mércores, 28 de decembro de 2011

O fútbol dos avós

Para ver as clasificacións e campións da T22, acodan a calquera hemeroteca. O que se lles presenta aquí son as clasificacións individuais inéditas daquela tempada, acompañadas do formato co que as publicou, orixinalmente, "Papeles de Fútbol Cúbico", que levaba xa anos cubrindo a LPU.



Incluíase unha nova categoría, nun aparte, que algúns calificaban de excéntrica:


Os enviados especiais calificaban aos xogadores con severidade, aínda que sentían acusada debilidade polos dianteiros. A liña editorial excluía destas valoracións a Asaltacunas e Rif, por motivos estéticos (ah, a inxenuidade daqueles tempos, tan pouco tolerantes co fútbol moderno!). Tras dun debate na redacción, decidiuse incluír a estes equipos pero, á hora da verdade, ningún correspondente accedeu a se facer cargo do seguimento individual dos mesmos:


Un longo labor de investigación, permitiu o acceso ao conxunto dos datos, que se presentan agora, por primeira vez, nun formato actual e desenfadado. Preman nas imaxes para unha visualización axeitada:


3 comentarios:

NOTA IMPORTANTE dixo...

Xa están metidos no Excel todos os datos ligueiros da T23.

Agárdase a publicación das fichas de todos os partidos kopeiros para que os diferentes clubes metan os seus datos correspondentes e, con iso, pechar tamén ese arquivo para publicar e estar, por fin, ao día por sempre xamais. Gracias.

Anónimo dixo...

Estivo ben como inocentada

Quevedo dixo...

Que hermosa caligrafía. Como ya no se ven, oiga.