luns, 12 de decembro de 2011

Ultimátum xeneroso

Non deixen de ler -e aproveitarse de- as noticias de auténtico interese. Decidan, para o futuro, se prefiren negociar co Babudos ou co MAG.

Faltan 3 equipos por dar os seus datos individuais da T22. Se para o xoves non están, as clasificacións individuais desa tempada (Shevsebio, Dzajic, etc.) elaboraranse cos dispoñibles e só eses se incorporarán ao arquivo histórico. Os demais, figurarán como ceros. Hoxe é luns, así que creo que a marxe, unida á anterior, é máis que ampla. Entendo perfectamente que uns teñen máis tempo que outros, segundo a época, e o mesmo co acceso a internet. Pero considero que, con todas as facilidades que se deron, o que aínda non o fixo foi porque non quixo. Un dos equipos implicados é o River, así que se busca voluntario. Os demais, por se hai dúbidas, son Rif e Asalta. Cando enchades os datos, lembrade que hai que engadirlles os das finais da Superkopa e da Kopa do Pollo, publicadas aparte no Xornal e que afectan aos datos de Asalta, Rif, Túzaros e River. Se hai dúbidas, estarei no correo electrónico.

Feito isto, comezaremos a recopilar os datos da T23 (da que falta, aínda, o plantel do Rif e creo que o do Asalta, que dixo que o puxera máis eu non atopo onde). Así que hai que decidir quen fotografía e envía o Apertura, quen o Clausura e quen pasa ao Xornal as fichas dos partidos kopeiros. E despois seguiremos o mesmo procedemento: os que dean os seus individuais nun prazo razoable, entrarán nas loitas polo Shevsebio, o Dzajic, etc. e sumaranse ao histórico. E os que non, pois non. NÉGOME a arrastrar estas movidas ata a tempada 25.

Non responder a esta mensaxe (e refírome aos aludidos), no sentido que sexa, como non responder a outras nas que se pediron cousas, é unha das cousas máis chungas que se poden facer. Moito máis que un "non, non o fago". En todo caso, todas as medidas que se están a tomar, que van moi ben encamiñadas e levan pinta de acabar con estes cristos, mellorar o funcionamento e minimizar o traballo, están tamén destinadas a que esa ausencia de respostas deixe, a min, por exemplo, de encabronarme. Porque cando algún outro propón algo, reclama, etc, eu estou no grupo dos que responden, aínda que me parezan paridas. E máis axiña respondo se penso que se trata de algo que supón curro para os demais.

Así que é moi doado: o que non queira ver os seus individuais das tempadas 22 e 23, pode pasar de todo (moito mellor se o di que se o deixa ir) e reincorporarse no sinxelísimo procedemento das tempadas 24 en adiante.

Evidentemente, se hai interese real por facer estas cousas e existe un impedimento concreto, fálase, ponse outra data razoablemente próxima e punto. Isto é obvio, pero curiosamente nunca se deu a circunstancia.
.

7 comentarios:

mag dixo...

Yo propongo que cada uno meta sus datos este viernes. Antes de jugar nada.

getxo dixo...

Pois... o venres... aínda que ningún implicado se queixou...

MAG dixo...

Vamos... esta propuesta no quita que si alguien se siente generoso y lo quiere hacer antes para que podamos empezar a jugar antes perfecto.

Las fotos hay que sacarlas de las plays que estan en mi casa, asi que por eso propongo esta solución.

MAG dixo...

Yo solo hablo de los datos de la T23, que son los que no hemos recibido comodamente en nuestras casas... así que los que faltan por meter los da la T22.. ¡animo! ¡seguro que podeis meterlas antes del juves! ¡estaremos con vosotros en cada pulsacion de teclado! Dame una W! dame una I! dame una F! dame una A! WIIIIIIFA!! Yuuuuh Yeaaah YES

o que manda dixo...

haber xa metin o datos da t22 gracias a o secretario que con moita paciencia fixo un esforzo na axuda. haber si estan ben penso que si cando estean os da t23 avisade para metelos porque os que tenos un problema de gilipollez informatico pois levamolo como podemos.

duke dixo...

metidos todolos datos pendentes do asalta.

entre david vidal el o duke xa empezaron a meter os individuais de todolos equipos da t23

getxo dixo...

xenial