Rif: 4 subcampionatos nas 5 últimas LPUs. Ta ben que chore. É preferible evitalo pero, se ten que ser, é tempo de que gañe unha LPU entre bágoas.
Asalta: gañou de arrase as dúas últimas ligas (e un triplete, e a Superkopa...), chorando -bastante-. Chorou antes de que comezase esta, acusou de chorar a xente que só pasaba por alí e segue chorando agora, candidato moi sólido aínda para gañar a terceira LPU consecutiva, algo nunca acadado na WIFA. E, se ten que ser así, pois que sexa. A idiosincrasia é o máis importante, e por moitos anos.
Entre a plebe perdedora, en troques, abunda a opinión de que o fútbol está a ser fútbol e a emoción, pois emoción, despois de moito tempo. Que non é que a maioría atine sempre, e hai que ter moi en conta os criterios das castas superiores, pero así e todo convén oír ao pobo de cando en vez, por máis que os gregos nunca inventasen nada.
A causa dunha neglixencia fundamentalmente torpedil, os balanzos goleadores de Torpedo, Ordem e River son probablemente incorrectos. Subsanarase en posteriores edicións:
6 comentarios:
Haiche moito choromicas por aquí, iso é ben certo.
buaaaaaaaaaaa!!!!!!!
e entre tanto buaaaaa!!!! Sigo pensando o mesmo.
O feito de ke o xogo permita unha liga igualada non significa k o xogo sexa bo. E o reves, un xogo pode estar ben feito, pero polo transcurrir da liga acabar sendo desigual.
Con isto non digo k a anterior version sexa boa, o k si digo e k esta non me gusta unha merda. Respeto a opinion dos k non pensen coma min, pero sinceiramente creo k tratando de arranxar os problemas da anterior version (ke os tiña sin dubida), pasaronse totalmente o outro extremo, e creo k o cambio non foi a mellor.
Ala, xa podedes poñerme a parir.
recordp k non hay moito, o tuzaros dixera k, nas suas pachangas en internete, mentras os ekipos eran "normais” o xogo estaba ben, pero no momento k metias messis, monaldos e compañia k o xogo era un pouco coñazo.
Kizais pode ser por iso. A maioria de nos ten tres ou mais monstruos k fan k o xogo sexa mais coñazo do k deberia ser. Kizais se os ekipos valesen 100 rublos en vez de 140 o xogo sexa mais vistoso, non sei. O k si sei e ke as veces o xogo e unha dor de huevos, pra min. Cando me enfrento a un ekipo con dous ou tres animaliños arriba e peor k unha tortura china, ainda k supoño k vos tmen pensaredes o mesmo cando vos toca xogar contra min.
Non sei, kizais estou desvariando, pero e o k vin ata agora nos meus partidos, regates imposibles, xiros peonziles, porteiros auates, montros k collen o balon no medio campo e a base de regates ou forza plantanse na area rival, etc...
Moitos non pensaredes coma min, e poño a deus por testigo k respeto por encima de todo a vosa opinion, pero as veces danme gañas de tirar o mando e mandar a merda os programadores do pes.
Hehehehe. Home, o artigo é por vacilar, obviamente. Nos termos no que o expreso, ademais. Eu non vos vin chorando aos dous a dúo e a pleno pulmón, pero debeu de ser un bo espectáculo, considerando que se comentou desde varias fontes e que ademais ides ben na liga.
Sobre o xogo, penso que eu non teño monstros arriba tal como ti os describes. Os meus dianteiros son Arshavin e Larsson, ambos de 11. Facer un slalon con eles custa. Pero pódese. E agradezo ambas cousas.
En todo caso, tanto pola túa parte como pola miña, non deixan de ter graza as posturas que sostemos cada un: o paradigma da monstruificación en ataque son os Babudos e ti gañácheslle 6-1 no global, mentres eu perdín 5-1 no global. Supoño que o lóxico sería que mantivesemos unha versión oposta sobre o tema, os dous.
Eu creo que o xogo está ben. non me arrisco a dicir que é a rehostia aínda, pero que se poida xogar en todas as zonas do campo con estilos e planteis diferentes é de agradecer. Eu non estou a ver tanta vantaxe para os equipos con monstros, aínda que teño pendente gañarlle ao Comandante (polo momento; e si, é unha ameaza). É certo que desquicia un pouco, pero ao nivel que xogamos nós non me parece mal. O Comandante renunciou a cousas para ter ese ataque e nótase. Cando lle sae ben, arrasa e cando non, sufre. É difícil defendelo, pero hai xeito. Ten lóxica, iso tamén.
Creo que a volveron cagar cos centros, polo lado oposto, pero é mellor que antes.
Que a liga sexa igualada estou dacordo que non é positivo porque si nin atribuíble directamente á versión como algo positivo, pero:
1) Está por ver. Se se miran os coeficientes de puntos, non é tan certo.
2) Caso de ser certo, ten tamén moito que ver co progresivo axuste que se deriva do novo sistema rúblico.
3) En todo caso, é unha boa noticia, como punto de partida. Sempre e cando non se deba a que os resultados dependen só da sorte, e penso eu que non é así nin moito menos. Inflúe, claro, pero a tendenza séguea a marcar o usuario.
Seguro que por internet hai friquis con 5000 horas de voo que che poden facer un roto con Monaldo so porqeu levan practicado todo o día para iso. E que foden o xogo. Pero é moi difícil que non pase iso en calquera xogo online, e sabémolo ben. Igual se dedicas 5000 horas a aprender cómo parar a eses tipos tamén o consegues.
Eu, en particular, estou contento co xogo. Máis cando gaño, claro, pero vexo que as cousas teñen certo sentido, que se poden amañar crises de xogo actuando con xeito e que a maioría vai acadando acomodo a un certo estilo. As cousas non me van moi ben, pero levo unha longa tempada xogando como o cu e estou tentando recuperar e estou niso, conque non me queixo.
Evidentemente, eu tamén respeto a vosa opinión sobre o xogo; só fodería. Pero esta vez non a entendo moi ben. Pregunto con xenuina curiosidade: pódesme dicir, en concreto, qué equipo che pareceu imbatible ou inxogable polas razóns que esgrimes? Porque, atendendo aos teus resultados, pérdome.
A ver! Se alguen ten dereito a chorar son eu, precisamente por quedar coa mel nos beizos en 4 das ultimas 5 temporadas. Xa vai sendo hora de que o Rif gañe algún título, non?
Publicar un comentario