venres, 14 de outubro de 2011

OS BABUDOS FICHAN UN IMBÉCIL

Avance Informativo:
Segundo puido saber esta redacción, logo de 22 tempadas, e cansos xa de ser sempre a última merda, os Babudos, liderados polo magnánimo Comandante en xefe da forza reBolucionaria, veñen de fichar ao maior imbécil do reino; C. Monaldo.
O xogador máis caro de todos. O home do que a xente ten envexa por seres "rico, guapo y buen jugador". O grande mamalón da WIFA.
Preguntado acerca disto o Comandante só atinou a dicir que "alomenos, ainda que quedemos de novo de últimos e perdamos máis do que gañamos, rirémonos un anaco del cando lle chamen imbécil polos campos da LPU".
Certamente, nun movemento inesperado por parte do Consello de Administración e ReBolución dos Babudos, viron a oportunidade de poder contar co xogador máis en boca de todo o mundo. Ainda que sexa para mal.
"Ademáis, vimos que a Bystrov habíalle quedar grande o de ser o único Imbécil da LPU", asegurou o Comandante en declaracións a este xornal.
CR chegará a Sierra Maestra en patera nas vindeiras semanas, a fin de que se vai afacendo xa dende o primeiro ao que lle agarda no seu novo lar.
Seguiremos a informar.

7 comentarios:

un fan dixo...

Combinación letal, sen dúbida. Veremos para quen.

outro dixo...

Comunismo empresarial? Ides explotar a súa imaxe e repartir os beneficos?

Comandante dixo...

Por suposto. Xa que non gañamos nada, alomenso facer cartos vendendo camisolas.
Ou a ver de quen pensas que aprendeu Florentino? Jejejeje

fans a esgalla dixo...

keremos a foto con fidel en chandal

getxo dixo...

Menuda animalada. Non sei como che irá, pero enfrontarse a ti será un coñazo. E vaite poñendo un casco e unha huevera, porque as patadas van ir a calquera parte.

Por certo, insisto: titular excelente.

getxo dixo...

Joer, qué mediático é este tío. En cinco minutos xa ten máis comentarios que a convocatoria semanal.

Comandante dixo...

Por certo, eu hoxe vou, mais seguramente cara a última hora da tarde.
Non teño, creo, partidos pendentes, mais se houbera algún, xogadeo sen problema. A ver se rematades a tempada e logo nos poñemos co chollo burocrático.