martes, 23 de outubro de 2012

Rivelino 'Prefiro marchar a xogar con Illgner'

(Redacción)

Roberto Rivelino, xenio do futebol, ven de abandoar Zagreb tras un intercambio de pareceres cos estamentos do clube. Moi disgustado coa política de fichaxes deste ano, expresoulle o seu parecer a Asanovic: 'Eu xoguei con Felix de porteiro, sabes? E nunca vira un truño coma Illgner na portería!', Aljosa tentou apacigualo, dicindo que a el tampouco lle convencía, e que buscarían porteiro para o ano que ven. 'Non perso perder un ano. Que xa teño uns cantos', foi a súa resposta.

'Os equipos constrúense dende atrás. Un porteiro tan malo, e tan imbécil, non pode servir de base. Mais non é só iso. Mandzukic non sabe facer nada cun balón, e tentei que aprendera, pero ren. Spahic é un central pensoso. Non sei, agardaba outra cousa. A min dixéranme que Boniek estaba no Torpedo e facíame ilusión xogar con el e co Pobo. Pero tal e como están as cousas, marcho.- dixo xa no aeroporto- ' Non sei se volverei. Se o fago, é para que o Pobo se erga, non para que se destrúa. '

A piques de embarcares, comentou: "Iso si, Kiraly e un grande porteiro. E un dianteiro letal'.

Como o clube está por riba de calquera xogador, reunido de emerxencia o Comité Para Buscarlle un Substituto a Rivelino (C.P.B.S.R.), decidiron incorporar a Dejan Savicevic. A ver que fai.

4 comentarios:

marko dixo...

Claro, claro. O problema era Rivelino. Eu creo que en Zagreb hai máis comités que Pobo. Só é unha intuición.

Fóra Illgner!

E fichen a un da miña lista, por máis que lles foda.

E a Rivelino.

Comandante dixo...

Pero coño, daquela pódese facer trocos a metade de tempada? Non sabía....

getxo dixo...

Si, pódense, pero só con críticos. E este non foi positivo.

MAG dixo...

Yo estoy satisfecho con la decision de Rivelino.