venres, 11 de novembro de 2011

A piques de rematar: a loita do grande-pequeno

CONVOKATORIA, AQUÍ

A tempada entra nesa fase final na que sempre se enquista, na que cada baixa supón unha lousa sobre a súa definición final e unha, dúas semanas -ou meses- máis de agonía. Todo o cal é tan sabido como inevitable.

Á marxe disto, as cousas non poden estar máis emocionantes, como xa se dixo. O Shakhtar, o equipo máis feble economicamente do campionato, chegaba á súa xornada final nunha posición aceptable, con 23 puntos en 15 partidos. Tocáralle frear, en distintas medidas, ao Ordem cando ía líder, ao Túzaros no seu dubitativo comezo, ao Asalta cando apuntaba máis alto que ninguén, e o mesmo co Clash. Arrancara goleado en Sierra Maestra, fora recompoñendo o seu xogo, o seu temple. Suara como nunca sangue por cada punto e fixera bo xogo. A súa puntuación era limitada e faltaban os dous duelos con cada un dos dous novos favoritos ao título: o Rif e o Torpedo. Os rusistas, en duelos moi serioes, intensos e emocionantes, igualou dúas veces co Rif, que logo entrou en xeira suicida, en partidos con alternativas de dominio. E, malia todo, 25 en 17, os mangostas nunca abandoaron a expectativa mínima e ilusa de poderen ser campións. E así gañaron ben ao River, 3-0, na antepenúltima xornada. Dando un pouco de xustiza pontuacional á súa grande tempada de xogo e a un plantel que o dera todo, antes de encetar os dous duelos coa maior forza emerxente: o Torpedo. E aí, a caracán, o Shakhtar venceu aos de Zagreb por 2-1, aproveitando que se adiantou por 2-0 en dúas xogadas case consecutivas ao final do primeiro tempo e resistindo logo o asedio dos nosos, brutal até o remate último que lambeu a escadra no último instante do partido e que ben puido valer un empate moito máis ca merecido.

Paréntese kopeira: na Kunka o Shakhtar eliminou brillantemente a equipos tremendos como Túzaros e Torpedo para acceder ás semifinais onde, unha vez máis, sucumbiu ante o MAG, mestre en duelos a doble partido e que contou co contragolpe e unha boa dose de sorte no comezo da eliminatoria para comezar a decantar un novo acceso á final. Alí, os de David Vidal buscarán a súa cuarta Kunka, nada menos. O Shakhtar deu o que puido, pero non abondou, nunha xornada na que perdeu 2 partidos de 13. Na Kopa do Pollo, grupo duro e igualado con Túzaros e River. O River igualou a 1 con ambos, logo os Túzaros gañaban 1-0 as Shakhtar, que buscou o empate como puido ante un rival plantadísimo. Non o acadou, e os victorianos, moi grandes nesta competición, pasaron a semifinais. É a primeira vez que o Shakhtar é eliminado nun grupo da KP.

Un partido máis da LPU, de novo ante o Torpedo -imtocable agás nos duelos co Shakhtar-. Pero esta vez o Shakhtar está cheo de fe, xoga con aplomo e seguridade, domina o balón ten máis oportunidades. Nedved anota un bo gol de volea lonxana a porta baleira, tras man a man errado por Larsson. O checo víngase así do seu antigo clube, que na T1 o trocara por Mertesacker. Pero, malia que o Shakhtar segue ben, Dalglish empata. Pasan os minutos, no segundo tempo. O Shakhtar busca a vitoria, pero entrar na defensa do Torpedo está difícil (manda carallo). Pavel Nedved colle un balón a 30 metros da portería, encara, ten moita sorte no regate e, nada máis saír del, a 25 metros, aproveita a opción e dispara. Xogo de nenos para o checo, que bate a Dassaev. Até a fin, sufrimento. Nin o bo partido nin o dominio evitan un final de infarto no que, de novo, a fortuna sorrí ao Shakhtar cando o disparo desesperado (coa dereita!) de Filipe, de novo no segundo último, lambe o pau por fóra. Os rusistas deixaron todo no campo ao longo da tempada. Ata o último alento para sumar 34 en 20.

Detrás vén o Túzaros (29 en 18), que precisa dúas vitorias e máis resultados. Parecida situación a do Asalta (28 en 18). Favoritos? Torpedo e Clash: 26 en 15. Estes dous, e entre eles e os seus rivais, asinaron o outro día duelos memorables, particularizando o Torpedo 4-3 Clash que foi un auténtico partidazo, malia a estraña resolución final. Ninguén se impuxo claramente aos demais, e iso fai que tampouco ninguén poida fiarse do Rif, malia a súa debacle histórica (17 en 13, agora). Os de Chaoui teñen moitos duelos directos e, se os gañan, non son candidato de broma.

O Shakhtar agarda a resolución final de campionato no máis alto, e con todas as de perder.
.

3 comentarios:

MAG dixo...

Vaya memoria... igual yo dejo de ir y ya me lo cuentas ^^

getxo dixo...

Se te fixas ben, de memoria hai pouco. Os resultados pódense consultar todos, o que reduce a miña fazaña a lembrar o feito de que Nedved marcou 2 goles desde fóra da área no derradeiro partido da tempada e a que o Torpedo fallou o empate no último segundo en dous partidos. Lembrar estes detalles resulta doado, toda vez que se comentaron bastante no momento. Pero si, son un crack. De todos os xeitos, mérito tería se contase o de hoxe. Sen ir e por adiantado.

getxo dixo...

Ese duplo Torpedo-Rif quería eu velo. Hoxe pagaba a pena velo todo mesmo sen xogar, pero cádrame mal.

Que tunde o mellor.