A ver meus. Hai cousas pendentes. Moito menos do que había antes pero así e todo hai que facelo. Se queredes. Outra opción é pasar totalmente dos individuais. Se é o que preferides, dacordo. Eu, en principio, conservaríaos. Pero non a costa de facer eu todo o curro (que, dividido, é moi pouco) nin de andar perseguindo á xente. Entón, por qué esta mensaxe? Pois, porque se ao final o imos facer, daquela ten que ser xa. Paso mil de que se me acumulen os datos de 3 ou 4 tempadas, cos líos correspondentes. E, se non o imos facer, polo menos dicídemo. O que hai pendente agora mesmo:
1) Sacar e enviar as fotos dos individuais de todos os planteis da T22 en todas as competicións
2) Que cada quen meta no Excel os datos do seu equipo
3) Logo eu actualizo e publico clasificacións
4) Enviar os planteis actuais de cada un, en formato xls, a wifa.info@gmail.com
5) Comprobar un par de resultados do Torpedo da LPU23
6) Aclarar quen vai pasar as fichas dos partidos kopeiros da T23 e cómo, para que se poidan meter os individuais no Excel
7) Aínda non se publicaron, creo, as finais de SK e KP da T22
8) E aínda hai algunha cousa máis da que en teoría nos encargamos o Ordem ou eu
Independentemente de quen quedase de facer cada cousa, que polo menos o que o fixo se comprometeu a algo, para algunhas destas cousas é preciso que participemos todos, sen excepción. Así que o dito. Avisádeme co que vaia ser.
.
3 comentarios:
Eu o do plantel xa o enviei (como xa dixen na outra ocasión en que saiu este tema e na que nin dios che contestou). O de tirar as fotos das clasificacións, se non o fai ninguén antes, podo facelo eu; mais non ate que teña as plays diante. E en canto a meter os datos do meu plantel, en canto teñamos as fotos fagoo nun momento.
o do plantel cho fago nun momentiño o venres. Aproveito a xuntanza pa ver o valor dos meus xogadores k non o recordo ven.
Os individuais, cando esten as fotos cho mando nun plis plad.
ok
Publicar un comentario