sábado, 28 de xuño de 2008

Un par de centímetros

(Marko Czalic - Montreal)
Nun comezo marcado pola emoción, a igualdade e o bo fútbol -o comezo perfecto para o espectador- o Shakhtar recibía unha vez máis ao temible Gloria y Honor tras da magnífica actuación dos 'rusos' -con remontada incluída- no moi intenso partido inaugural. Cos enfermizos duelos da campaña pasada na memoria, finalmente saldados con bagaxe levemente beneficiosa para os do Sir, Clemente volveu apostar por Azutkin de inicio, nun caso grave do que podería dar en chamarse 'fe gratuita'. A primeira xogada marcou o encontro: entrada de Javier Zanetti por banda dereita e o seu extraordinario centro fránico, con bote, fixo o traxecto xusto para parecer sempre controlado pola defensa e nunca estalo. No segundo pau apareceu Valdano, que cun potente testarazo en prancha quebrou a barreira do Gólem. No primeiro tempo fixéronse notar -e moito- as baixas de Park, Titov, Hleb ou Berti (suplente netural para algún deles) e o Gloria conseguiu o dominio na medular. Chegando período de descanso, un pase en principio inofensivo petou accidentalmente nos pes de Maldini habilitando a Valdano en moi boa posición. O balón rematou por chegar a Carew, que fusilaba o 0-2. Pero o descanso trouxo a charla de Moore, un tipo tranquilo que sabe incidir no que duran os partidos e reafirmar constantemente a fe dos seus no seu fútbol de estilo, segundo o novo -e primeiro- manual de ídem deseñado para os mineiros. Hleb, con molestias, supliu a Azutkin -algo verde aínda- e Ignashevich entrou por Pinzi, que cumprira. O ruso ocupou o lugar de Maldini no centro da zaga, enviando a esta á banda esquerda coa intención de outorgar a Bonhof os galóns no mediocampo. As medidas foron efectivas e, malia que Hleb semellaba algo máis canso que na 1ª xornada permitiu desfogar máis balóns aos seus. Paseniñamente o Gloria foise vendo acurralado. Non saque de recanto, Bouba Diop tentou evitar o remate de Nihat coa mala sorte de que o balón chegou a Bart Goor, que defendía o pau esquerdo e, no seu intento por alonxala, golpeu inda peor. Cando Given tentou poñer fin á desfeita o balón xa pasara a liña (1-2). Os últimos minutos foron dominados por un Shakhtar que nunca perdeu a cabeza. Unha derradeira acción de Maldini, excelente, serviu para xerar un espazo na poboada defensa visitante e servir un balón raso a Koller, no corazón da área. O checo controlou e disparou e, por unha vaz, faltáronlle un par de centímetros. Ao final, 1-2 Para o Gloria.
Os resultados dos restantes enfrontamentos revalorizaron o inicio do Shakhtar. A igualdade, polo de agora, é máxima.

CLASIFICACIÓN LPU6

X

G

E

P

F

C

P

D

1

Torpedo Zagreb

2

1

0

1

4

3

3

1

2

Shakhtar de Montreal

2

1

0

1

3

3

3

0

3

Gloria y Honor

2

1

0

1

3

4

3

-1

4

Asaltacunas FC

1

0

1

0

3

3

1

0

5

Ordem e Progresso

1

0

1

0

3

3

1

0

6

Che Marx Ltd.

0

0

0

0

0

0

0

0

7

Partisano Clash

0

0

0

0

0

0

0

0

8

Pollo FC

0

0

0

0

0

0

0

0

9

Sexy Team

0

0

0

0

0

0

0

0

10

Swazilandia BP

0

0

0

0

0

0

0

0

31 comentarios:

Anónimo dixo...

Bueno, ao meu xuízo o Shakhtar está a demostrar que é o mellor equipo da competición, sen dúbida. Non vexo a igualdade da que fala Czalic por ningures, agás no numérico. Polo demais, os outros equipos que vin xogar teñen unha, digamos, 'digna' presenza no campo. Pero ao Shakhtar dá gusto velo. Están a reinventar o fútbol.

Anónimo dixo...

O início da liga do Ordem contra o Asalta (3-3) foi em Madrid, nom?

Anónimo dixo...

foi, si

Anónimo dixo...

O Comité da Xustiza propón restarlles 6 puntos ós desertores da inaguración da Liga. Todos sabemos quen son, asi que xa nin os nomeamos.

Anónimo dixo...

Eu penso que sería máis axeitado restarlles 8, pero non vou entrar en desputas co Comité da Xustiza.

Anónimo dixo...

eu penso que deveriamos descende-los a segunda divisom.

Anónimo dixo...

Lo de la 2º División me parece buena idea. Pero hay antes hay que explicar a la población los motivos de tal medida. Una quema pública de efigies y unas cuantas manifestaciones violentas espontáneas debería ser suficiente. Después que bajen a 2º, dejen libres sus jugadores y cojan players y hagan el pasillo a los equipos de primera, uno tras otro.

Anónimo dixo...

Sen que sirva de precedente, e por unha vez, o Comité da Xustiza apoia a proposta do Sir.

Anónimo dixo...

Bueno, ó meu xuízo o Shakhtar está a demostrar que son unha banda de tunantes e que na 2ª volta van levar unha chosca por parte do Equipo do Pobo.

Anónimo dixo...

Tengo una idea mejor aún.....porqué todos esos que andais demonizando a los que tienen vida fuera de la WIFA no os vais poniendo en fila, uno detrás de otro, y haceis como que tropezais y nos la vais comiendo?

Anónimo dixo...

HAy una división muy clara, sí, entre los que tienen vida fuera de la WIFA (porque se llaman para quedar el día de jornada) y los que no (que van al campo porque nadie los ha avisado). Es decir, los que consideran que la WIFA debe estar ahi en todo momento para que ellos puedan ir cuando les apetezca (avisando o sin avisar, en el último momento, etc), y los pringados que tienen que estar disponibles por si los privilegiados tienen a bien aparecer.

En cuanto a lo de comérsela, no sé cuales serán sus costumbres alimenticias, pero las mias no incluyen cosas imaginarias o míticas, como su miembro. El acto que usted propone, por lo tanto, no pasa de un acto "potencial". En cambio, si quiere le puedo proporcionar a Bouba Dioup para que le dé por el culo, lo cual no sería ya un acto potencial, sino potente.

Anónimo dixo...

clap, clap, clap

Anónimo dixo...

pois máis claro, auga...

Anónimo dixo...

O Sir defende a causa do Pobo ante as actitudes arcaico-aristocráticas duns poucos "elixidos" con notable tendencia ao postureo. Ollade o que digo: BEN POLO SIR. Aforroume moito tempo con tan precisa argumentación que, polo demais, e incontestable. E punto.

Anónimo dixo...

Se ao Comité X. lle parece non punible e non hay outro PJ, pásome este venres a probar o Sexy Team.

Anónimo dixo...

Estimados señores:
Quedaría muy agradecido si dejaran ustedes las malsonancias idiomáticas que tan aberrantemente se han venido empleando en este foro ultimamente.
Hemos de pensar en la unidad de la WIFA ante todo, y plantear la necesidad de una reforma en cuanto a las normas que haga del todo imposible que actos de este cariz queden sin castigo cuando son desarrollados impunemente por integrantes de tan loada sociedad.
Principalmente debemos tener en cuenta que la necesidad de algunos de disponer de su dosis de LPU semanal los convierte, sin duda estarán de acuerdo conmigo, en adictos enfermos que no merecen de los demás sino nuestra lástima y nuestro apoyo.
Para ellos toda la fuerza necesaria. Pensad que hay algo más allá del Will. Y que todos nosotros estamos aquí para apoyaros.
Por esta razón, debo indicar que me pongo a la absoluta disposición de todos y cada uno de estos yonkies cibernéticos para actuar como sparring en cualesqueira que sean los subsiguientes partidos a fin de que puedan dar rienda suelta a sus psicopatías y obtener así su dosis de moral necesaria para el desarrollo de sus tristes y vacías vidas.

Anónimo dixo...

Sir Nigel, no me venga a estas alturas con ese victimismo, que no le pega nada.
O acaso pretende hacernos creer que en caso de que hubiera recibido un aviso con anterioridad suficiente no se habría presentado usted en el local social de la LPU para proceder a llevar a cabo el desarrollo de sus partidos?
Eso no se lo cree ni Mariano Rajoy oiga.

Anónimo dixo...

Pues creo que se equivoca.

Anónimo dixo...

En cuanto al señor tocahuevos, agradecería que no intentase explicarse como las personas cultivadas. Era más fácil entenderlo cuando se expresaba de forma más natural de esa manera tan particular que tiene, algo entre un mono bonobo y un inglés de la clase obrera. Cuando intenta parecer lo que no es no hay forma de entenderle.

Anónimo dixo...

Que fallo por mi parte. No me he dado cuenta de que hacía falta un lenguaje más coloquial para que gente como usted lo entendiera perfectamente.
EN todo caso, dejeme que le diga que está bien eso de admitir sus carencias comprensibas. Siga así. Ese es el primer paso para un futuro de esperanza cognitiva en su cerebro.
Mis congratulaciones caballero por haber optado por el camino de la comprensión. Siga adelante le cueste lo que le cueste (que le va a costar)

Anónimo dixo...

Insiste usted en intentar parecer lo que no es, por lo que veo. No entiendo muy bien lo que dice, deben de ser mis carencias "comprensibas". Lo del inglés de clase obrera no iba descaminado, veo que usa anglicismos como "congratulaciones". Supongo que quiere decir "felicitación". Para su información, ese es uno de los anglicismos más horrendos que he tenido la desdicha de encontrarme.

Anónimo dixo...

demagogo (tm) auténtico, non acepten imitacións, só hai un demagogo (tm).

Anónimo dixo...

Análise do ser superior.

Ao ser superior, a este, pódeselle distinguir por unha longa serie de peculiaridades que lle son características.
- Para comezar, é un valente: non dubida de asinar con pseudónimos (mesmo un por intervención) cando facilmente podería asinar co seu propio nome. Pero iso sería o fácil.
- Despois, é audaz: impórtanlle moi pouco o ton e a argumentación sobre as que se constrúe a crítica. El inventa axiña un novo enfoque que lle sexa máis "natural" baixo a técnica prefiro-responder-a-isto-que-entra-no-meu-cuadriculado-esquema-antes-que-ao-que-realmente-se-di. O dito, audaz. Con iniciativa.
- Logo, a fraternidade: o ser superior, na súa humildade, é 1 co mundo. Así que ataca aos demais alí onde el sinte unha inseguridade ou complexo propio. Sen pararse a pensar se os demais posúen esa mesma tara, el apréstase a compartila. O dito, fraterno e xeneroso, ademais.
- Intelixente: o ser superior sabe cando perdeu, por iso tenta mudar o eixo da discusión cara aqueles puntos en que lle resulta sinxelo atacar para sementar confusión e ver se alguén non se decata de que perdeu (pero isto xa o dixen, non?).
- Culto: como calquera persoa culta, o ser superior é quen de facer pasar a un nivel secundario a súa febleza (ou completa ausencia) de argumentos mentres reviste o discurso de "aparencia". Para isto é de grande utilidade introducir erros como "comprensibas" e outros iguais e peores coa fin de que lle caian as hostias polo delicto menor, pintándoo de vermello.

Que ben o pasaría Freud cun especime desta caste.

Consellos para o ser superior:

- Non sexa tan valente: dea a cara.
- Non sexa tan audaz: discuta co opoñente sen reescribirlle antes os argumentos.
- Non sexa tan fraternal: se ten algo que comentarlle ao seu psicólogo, fágao. Non é preciso convertilo nun problema dos demais.
- Non sexa tan intelixente: admita cando perdeu.
- Non sexa tan culto: vaia falar con Bouba.

Anónimo dixo...

Non sexa tal.
Non sexa cual.
Non sexa Pascual.

NON SEXA PEDANTE SEÑOR MÍO

Anónimo dixo...

?

Anónimo dixo...

Eu engadiría algún comentario, pero para repetir o que xa dixeron o Sir Nigel e o Sr. Getxo, mellor calo.

Anónimo dixo...

Estimados señores, quisiera simplemente indicarles que ante la imposibilidad de poder proceder a dar cumplida respuesta a todas y cada una de las cuestiones que se me plantean (básicamente porque tou traballando) les informo de que proximamente procederemos a contraponer nuestras opiniones y puntos de vista a los aquí expresados por vuecencias.

Sin otro particular.
Reciban un cordial saludo.

Anónimo dixo...

Pola miña parte non se lle propuña ningunha cuestión. Simplemente estaba a explicarlle cousas que parecía que non daba entendido por si mesmo. Por outra banda, creo que o seu anuncio de "vou responder" non acada os criterios mínimos de interese para ser publicado e estame tentando a marcalo como spam.

Máis cordialmente aínda ca vostede,
Getxo

Anónimo dixo...

Para Análisis, dun espóntaneo -ao non tratarse do C.X. esta miña opinión non resulta vinculante.

O Sexy Team, ou como se chame, ten dono até onde eu sei. Que ademais ten intención de facerse cargo do seu clube, tamén até onde eu sei, tan pronto como comece a tempada -isto non é exacto, pois a tempada xa comezou, máis é aproximado en base ao reiterado interese amosado polo escuro dono do clube por saber cando remataría por fin a T5 dunha santa vez.

En calquera caso sempre será unha ledicia contar coa presenza dun histórico como Análisis, que pode probar calquera equipo, asistir como espectador, xogar torneíños e mundiais e todo o demais que vaia xurdindo, ademais de departir felizmente sobre os bos vellos tempos botando un dominó e uns chatos. Unha aperta.

Anónimo dixo...

O Comité da Xustiza escoita o falar do pobo e asina o comentado polo sr. Gexto na súa totalidade.

Anónimo dixo...

Os chatos sempre foron bó sustitutivo e acompañamento pra o futbol. Pásome.