sábado, 28 de xuño de 2008

T6: Torpedeando

(Redacción)

O Torpedo comeza a liga xogando dous encontros no Estadio do Pobo, contra o Shakthar e o G&H, cunha de cal e outra de area. Os de Boniek preséntanse coma un conxunto irregular, con moita pegada arriba e certas deficiencias á hora de defende-los resultados. De calquera xeito non hai que obviar que desta volta xa temos 3 puntos na segunda xornada de liga o que non acontece a miúdo.

Torpedo 1 - Shakhtar 2

Resultado inxusto onde os rapaces do Torpedo foron os donos do encontro os primeiros 30 minutos. Se cadra que o resto do encontro estiveran a velas vir poder influir no resultado final, mais non é tempo de sacar conclusións precipitadas. Vexamos que fixo cadaquén.

Banks: 7. Ben nos máns a máns, e seguro nos disparos, que atallou sen problemas. Mal na saída que propiciou o segundo gol dos inimigos.
Simic: 5. Nada destacable.
Tudor:6. Anotou o primeiro gol do encontro. Ineficaz á hora de defender a Koller.
R. Kovac: 4. Regular, un tanto inseguro atrás. Non foi o seu mellor día.
Kalazde: 6. Ben tapando a banda, non tanto en ataque.
Gálasek: 6. Sobrio. Con moito traballo.
Frings: 4. Xogou nunha posición que non é habitual nel. Turrou, mais sen moita fortuna.
van Bommel: 5. Máis discreto que de costume. Perdeu o dominio do mediocampo no segundo tempo, onde se afundíu. Ben nos instantes iniciais.
Boniek: 7. Regular nos pases, pero moi ben no desborde. Regaloulle un gol a Vladic. O mellor.
Olic: 6. Ben desbordando, non tanto no centro, aínda que creou moito perigo cando tentou sair á contra.
Vladic: 4. Desafortunado. Marrou o empate nun remate na área pequena no tempo engadido.


Torpedo 3 - G&H 1

Bo día para os rapaces. O encontro veulles de cara dende moi cedo e por unha vez souberon manter a vantaxe sen facer ningún estrago dos que nos teñen acostumados. Non hai queixa, primeiros 3 puntos da tempada.

Banks: 7. Ben. Moi seguro, mágoa do penalti que fixo ó final.
Favalli:6. 'O mago' fixo un bo debut. Moita marxe de mellora. Ánimo, cativo!
Tomas: 8. Supliu moi ben a Tudor. Tanto que a titularidade deste pende dun fío.
Kalazde: 7. Seguro ó corte. Bo traballo.
Frings: 7. Outro que traballou ben. Fartouse de subi-la banda.
Borowski:9. Fíxose o xefe do medio. O mellor.
Schneider: 8. Ben creando xogo e mellor lanzando corners. Doulle un gol a Klasnic.
van Bommel:6. Discreto. Participativo, mais un pouco apagado. Frouxo no comezo da tempada.
Boniek: 8. Esta vez de estremo dereito. Presente en tódalas xogadas de ataque.
Klasnic: 7. Non participou case nada, mais anotou un gol, que é o seu traballo.
Vladic: 7. Bastante ben, sen excesos. Anotou un gol fozando.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

No estaría de más indicar cuando se adelanta en el marcador 1-0 por gol en propia puerta del contrario. Además del gol de churro. Un robo.

Anónimo dixo...

Xa coñece vostede a querencia da redacción pola obxectividade. Se mira un pouco máis arriba poderá ler "resultado inxusto" referido a un moi gracioso. Ademais observará que os equipos INIMIGOS non adoitan obter 'demasiado' protagonismo nas crónicas deste xornal local. En fin, agradeza que ten a Valdano e pense na crónica que vai facer na 2ª volta. Claro que nada lle impide dar a súa opinión tamén deste partido.

Anónimo dixo...

Por certo, lamentablemente teño que dicir que, neste caso, non podo colaborar coa campaña do Pobo que baixo o título "Banks non é tan bo" pretende evitar tentativas de roubo. As opcións de Banks de evitar o segundo gol, unha obra de arte de Bonhof e Koller, foron nulas. E desde logo, non foi a súa saída o que propiciou nada. Vaia, oh!

Anónimo dixo...

A campaña "Banks non é tan bó" é unha excelente idea, tendo en conta que o equipo que anda a ver se o rouba endexamáis ve os encontros en directo, só le as crónicas que se publican. Tomamos nota.

Anónimo dixo...

Se non está dacordo coas crónicas, poden expresa-la súa disconformidade sen problema ningún. Sexan tan amables tamén de darlle-los seus datos á Policía Política.

Anónimo dixo...

Si Banks no es tan bueno no será necesario que lo blinde más. Así nos saldrá más barato.

Anónimo dixo...

Sr. RoubaPolos, ándese con ollo non vaia ser que Zanetti lle desapareza.

Anónimo dixo...

¡Qué horror! No, por favor...

Anónimo dixo...

Que horror! Pois igual si. Eu iría pensando en blindalo antes que dedicarme a aventuras como as de banks, Bican e Koller. Pero, se ten que roubar a algún, que sexa a Bican.

Anónimo dixo...

Es que prefiero robar que blindar. Además, estoy ampliando mis horizontes. A lo mejor a quien robo es a Cech, que es más grande que Banks y jugó bien en liga.