta esaxerado. É dicir, "anula" xogadores se o esaxero máis. Actualmente, 2 tipos coa mesma ficha, un de regularidade 3 e outro de 7 xa teñen unha diferenza entre eles de 2 rublos. Con fichas idénticas, insisto. É dicir, os días que saen verdes, ambos son iguais.
Penso que o do 20% é necesario é útil, aínda que requira algunha conta máis.
Respecto das subas de prezo de clásicos, á marxe da conveniencia de agardar á nova edición e ao seu funcionamento, estou a desenvolver o "proxecto probetas", que xa vos explicarei e que ten por base o empirismo. O proxecto probetas é un experimento, non unha norma nin nada polo estilo.
O da regularidade é interessante.
Mas para mudar isso en concreto penso que é especialmente relevante provar primeiro o novo Will, já que o funcionamento das frechinhas de cores som das cousas que mais gostam de alterar de versom a versom. Polo menos isso é o que me di a minha curta experiência, nom sei se estareis de acordo.
El problema que le veo al 20%, además de la cuenta, es que puede ser un problema a la hora de fichar un único jugador.
Es decir, puede que al hacer el draft inicial no sea tanto problema (no un problema pero sí un coñazo), pero si queremos fichar un jugador en el draft de invierno o en cualquier otro momento nos podemos encontrar con que nos destroza las cuentas que tanto nos costó ajustar. Y tendremos que volver a hacer cuentas de nuevo, que seguramente nos acaben "obligando" a deshacernos de otros jugadores como efecto secudario.
Esto sí es un problema, porque en cualquier momento que no sea el draft de inicio de liga no podemos hacer una reestructuración del equipo.
Si, é certo, pero precisamente por iso eu propuxera que só fose preciso cumprir a restrición ao inicio da tempada. Despois podes facer o que queiras até o seguinte inicio.
Aun así, el hecho de tener que redistribuir los rublos por fichar un solo jugador es un coñazo. Yo estuve haciendo cuentas muy por encima y siempre acabo poniendo en la picota medio equipo para poder ajustar lo más posible.
A lo que me refiero es que ahora miras los jugadores y ya haces las cuentas de la vieja para que todo cuadre. Pero con la limitación del 20% es un infierno. Miro delanteros, oh, que bien, este me gusta, pero vale uno más que Milla. Todo a tomar por el culo. Y a ajustar todo el equipo. Es una exageración.
Sería unha esaxeración se o criterio do 20% fose unha esixencia impepinable e non o que é: un mínimo. A maioría da xente non se terá que enfrontar a este problema. De todos os xeitos, eu tiña pensado enviarlles a todos un arquivo excel no que meten os nomes e valores dos xogadores que pensan fichar e, automaticamente, o programa indica se están a cumprir ou non e por canta diferenza.
Por certo, señor H, moi boas. Aínda acabo de entender agora o significado da súa mensaxe, xa ve como andamos, e teño que dicir que non sei. Eu non lembro moita diferenza ou non lembro que me constase tal diferenza no funcionamento das frechas de moral de versión a versión... pero son pouco observador e esquezo con facilidade, así que...
Le digo que es un coñazo. Aparte del cálculo en sí, se tienen que estar mirando jugadores para que cuadre. Y no me diga que será sólo en algunos casos, ya sabe que los presidentes de dedicarán a ajustar lo más posible. Alguno ya lo ha los cálculos, no le digo más. Que conste que la idea no me parece mala, pero tal y como se aplica la solución es tan mala como el problema. Al fin y al cabo, si la gran mayoría de los equipos ya cumplían con el requisito no se va a apreciar una gran mejora en el equilibrio de los equipos. Que es lo que se buscaba.
Non todo o mundo vai tentar axustar, porque non todo o mundo busca o mesmo concepto de equipo. Polo mero feito de que se impoña un mínimo do 20%, xente que tiña un 30% no banco cando non había límite inferior non vai agora que si o hai tender a igualarse con este. Aquí o problema é deter unha tendenza que se dá en certos equipos, non por fodelos senón, en parte, pola seguinte problemática:
- Hai xente que xa declarou a súa intención de, esaxerando, buscar 11 titulares de condición 8 e 7 suplentes de valor 1. Esta é a única xente que vai ter problemas coas contas.
- Esaxerar máis os criterios de prezos por condición falsea de xeito obvio -xa o probei e máis dunha vez- os valores de moitos xogadores, facendo aos de alta condición claramente ineficientes.
As solucións son, poñer o 20% ou subir o prezo dos de condición alta. O primeiro adapta o sistema a xogo e xogadores. O segundo adapta os prezos dos xogadores ao sistema e non á súa categoría.
Sei que non é ultrasimple, pero o arquivo que vos acabo de mandar axiliza e simplifica enormemente todo isto (ademais de que é útil en xeral para configurar o equipo sen andar sumando a man), ata un grao no que realmente deixa de supor un problema, na miña opinión. Se alguén ten dificultades co seu uso, que non dubide en chamarme e resólvoo en 30 segundos. Garantido.
Avíseme cuando reciba la llamada del presidente.
De todas formas, yo no hablaba del cálculo, yo hablaba de tener que mirar tres o más jugadores cuando sólo quiero cambiar uno.
Penso que podo co presidente e co que me boten, aínda que será particularmente dificultoso debido á súa xustificada indignación polo aldraxante roubo kopeiro.
Si que é certo o que di, que para mirar un é posible que haxa que mirar máis. Pero iso só sucede no caso dos equipos que xa andan no límite e que, aínda así, pretenden facer as melloras no once inicial e non no seu lamentable banco de suplentes.
Por exemplificar co seu equipo, que cumpre por 4 rublos (escollo o seu equipo porque non é dos que máis cumpren nin dos que menos), para non cumprir cun só troco debería substituir ao seu suplente máis caro por un titular de 30 rublos -dato real-. Non creo que iso lle supoña un problema. É para non cumprir para o que debe emprender unha meditada reforma.
Bueno, es que a lo mejor ese es el caso. Tengo 1.5 rublos + 1 de blindajes. No sé si me quedará en 3 al final, y es probable que suba el nivel en el centro del campo. Así que ya ve.
Se non están mal as contas, o teu balanzo da liga foi cero. Tiñas un rublo ao principio, que gastaches no inverno. Na Kopa gañaches 1 rublo. Xa que logo, a caixa é de 1 rublo e segue a ser 1 no novo sistema, como o da blindaxe. Así que 2. Outra cousa e se os agregamos todos antes de redondear. Eu preferiría non facelo porque me dá un pouco a brasa (é dicir, obigaríame a facer desblindar a todo o mundo antes de facer as contas), pero como vexades.
De todos os xeitos, non entendo. Estás a dicir que vas substituir a un xogador de 6 por un de 30? Porque é o que terías que facer para que non che saísen as contas. E non bromeo. Se o pillas de 29 sáenche ben igual. Non tes os rublos, pero se os tiveses, así sería.
En el último recuento que aparece en el Xornal yo tenía 3 rublos en positivo. Luego perdí con el Partisano y me quedé en 1,5. Más uno del blindaje, 2,5.
Aun si fuera uno, no entiendo las cuentas. 1+1 del blindaje igual a 2, pero 2 del antiguo son 3 del nuevo.
Yo no sé como hace, pero en cada temporada me dice que no tengo más rublos y luego resulta que tengo media docena. Vaya a tratárselo, seguro es que es algún tipo de trauma sexual.
?
Último reconto: tiñas 3 rublos DOS NOVOS.
Perdiches 1.5 DOS VELLOS, é dicir, 2 DOS NOVOS.
Quedábache 1 DOS NOVOS.
Tes 1 da blindaxe, traducido a novos segue sendo 1.
1+1=2
Todo o demais xa o expliquei antes.
Dificilmente me vai traslucir un trauma sexual en algo que me importa un carallo (un carallo! claro, aí vai estar a relación!).
Hai que ler cada cousa...
Ah, o sea que unos rublos valen más que otros. Porque sí. Perdón, no es porque sí, es porque sería muy difícil contarlos. No te jode... Y lo dice el que quiere usar fórmulas cuánticas.
Que non, que non. Vou ter que ir ao microdetalle? O teu rublo de blindaxe, vello, pasa a ser 1,33333333333. Ao redondear, como imos traballar en enteiros, é 1. Non é 1 vello -> 1 novo ; é 1 vello -> 1.333333 novos -> redondeo para traballar en enteiros -> 1 novo. O que estivo sumando novos con vellos non fun eu. E mira que cada vez que publico información de rublos, que é con bastante frecuencia, explico que son DOS NOVOS.
O que puña hai xa non sei cantas mensaxes, é dicir, o que xa explicara, era que había que decidir se sumabamos todo na mesma pota, que é máis preciso pero, e cito textualmente, "Eu preferiría non facelo porque me dá un pouco a brasa (é dicir, obigaríame a facer desblindar a todo o mundo antes de facer as contas), pero como vexades.", ou ben deixabamos os rublos de blindaxes como partida aparte, o cal non quere dicir que non lle apliquemos a transformación de sistema EN ABSOLUTO. Iso xa o falamos o outro día e xa accedín. Se te lembras, decidín facer o das blindaxes disxunto para aforrarme de ter que desblindar a todos e dar explicacións 1 por 1 de porqué tiñan -2 cando as súas contas eran de 0, ou de -5 ou de +3.
Pero fágoo como ti queiras, que seguro que che é máis cómodo. Bueno, cómodo eche igual.
aaaahahhhh
manipuladorrrrrr
No me confunda!
Manipulo tanto que xa case son o máis rico, e iso perdendo na casa sen parar.
Chegados a este punto, o punto que ti querías, o único que podo dar á xente son os valores de equipo para a tempada que vén. Son todos valores definitivos agás os de P. Clash e Swazi, que teñen partidos pendentes na casa, e os dos que temos canteiráns en uso, porque falta ver como lles afecta a última suba. De tal xeito que, definitivos de verdade serían os de Gloria, Análisis, Tuzaros, Ordem e Pollo. Swazi e P. Clash poden subir ou baixar. Shakhtar, Asalta, Che e Torpedo só poden subir.
Tuzaros 151
Shakhtar 149
Torpedo 145
Che 144
P. Clash 144
Asalta 141
Gloria 141
Ordem 140
Pollo 140
Swazi 138
Análisis 127
Media 142
Munitis 8
E insisto en dar 6 rublos extra a Análisis.
Carallo¡¡¡¡ revalorizouse o Munitis.......daquela o meu equipo agora vale 18 Munitis de Prata (que ao cambio supón 144 rublos, algo así coma tropecentos trillóns de billóns de millóns de €)
Sic¡ sempre nos pasa o mesmo......e nos que soamente queriamos ser pobres.......non ter que voltar a sufrir ERE......xa verán....habemos rematar coma Martinsa-Fadesa....ou mesmo peor....pero en fin, que non sexa por non loitar.....
Publicar un comentario