venres, 9 de maio de 2008

Boniek: Purgando

(Redacción)

A Redacción do Xornal do Pobo ten a honra poder falar un anaquiño co adestrador do Torpedo, Zbigniew Boniek, que nos pon ó día da actualidade do noso clube.

Boas tardes, hail poland!

Hail!

Disque está preparando unha purga para a vindeira tempada, que hai de certo?
Moito. O plan quinquenal chega ó seu fin e son tempos de facer un novo. Hai xogadores que non están rendindo o que agardamos deles, así que terán como premio unha fermosa viaxe ás terras da neve eterna, pico e pala incluidos, claro está.

Pode darnos nomes?
Os culpables están marcados polo dedo acusador do Pobo. En canto os vexa, saberá quen son.
Por outra banda, andamos á procura de xente que estea involucrada de verdade na causa. Para xogar no Torpedo non só hai que saber darlle ó balón.

O das cesións é idea súa?
Non, pero cunden. Ás veces hai que mostrarlle a algún o que hai por aí fóra para que aprenda a valorar o que ten na casa.

O quinto posto é do Torpedo, por qué?
Boa pregunta. Non o sei, pero hai xente que di que habería que muda-lo nome do equipo a "Torpedo Zagreb 05"

E este ano que, outra vez sen gañar nada?
Bueno, aínda queda a Kopa. Que non nos descarten de todo.

Pódenos adiantar algunha fichaxe?
Si, Super-Schneider volverá xogar con nós. Tudor tamén. No ataque aínda non podo dar nomes definitivos. É unha mágoa ter que prescindir de Emerson, un grande xogador e unha excelente persoa, pero xa sabe, nas purgas hai que levarse por diante a algún inocente, senón non serían purgas.

Xa non imos tundar?
Non. Agora imos fozar. Os callos, xa sabe.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Odonkor en una entrevista en exclusiva al diario del duque, advierte que su intencion es volver al renovado Asaltacunas, ya que seguramente el año que viene, sin tanto mounstruo, sera uno de los jugadores destacados

Anónimo dixo...

Buena puñalada, señor Duque. Mis felicitaciones. Ni yo mismo lo hubiera hecho mejor. JAJAJJAJAJA

Anónimo dixo...

Es que desde que está en el Betis se le ha pegado mucho lo del arriquitaun, ole, pisha, asereje je de je dejebe tu de jebe de se mi nouba majami ande bugui an de guididipi

Anónimo dixo...

Jejejeje.......manda carallo, que a xente vai comezar a darse de ostias por odonkor, ou por Kompany, ou....jejeje...isto vai a ser a mar de divertido, jejejeje.
Por certo, hoxe hai previsión de xuntanza na sede oficial?
Estou a mirar xogadores, e teño agora mesmo feito un equipiño que creo que vale os 45 rublos (a falta de confirmación do prezo de dous tipos) e molabame probalo.
Si nalgún momento de hoxe vades facer probas, contade comigo, eh?

Anónimo dixo...

yo por mi libro mañana, con lo cual si quedais, me paso por el castillo

Anónimo dixo...

Sen ánimo de amolar, mais as últimas noticias que tiven dese tema é que estaba feito o traspaso Mitea-Odonkor.

Anónimo dixo...

Sen ánimo de amolar, pero amolando, amolando. Empezan as coiteladas.