"jo, estás muy cerquita" (chegou a ter 11 puntos de vantaxe)
"jo, pues tendría que hacerlo superbién para alcanzarte" (perdeu o duelo directo e aínda lle sobraron 4 puntos)
"jo, pues tengo un montón de bajas; no sé qué voy a hacer!" (antes de gañar 2-0)
etc.
Estas eran o tipo de frases que os dous equipos interesados na clasificacón da LPU obrigaron onte a escoitar ao resto. Convertida a liga nunha especie de duelo directo, un diría que tradicional, outro que non se vira nunca de xeito tan esaxerado. Dous equipos que suman entre ambos unha máis da metade das ligas (9 o Asalta, 5 o Shakhtar, por 4 do Torpedo, 3 do Rif, 1 de Análisis, Clash, Pollo, Túzaros, River, Club). Os rusistas fixeron un enorme esforzo por derrotar por fin, na tempada, aos seus aristocráticos rivais e ao seu supersicólogo. Foron castigados nos minutos finais cun 2-3 que non mereceron. No demais, porén, estiveron implacables e/ou coa sorte de cara (inapelable chilena de Cavani no desconto da visita rastafari), chegando a 7 victorias (para un total de 10) e ao liderato, con 4 sorprendentes puntos de vantaxe. Os do Duke completaron unha sesión para a sicoanálise, sobre todo allea. Cando a vitoria infame, desde o punto de vista do túzaro rival, ou surrealista -e un pouco infame, tamén-, desde calquera outro, con imposible carambola no desconto, parecía insuperable, Asaltacunas volveu saltar ao campo para apañar outra victoria con outro rexeitamento no desconto ante o Pollo. E despois venceu ao Shakhtar no minuto 85 nunha contra tras sufrir moito nun intensísimo partido. Pero, no partido máis cómodo, o que gañaba 2-0, non puido resistir o súpeto empuxe do Rif, que acabou por revertir as cousas, dando un chisco de xustiza ou equilibrio ao conxunto, cunha vitoria co tempo cumprido.
Fóra destas consideracións frívolas, a LPU é unha broza espectacular. O terceiro posto semella tan probable como o décimo para case calquera, no medio dun ambiente truñil de inestabilidade indefinible. Era sentar e non ter nin idea do que podía acontecer, como se todo dependese dunha grande tirada de dados. Pero, dalgunhas desas cousas, mellor que falen os protagonistas. Algúns, por exemplo na redacción central de Zagreb, teñen historias para contar.
En Montreal todo está tranquilo desde o pase de gol de Oubiña. A acción do galego (o primeiro dos non-canadianos?) amainou o ambiente xeral, que se atopaba algo entolecido polo cruce de declaracións Gilberto-Krasic. Gilberto: "Hai peña que non atura unha novatada", Krasic: "Se me pasa o balón, salto. Estou seguro de que leva esperma, como mínimo", Gilberto: "Este equipo antes molaba; agora é totalmente distinto, porque está Krasic", Titov: "A culpa é nosa: debemos repescar antes a Gilberto. Pasou moitos anos so. E Milos, pasou demasiados en Reiquiabic e claro, usa champú e mascarilla e mesmo un exfoliante. Normalmente destas cousas non se fala, quedan dentro do vestiario. Pero é que é xusto aí onde está o problema. Así que as sacamos fóra" e engade: "estou a isto de conseguir que Milos entre en razón e veña ás borracheiras de centrocampistas; iso sempre o amañou todo" e remata "por certo, qué grande fichaxe, Blaszczykowsky".
Pero si, o pase de Oubiña amañou as cousas. Bueno, non; pero agora fálase máis diso. E tamén hai quen se empeña en dar crédito aos 19 goles de Cavani. No Quebec xa non se lembraba un dianteiro igual, pero o forte dos seareiros, destes en particular, nunca foi a memoria.
.
5 comentarios:
Kero dar a mina felicitacion o xactar.
Esta a facer unha tempada asaltacunera perfecta. Perder os dous partidos contra o segundo e ter a liga a piques pork gana o resto dos partidos
Snif snif. Que belleza
Gracias. Pois si. E xa non é a primeira vez... Eu creo que a calquera dos dous lle cunde perder os Asalta-Shakhtar.
Estou ben colocado, pero teño que tuzar como un cabrón no que queda porque, obviamente, non me fío. E como me felicitas... pois menos, hehe. Xa fun subcampión 8 veces.
Supoño que este novo intercambio de mensaxes só nos pode traer louvanzas por parte de calquera outro. Non entendería outra cousa.
Pois si. Pero a verdade e k me da envexa a tempada k estas a facer. Eu polo contrario sigo facendo goles asaltacuneros pero faltame certa regularidade e saber pechar os partidos. Estareime a voltar non canadiano
O k si digo e k despois da xornada do venres cada vez teno mais claro k a version mola. O k pasa e que hay unha diferencia de ritmo brutal entre dous equipos e o resto. Cousa k tamen soe pasar na primeira tempada dunha version. Pero quizais nesta mais esaxerado. Hay dous equipos k lle colleron pronto o punto a version e o resto, con algun matiz, ten que rodarse moito
Esto......a ver cómo os lo digo......hummm.......tal vez......o no.....bueno.....hummm.....si.....si, creo que si......QUE OS JODAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAANNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNN :D (dicho sea desde el respeto).
Si. E de paso que jodan tamén a todos eses fillos da grandísima puta.
Publicar un comentario