luns, 26 de maio de 2008

Limpando o chan

(Redacción)

Chegan á nosa redacción novas fresquiñas dende o Estadio do Pobo. De xeito exclusivo, este xornal conseguiu a lista de xogadores que estarán no novo proxecto quinquenal do noso clube. Hai unha boa trama, sorpresas, emoción, e un final incrible.

Xa nos dixera Boniek hai ben pouco que habería unha boa purga, e varios xogadores, que segundo parece que se tiñan por máis importantes da causa do Pobo, serían expulsados da nosa fermosa cidade.

Xogadores que están camiño da fronteira, atados e amordazados:

Emerson : O sentir dos seareiros e do propio clube é dun fondo pesar. Este excelente xogador e mellor persoa foi un dos inocentes perxudicados de toda purga que se precie. "Botarémolo moito en falta" dixo Banks esta semana, " sempre tiña unha palabra de ánimo cando as cousas non marchaban ben".

Maldini : Andaba moi crecido. Vaille vir moi ben unha pequena cura de humildade. Falta de madurez, seguramente.

Chivu : O mes anterior esixiu cartos. Si, si, diñeiro, esos papeis que son coma as cartillas. O clube non podía pasar por alto esta afrenta, e agora está no río, xunta os peixes. Seguro que se han de levar ben.

Rapaic : Ninguén o botou, decidiu marchar "E que xa estaba un pouco canso de todo, sabe?" dixo mentres recollía as súas cousas. Ninguén o viu dende entón.

Ballack 'The Painter' : Pese á súa aportación cultural/artística, estes artistas son coma veletas. Agora di que vai facer un 'happening' en Groenlandia, que consiste en "poñerlles cucuruchos ós montes de xeo e logo mirar cara o outro lado". Agardamos noticias.

E hai máis, non vaian crer que Thuram está lesionado ou que Dzajic ten problemas intestinais. A continuación, en pouco tempo.


PUBLICIDADE:

EN POUCOS DIAS, CON ESTE XORNAL, O SUPLEMENTO ESPECIAL QUE TODO O MUNDO AGARDABA: PROXECTO PLANTEIS 6

5 comentarios:

Anónimo dixo...

o mais sorprendente é o de Rapaic
?!
Botarei-no de menos.
Ah, por certo, devolvei-nos a Favalli.
Favalli é nosso. Favalli ao Ordem.
(como ves nós já temos substituto para Maldini, ti vai escolhendo um para Boban, ai, Boban, snif!)

Anónimo dixo...

nada de Favalli. Favalli fica no Torpedo. Así que mire o teu plantel xa che digo.

Anónimo dixo...

Ladrón, devólvenos a Sagnol!

Anónimo dixo...

Joer, como decaeu a cousa.

Anónimo dixo...

Xa. Lóxico se o pensas.