Favalli, o mago do balón, ven den Italia a aprenderlle a todo o planeta WIFA como se xoga a esto do fútbol. A Redacción do Xornal, sempre á última, non pode deixar pasar a ocasión de entrevistar a un dos astros do balompé.
1.-Bo día, Sr. Favalli, como anda a cousa?
Pois bastante ben, ando a ver se o resto de xogadores, o clube e a cidade se aclimatan a min.
2.-Ven do AC Milan, un conxunto que nunca estivo presente nas máximas categorías da WIFA, que opina do seu anterior clube?
Home, tendo en conta de que falamos dun nivel moi inferior á LPU, pois aínda non eramos tan malos. Soalle Ambrosini? Non? Pois é un crack, non me sorprendería que algún clube da LPU se interesase nel.
3.-Como foi a viaxe a Zagreb? Algunha anécdota?
O primeiro tramo fíxeno andando, non houbo moito problema. Cruzares o 'Jadransko more' como lle chaman vostedes (O Mar Adriático) a nado xa é outro conto, pero eiquí estamos. Teña en conta que viña con Dario (Simic), que xa sabía o camiño, e eso sempre axuda.
4.-Que opina do resto do plantel? Sorprendeulle algún xogador?
Si, A seguridade que da Tudor ó resto da defensa. É abraiante.
5.-Falou con vostede o adestrador?
Un pouco. Falamos de callos e pouco máis.
6.-Que agarda desta tempada?
Pois mire, xa que trouxen o pico e a pala, pois imos traballar a reo para 'il pobo'. Considerando o panorama sociopolítico actual, agora é xusto cando o pobo ten que tomar as rendas do seu destino.
7.-Dise de vostede que lle gusta a empanada e facer filigranas co balón. Podería...?
Si, como non, un pracer (Ñam,grouf,ñam,ñam)
8.-Non, só a parte do balón.
Ah!, si oh, como non, ve ese balón?
9.-Ostia!, Agora non o vexo, onde foi?
Mire detrás da súa orella esquerda.
10.-Velaquí esta! (aplausos) .Moite sorte, amigo.
Agradécese. Un pracer falar con vós.
5 comentarios:
Viva! Unha entrevista! Bueno, agora a leo e xa a comento.
Ben feito, Giuseppe. 'Il Pobo' debe estar entusiasmado coa fichaxe. Aínda é moi novo, pero como aposta de futuro non ten prezo. Xa sabe facer desaparecer o balón; pronto aprenderá os trucos de Maldini ou Baresi (desaparición da portería, desaparición da área, desaparición dos compañeiros do rival que leva o balón), que un día tamén se fixeron grandiños marchando do Milán cara equipos de talla mundial.
E que hai que progresar, non podes ficar nun clube coma o Milan ese toda a túa carreira, de que vai comer a tua familia?
E tal como están as cousas en Italia, que queren que lles diga...
Xa. Pobre popolo. (hostias, tío, estou falando con Favalli).
Publicar un comentario