Camilo Cenlumes dende Sierra Maestra:
CC: Boas tardes Mister. Que tal vai o asunto?
JB: Boas Camilo. Pois a verdade e que razoablemente ben. Creo que estamos a facer un bo traballo esta tempada.
CC: Realmente mister. O certo e que facía tempo que o equipo non obtiña uns resultados tan bos.
JB: Si. A verdade e que o troco no sistema para esta tempada está a surtir bastante efecto. Xa non recibimos tantos goles coma en anos pasados. Tamén e certo que marcamos un chisco menos, pero estamos conseguindo un bo balanzo na rendibilidade dos goles que acadamos por partido. Realmente penso que estamos a mellorar bastante os nosos números históricos.
CC: A primeira volta está a piques de rematar (de feito o equipo xa rematou os seus partidos). Que balanzo fai vostede desta primeira parte da tempada?
JB: Pois o balanzo é moi bo. Como ben sabes, levabamos unha racha de partidos nos que non conseguiamos aacadar bos resultados a pesar de facer un fútbol vistoso. Moitas derrotas pola mínima e nos derradeiros minutos do encontro. Necesitabamos mellorar un pouo o aspecto defensivo, e seica estamos na boa senda.
CC: Doce goles marcados e quince recibidos. O certo e que en tempadas anteriores o equipo sempre levaba moitos máis goles en contra. Seica a defensa vai empezando a estar ben asentada.
JB: Ben, sen dúbida a chegada de Stam e de Mertesacker foi unha grande nova pra nos. Son dous grandísimos defensas (en todo-los sentidos, jejeje) e están a dar, salvo despistes ocasionais, un grandísimo resultado.
CC: E a dianteira é ilusionante, míster.
JB: Sen dúbida é unha grande dianteira. Hai quen dí que a mellor da LPU. Non sei se tanto, mais pra mín son os mellores. Sheva e Adriano están a loitar moito en cada partido, e iso que non o teñen nada fácil, porque a mín ás veces vaiseme a olla e empezo a correr e corro, corro e driblo driblo, e non dou un pase nin á de tres, jejeje.Pero aínda así eles dous levan tantos goles coma mín.
CC: Iso lle quería comentar. Dez partidos, doce goles marcados, e tres dianteiros con 4 goles cada ún. Seica existe algunha aposta entre vostedes?
JB: Non non. Apostas non facemos. Dende que Best marchou do equipo non permitimos ese tipo de cousas entre o persoal. Mais si que hai unha sana intención de ser o mellor xogador do equipo. O máis determinante. E que o que remate con menos goles a tempada ten que pagarlleunha cea a todo o plantel. Xa sabe, Makélélé, Diarra, Stam, Mertesacker, Ernesto....imaxine o que poden chegar a comer estes tipos, jejeje.
CC: Jajaja. Entendo. E que obxectivo se pon agora mesmo Míster?
JB: Penso que debemos seguir indo aprtido a partido. O obxectivo está claro dende o primeiro. Non voltar a quedar de últimos e tentar pasar algunha rolda na Copa. O que veña a maiores, benvido sexa.
CC: Moitas Grazas Pepi, e que VIVA A REVOLUCIÓN.
JB: Eh...si, iso...que viva a Revolución.
2 comentarios:
Cenlumes, eh? Ah, o imperialismo galego...
Moi boa a aportación de Pepi, en todo caso. A igualdade entre dianteiros é tal que o Shevchenko mesmo se animou a dar unha asistencia para ver se consegue ser o AT do equipo. Estou interesadísimo en saber quen foi o autor do gol do equipo onte en Tron.
Sheva está a 3 goles dos 100. Onte marcou ante Análisis Matemático.
Así que cada vez está máis preto.
Publicar un comentario