luns, 5 de decembro de 2011

Uns poucos puntos (LER! TODOS!)

1) Eu non vou levar o draft máis. Agradezo a Diego, que se ofreceu a levar o desta tempada antes mesmo de que eu tomase a decisión. O que si aseguro é que eu non serei un estorbo para quen o leve e que o entregarei nun prazo moi breve desde que se poña en marcha -antes mesmo de que remate a tempada e aínda cando teña un rublo en dúbida-. Se ando mal de tempo, fódome eu e apáñome cun draft de mínimos, pero non vou cargar os meus retrasos sobre o tipo que estea pendente. Levar o draft adoita ser un coñazo incomprensible, porque incomprensiblemente require perseguir á peña e incomprensiblemente require tamén con frecuencia recibir respostas-pega ou ausencia de respostas en troques de colaboración. E estar pendente do mesmo desde que o primeiro se pon en marcha ata que os últimos deciden que lles vén ben facelo ou que moralmente xa é correcto draftear.

2) Esixo saber se queredes seguir cos individuais ou non. Con "Esixo" quero dicir que quero resposta de todo o mundo, aínda que sexa unha abstención. Que é o que voto eu, como resultado da situación actual. Seguir cos individuais non me dá moito choio. O que si me dá choio é agardar a que lle pareza ben/poida publicalos á xente que os ten, que é aínda menos choio do que logo asumo eu. Actualmente só están entregados os datos do Clausura da LPU22, polo que faltan os do Apertura 22, Kunka 22 e KP e Superkopa 22, en papel aparte. E iso xa co Apertura e Clausura 23 rematados. Se a resposta colectiva é si, velaquí o que significará: tan pronto remate un torneo (Apertura, Clausura, Kunkas, etc.), abrirase un prazo máximo dunha semana para que me cheguen os individuais. Con máximo quero dicir que se os enviades nunha hora ou nun día, mellor. Unha vez entregados e publicados, abrirase outro doutra semana para que cada equipo meta os seus datos de equipo no arquivo da tempada. E despois outra semana para que eu publique todo. O incumprimento por parte de calquera de calquera destes prazos non provocará sancións, senón o meu cese definitivo con respecto a esas tarefas. Se logo o quere facer outro doutra maneira, adiante. Polo tanto, un "si" significa que nunha semana, desde hoxe, temos que ter publicados os datos individuais da Ap22 e 23, Cl22 e 23, Kk22, KP22, SK22 (pero este prazo é adaptable, esta vez, se ides querer seguir e concorren condicións moi particulares agora mesmo; aínda así, habería que fixar un). Un "non" paréceme unha opción, pero quero saber qué é o que queredes.

3) Se o anterior é un si, Ordem, MAG, Rif e Asalta aínda deben enviar os seus planteis da T23 a wifa.info. Dentro do mesmo prazo antes indicado. E todo o mundo os da T24 nunha semana desque remate o draft actual. O non cumprimento terá as mesmas consecuencias que os anteriores.

4) Non se volverá avisar destes prazos nin se perseguirá a ninguén para que os cumpra (total para, ás veces, nin recibir resposta...). Ábrense, péchanse e punto. Entendo perfectamente que a xente estea moi liada, porque eu mesmo o estou. Non vou entrar nunha competición de liadismo con ninguén. É unha simple cuestión de vontade e, se non a hai, pois non a hai e tampouco pasa nada. Pero que sexa dando a cara.

5) Quen ou cómo ten que facer todas esas tarefas non é asunto meu. Eu sei que co que asumo xa teño máis que cuberta a miña cuota na cadea de produción.

6) Non participo en votacións nin en movidas alén das estrictamente necesarias ata que decidades qué imos facer con cousas que teoricamente xa decidiramos con anterioridade.

7) Isto non vai contra ninguén nin estou molesto con ninguén en particular. Moita da xente que agora leva tremendo retraso nalgunhas cousas, fixo bastante curro noutras ocasións. E, ademais, tampouco me vou cabrear con ninguén por isto, só fodería. Pero o funcionamento global actual é completamente ridículo e inútil. Sobre todo para min, que dependo das decisións dos demais para rematar os distinos minicurros. Que, por outra banda, son todos chorradas de entre 1 e 20 minutos. Os meus e os de todos.

8) Isto é un xogo e debe ser só iso. Así que decidide onde está a fronteira diso para vós e votade en consecuencia. Calquera voto me parece ben. Co xeito en que se están a levar agora as cousas, convírtese para min nalgo semellante a un traballo; e de aí a parrafada.

9) Forza Justin Bieber e David Vidal!
.

11 comentarios:

Comandante dixo...

Eu voto SI a seguir cos indiciduais. E asumirei calquera traballo que teña que facer.
Non dispoño das fotos dos idividuais pendientes, mais se alguén mas fai chegar (vía mail, por exemplo) poñome a recopilar a información pra logo poder publicala.
En canto ao plantel, o meu plantel da T24 xa o enviei a Enrique, mais volvo a mandalo a wifa.info agora mesmiño.
E por certo, igual a mellor idea era "obligar" a actualizar os datos cando remate o partido. Xusto ao rematar un partido, o que xogara na casa que se encargue de publicar os datos (resultado, goleadores, asistentes, cartóns...) no Excel correspondente, e contar con este subido a wifa.info. ¿Non? Agora mesmo case todos temos internet na casa. Se en algún momento non se pode facer por falta de internet, daquela haberá que levar os datos e publicalos. Mais non deixar pasar toda a temporada pra publicar cousas. Penso eu, vaia.

Comandante dixo...

Eu voto SI a seguir cos indiciduais. E asumirei calquera traballo que teña que facer.
Non dispoño das fotos dos idividuais pendientes, mais se alguén mas fai chegar (vía mail, por exemplo) poñome a recopilar a información pra logo poder publicala.
En canto ao plantel, o meu plantel da T24 xa o enviei a Enrique, mais volvo a mandalo a wifa.info agora mesmiño.
E por certo, igual a mellor idea era "obligar" a actualizar os datos cando remate o partido. Xusto ao rematar un partido, o que xogara na casa que se encargue de publicar os datos (resultado, goleadores, asistentes, cartóns...) no Excel correspondente, e contar con este subido a wifa.info. ¿Non? Agora mesmo case todos temos internet na casa. Se en algún momento non se pode facer por falta de internet, daquela haberá que levar os datos e publicalos. Mais non deixar pasar toda a temporada pra publicar cousas. Penso eu, vaia.

getxo dixo...

OK. Home, apuntar no Excel en cada partido, eu penso que é un paso atrás, porque aumenta o volume de traballo, cando se pode facer todo dunha soa vez. Pero como queirades.

Diego dixo...

Me abstengo. Votaría sí, pero no me creo que la peña vaya a cumplir, así que me abstengo.
Curiosamente, y a pesar de que soy promotor de eliminar tareas, dada la situación actual me parece muy buena la idea de Che. Que al acabar cada partido, se actualice todo. Es más trabajo y más incómodo, pero a estas alturas creo que es la única manera de que se hagan las cosas (si es que queremos hacerlas). Así no hay lios ni problemas, evidentemente si estás un viernes jugando a la play, ese viernes tienes tiempo para hacerlo. Es bastante increible que con toda la burocracia que nos hemos cargado estemos más retrasados que nunca.
En cuanto a los draft, no me importa llevarlos yo. Si quiere hacerlo otro que avise. Si lo llevo yo, de aquí al viernes faltan por entregar el Ordem y el RIF. Si no hay entrega de sus fichajes y descartes antes de la próxima xuntanza, el draft se celebrará igualmente y pierden sus plazas y derechos. Que fichen lo que esté libre consensuando si acaso un orden entre ellos mismos.
Sobre la entrega de plantillas, creo que es tan fácil como que cada uno lo publique en el Xornal después del draft. Así es visible para todo el mundo (últimamente no hay manera de saber quién tiene a quién) y cada uno es responsable de su movida sin involucrar a otros. Quien no lo publique antes de la apertura del siguiente draft, sencillamente pierde el derecho a draft y no se inscribe en la siguiente liga. Así de sencillo y sin persecuciones.

Sir Nigel dixo...

Menudo tocho de noticia ¿y esto quien se lo lee?

Rapajk dixo...

Eu voto si se nos comprometemos a actualizar os resultados en cada xuntanza. A idea do Txe, vaia.

getxo dixo...

Xa, Sir. Como comunicador deixo moito que desexar. De feito, debería ter intercalado algunhas imaxes de pornografía, como engado. Ocorréuseme tarde e, agora que o dixen, non surtiría xa efecto.

En fin; se a xente responde, non me importa que non o lea.

A min a idea do Comandante váleme. Ten a pega de que onde non haxa internet non se pode facer, pero se o arquivo de internet está actualizado pódese descargar, levar a unha sede sen internet, actualizar alí e volver colgalo actualizado.

Por outra parte, ten o problema teórico de que hai que crear o arquivo enteiro antes de que comece a tempada, cos individuais preparados. Pero isto tamén se pode amañar se a xente envía os seus planteis xunto co draft.

En suma: aínda que leve algo máis de tempo, vale. Particularmente se é ao que a xente está disposta a comprometerse, que está por ver.

MAG dixo...

Voto SI a seguir con los individuales.
Obviamente tamén voto SI a meter os datos no momento, xa que a idea foi miña, ainda que o señor Babudo non crea nos dereitos de autor e obvie citarme en ningún momento, rematando cun sublime "Penso EU, vaia" ^^

Por outra banda, acabo de enviarvos o mail as capturas do apertura da T22, asi que ideas metendo no xornal en canto o abrades.
O resto de datos agardan pacientemente en arteixo a que alguen se digne a collelos ou pasalos ali mesmo. Levan diante do ordenador onde todo o mundo vai mirar o suaci un mes e pico, xa se dixo varias veces que estaban ali, pero nada, ninguen os quere... pobres. Asi que este venres, antes de que se encenda ningunha play eses datos teñen que estar en internet.
Despois de que se encendan as plays, alguns voluntarios faran as fotos da T23, e outros voluntarios as irán enviando a quen corresponda... e asi, entre todos terminamos nun anaco de nada.

Gracias por su colaboración. Caminenen por la linea amarilla.

Comandante dixo...

Mira ti...un que seica durmiu mal esta noite, hehehe.
MIL DISCULPAS SEÑOR EUBEN. Non pretendía facer apropiación indebida das súas ideas.

MAG dixo...

Merda... disculpouse antes de que a SGAE dera con él... adeus as vacacions nas seychelles e o ferrari novo..... sniff

! dixo...

abstención