luns, 9 de xuño de 2008

Dragan: "Quero voltar a casa"

(Redacción)

Dragan Dzajic, ex-estrela e ex-capitán do Torpedo, e máximo pasador da historia da LPU, fixo hoxe á tardiña as seguintes declaracións: "Estou un pouco triste. O meu é xogar ó fútbol no Torpedo, non andar ás robalizas no río". "A verdade e que estes meses fóra fixeronme apreciar aínda máis ó noso clube, e tamén o noso estilo de xogo". Tamén comentou que "En Montreal tratáronme moi ben, pero quero voltar ó fogar, xa chegou de andar por aí adiante".

O clube de momento non fixo declaración algunha ó respecto, mais "Bocazas" conseguíu as declaracións dalgún xogador polaco do Torpedo, o cal non quixo da-lo seu nome nin falar perante os micrófonos. Sempre segundo nos conta o mellor informador do planeta WIFA, dito xogador estaría encantado de telo de volta, máis tamén advertíu que "non vai ser doado".

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Encargado de xestións do Shakhtar esta semana.

Quen será o polaco?

En fin. Mira unha cousa, o Dragan non sei se ten tan claro que quere voltar. É dicir, ten claro que quere voltar, pero non sei a onde. Isto podería ser o típico problema coa tradución. Seica estaba moi contento de que o valorasen tanto como goleador no seu último clube e de recuperar o liderado como pasador histórico.

Non quero crear unha polémica. O que quero é, máis ben, propoñerche unha carreira. O que chegue primeiro a Dragan, gaña.

Anónimo dixo...

É unha proposta un pouco trampulleira. Que pasa se non acepto?

Anónimo dixo...

Por moito que vostede non corra, a meta segue aí.