(redacción)
Aljosa Asanovic, adestrador do noso clube, comparece en rolda de prensa tras o remate do derradeiro encontro da tempada, unha boa victoria por 3-0 ao Rif. "Penso que fixemos un moi bo ano en liga. Das copas mellor nin falar, o equipo non deu sensación de apostar por elas en ningún momento". Engadíu tamén que "o título está moi preto, mais xa non depende de nós. 36 puntos é unha boa cifra, só falta por ver que ten que dicir o Clash ao respecto. En calquera caso, estamos moi satisfeitos do traballo realizado". Ante a pregunta de se destacaría a algún xogador en particular comentou que "o conxunto é o que importa. Se me insistes moitos direi que certo polaco recuperou o seu mellor fútbol e Dalglish estivo de OIL. Modric tamén moi ben, así coma Boban ou Corluka. Van Buyten adaptouse moi rápido, semella que leva toda a vida connosco. E Dasaev, gran traballo pese a algún erro puntual."
Agora só queda agardar a ver que fai o seu rival directo na loita polo título para saber se este será o ano da segunda liga do Torpedo.

3 comentarios:
bravo polo torpedo. Ainda k gran parte do merito e do duke, el xa adiviñara k o torpedo o ia facer ben
Sempre igual, cona. Mátome inutilmente por gañar ao tipo co que todos perden. Qué putada, por qué pouco. Fodido Torpedo.
Non felicito nin nada, que isto non rematou. Pero a foto de Dalglish é a dun puto sex-symbol.
Comandante, fodeume vostede a liga (x18).
Total: moi interesante tempada. Mágoa non gañar eu. Qué tal as kopas?
Los records de los Babudos:
- El equipo con más cucharas de palo de la LPU.
- El equipo que cuenta en sus filas con el jugador más caro del juego.
- El equipo que tiene entre sus integrantes a los últimos cuatro campeones del mundo de los 100 m. lisos con balón (Brian, Michael, Ribery y el Imbécil).
- El único equipo que le ha jodido ligas al Shakhtar. Concretamente todas las que no ha ganado, jejejeje.
Publicar un comentario