martes, 25 de outubro de 2011

O Torpedo, décimo

Sendo absolutamente certo o titular, a noticia vai doutra movida.

Inicio frenético e pouco decepcionante da T23. O Shakhtar amosouse histérico e desputou xa 15 partidos, por ningún de Rif e Torpedo.

A clasificación pódese consultar na ligazón usual. Tamén se pode mirar a evolución rública xunto ao cadro de resultados.

Shakhtar: malia que non está a ter sorte, o cadro rusista recuperou valores históricos do seu fútbol. Moitos xogadores interveñen no ataque, no que hai variantes. E o xogo do equipo é comprensible, gracias ao cambio táctico da xornada 2. Este ano si está a notar un chisco os rublos, tanto abaixo como arriba. O Shakhtar lidera a competición de xeito tan ficticio como real, cun tan épico como dificilmente explicable -1 en goles. Gagarin afirmou: si, si, claro que imos pola liga. Tentaremos gañala por golaverax. O Shakhtar debe gañar os 5 partidos que lle restan e agardar cadea de erros. Momentos memorables da tempada:
1) Palizón dos babudos ao inicio e/pero consello defensivo e inesperado de Viqui
2) Cambio táctico no descanso da xornada 2
3) Primeira vitoria, sobre o Pollo
4) Vitoria sobre os Túzaros, que os convenceu definitivamente da súa idea de xogo pola categoría do rival
5) Empate co Ordem, en duelo no falso cumio
6) O gol de Arshavin: Tras caer ante Asalta e Clash de xeito non moi xusto, cedendo todas as súas opcións ao título, o Shakhtar enforteceuse no Apertura, marcou 1-0 ante os do Duque, rival que está a custar vencer como nunca. Co partido controlado, porén o Asalta empatou a 15 do final, pero unha espectacular acción individual chea de rabia e calidade de Arshavin puxo o 2-1, redignificando a tempada mangosteira. Buscaron logo igual sorte contra o Clash, pero finalmente tiveron que asinar o empate a 1
Resumindo: o Shakhtar xoga ben e non gañará, pero está disposto a loitar. Total, para o que queda...

Resto: O resto non están a facelo mal. O Ordem (capaz e ordeado) vai 2º, o Babudos (espectacular e algo inconsistente) 3º e o Túzaros (que sempre parece poder dar un chisco máis) 6º, moi igualados entre si e co Shakhtar. Tempada digna a de todos eles. Se ben os Túzaros teñen algo máis de marxe, todos poden pelexar por postos de honra. River e MAG deben mellorar pero están a tempo con 2/3 vitorias seguidas. Torpedo e Rif, moi mal, non xogan a nada. Pero poden gañar a LPU. O Pollo non, pero debe apostar con forza polo Clausura, que lidera. E mellorar de cara ao futuro. A grande desputa está, polo momento, entre os emerxentes Asalta (na onda usual) e Clash (moi recuperada a súa idiosincrasia), que fixeron unha moi boa estrea.
.

4 comentarios:

clash loser dixo...

Gran crónica. Sobre todo os comentarios do colista torpedo. o rif é cocolista?

o clash tomou a liga nunha man, con 15 puntos de 18, e logo, simpáticamente sacou un punto en 3 partidos, pero eh! chúpensela a alan pichichi shearer!!

un espectador algo cansado desta merda dixo...

lo del asalta es de coña.
Cuando juega bien, gana.
Cuando juega regular, gana.
Cuando juega mal, a saber.
Pero aunk pierda tiene semejante invernadero en el culo k hace k los resultados de los rivales le acompañen.
VALLASE, SEÑOR DUKE, VALLASE

observador dixo...

O Rif vai 11º, segundo a clasificación. O Torpedo, 10º, está facendo unha campaña o doble de boa do usual.

O Shakhtar lidera o Apertura con 16 en 8. Pero aí o Clash, 12 en 5, é máis que unha ameaza. Asalta con 9 en 5 e MAG don 7 en 4 queren dar a vara.

O Pollo lidera o Clausura con 11 en 6, pero o Asalta, con 7 en 3, está moi ao axexo. Túzaros 8 en 5, Ordem 9 en 6.

Torpedo e Rif vacionan, como é sabido. As desviacións rúblicas non asustan a ninguén, polo momento.

Rapajk dixo...

Que desastre... Imos moi mal.