(Redacción)
Cheo espectacular no Estadio do Pobo o pasado venres á noitiña para presenciar o coñecido derbi socialista Torpedo - Ordem. Coas bancadas ateigadas de siareiros do noso clube, e algún do inimigo, só se pode agardar un emocionante encontro. Emocionante e non de calidade porque os derbis de cote implican fútbol de contención e esforzo.
De calquera xeito, o noso clube moi cedo atopou o camiño da vitoria. Boniek para Vladic e 1-0. Un gol tan bo coma xa tradicional nestas últimas tempadas. Os esforzos do inimigo caeron en saco roto, xa que outra vez Boniek fusilou ó xenial gardamallas dos arraianos: Nada menos que Peter Cech.
Xa no segundo tempo, chegou o gol máis fermoso do encontro. Un saque dende o recuncho de SuperSchneider que vai collendo efecto ata entrares na porta lusófila. Golazo de Super, que este ano está a traballar máis a reo que nunca de lateral. Mais o rapaz aínda é quen de definir nas xogadas a balón parado, e aportar goles e pases de gol ós compañeiros.
Un cuarto gol da por rematado un encontro sen moita máis historia, cousa estrana xa que os derbis entre ámbolos dous conxuntos acostuman a regalar traballados empates á bancada.
Bo traballo, 'muchachos'!
Banks: 8. Moi ben. Aí, aí detén o balón.
Schneider: 10. O mellor. SuperSchneider. A reostia.
Tudor: 8. Bastante ben, ben feito, rapaz.
Kalazde: 7. Case o mesmo. Bo traballo.
Cole: 6. Discreto en ataque, correcto en defensa.
Emerson: 8. O xefe do medio.
Stankovic: 7. Serio.
van Bommel: 8. Moi participativo.
Rapaic: 4. Desacertado. Perdeu un cento de balóns.
Boniek: 9. Xenial.
Vladic: 9. The Killer.
9 comentarios:
Seica o Torpedo vai coma un foguete.
Menuda temada que está a facer.
Noraboa "muchachos".
Por outra parte, teño unha´dúbida. A todo o mundo lle vai o SUACI sen problema?
Eu xa hai tempo que non son quen de entrares e poder visionar xogadores. Fago o que me dixo creo que o Sr Getxo de darlle Ctrol + F5, e si que aparece a listaxe de xogadores, pero non me desaparece a pantalla de filtrado, así que non os podo ver. Só podo ver os nomes á esquerda da pantalla de detrás, mais non acceder a consultalos.
O dito, a ver se algúen máis ten problemas ou é que son eu o que non sabe.
Graciñas
Yo no tengo ese problema. No sé, quizá sea por el Explorer. Prueba a usar el Mozilla a ver. De todas formas, me extrañaría que fuese por eso, porque el Explorer a mi también me va bien. Pero por probar...
O do Ctrl+F5 penso que non foi cousa miña, pero non é mal consello. Eu teño o seu problema desde o principio. Nunha ocasión xa lle dera o método que me vai ben a min, pero ten que seguir os pasos:
1) Cando non lle faga buscas ou cando as faga pero mantendo a pantalla por diante, refine máis a busca.
2) Se non funciona, refínea máis (poña, por exemplo, pé dereito)
3) Refínea máis (vel 85, acel 90, etc.)
4) Nun momento dado debería funcionar (ás veces xa se refinou tanto a busca, que cando funcioa xa non entra ningún xogador na lista, pero vostede saberá que o programa funciona correctamente porque o botón "filtrar" pasará un rato iluminado en azul e logo a ventana de filtrado desaparecerá.
5) Agora, unha vez que lle funcione, pode darlle á pestana "limpiar" e facer a busca que realmente lle interesa. A min funcióname. Se me quere chamar porque conserva algunha dúbida, explícolle o meu método por teléfono, porque probablemente por este medio non fun moi claro.
Moitas gracias aos dous.
Seica era cuestión de facer a busca moito máis concreta. Porque agora si que me foi. Xa tentara de modificar os datos de filtrado, pero parece que non o suficiente.
Graciñas.
por certo, cantos partidos faltan agora para rematar a 1ª volta? Se xa se xogou o Torpedo-Ordem, deben faltar 5, non?
Daquela este venres haberá draft invernal, verdade? O digo por mirar algo, por si se dera a circunstancia de que gañe os dous partidos que me quedan, que son ambos na casa e así tería 3 rublos que poder invertires.
Mais agora que o penso, eu dicia de que quedaban 5 partidos porque me pareceu ler que estabamos a 6 partidos do ecuador o outro día, pero ao Swazi so non lle faltan xa ese cinco partidos? E tendo en conta que a mín quedanme dous, un contra él, pero o outro contra o Pollo, daquela deben quedar algúns mais, verdade?
Si, quedan 6. O Torpedo-Ordem xa se xogara. A crónica é dun dos partidos do venres. Así que seguimos a 6 do ecuador (os 5 do Swazi e o Che-Pollo).
Do draft, nin idea. Eu non creo que poida ir, pero se é por min estou disposto a desvelar a identidade da miña fichaxe segreda por anticipado.
Home pois non é mala idea. A xente que non poida acudir que indique o seu descarte e a fichaxe correspondente no Xornal ou por mail.
Home, eu tiro ao río a Carini, se flota é q non é fresco. E pesco a Taffarel que vale o mesmo pra ter porteiro.
Xogando cun so porteiro e cun so dianteiro, en caso d emerxencia sempre podo xogar sen dianteiros.
De todos modos si q vou o venres, teño unha cea pero estou seguro ao 90% de que sera o sabado.
Eu ainda non teño moi claro se vou poder ir o venres. A ver si quedo co Presi entre semana (e se puidera ser con Ubembe tamén) pra xogar os dous partidos que me restan. Se non consigo os rublos neses dous partidos, non creo que faga movimentos no draft, daquela non habería problema. Si consigo gañar eses dous partidos, entonces xa bos iría dicindo, ok?
Yo voy el viernes si va Jebe (me toca copa del pollo contra él), de modo que si al final no va, guay que avise.
En cualquier caso no me importa adelantar mi intención para el draft:
Se pira Sven Dammason (9 rublos)
Ficho a Deco (9 rublos)
Publicar un comentario