xoves, 20 de outubro de 2011
Asanovic adestrará ó Torpedo
(Redacción)
Hoxe á tardiña presentouse no Estadio do Pobo ao novo adestrador do noso clube: Aljosa Asanovic, a lenda da selección croata. Nas súas primeiras declaracións comentou que "si, vou adestrar ó Torpedo" e "É unha mágoa para min non ter xogado nunca nel, quizáis no futuro...". Boban felicitou ó clube: "Foi un gran compañeiro, e agora será un gran adestrador, sen dúbida".

12 comentarios:
boa fichxe. Ainda k eu pensara en dzajic, ferenc o muller.
Por certo, k xogador croata se chamaba sinisa, non me lembro do apelido ktamen era a ostoa
Qué carismazo. Este debía vir de clásico pero, en todo caso, é historia do will.
Croata... Sinisa... non me soa. O único Sinisa que coñezo é Mihajlovic.
Por certo, bo traballo o da T23.
Ya vi este documental... de Asanovic esquivando Ñus. En la 2.
En la 2 están echando documentales
Veño de actualizar os meus tres resultados do sábado ante Pollo, Ordem e River no excel do Gmail.
Non sei se hai que facer algo máis que poñer os resultados na taboa, que foi o que fixen.
Por outra banda, a modo de resumo, as cousas anda así:
- 1 Shakhtar 19 puntos en 11 partidos. 20 goles a Favor e 18 en contra.
- 2 Ordem 16 en 10, 1 4F, 7 C
- 3 Tuzaros 15 en 10, 18 F, 16 C
- 4 Babudos, 14 en 10, 14 a favor, 12 en contra
- 5 Pollo 11 en 12, 13 a favor, 21 en contra
- 6 River 9 en 7, 9 a favor, 11 en contra
- 7 Mag 9 en 9, 9 a favor, 12 en contra.
O resto de planteis ainda non debutaron na T23
Todo legal, Comandante. Meter os resultados é abondo. Con iso, ademais, actualízanse a gañanza e perda de rublos por duelos rúblicos, na columna do arquivo que vai xunto ao cadro de resultados.
No documento, abaixo, pon RES e XER. Pinchando en XER vaise a un cadro resumido de resultados e logo a dúas clasificacións. A primeira actualízase directamente ao meter os resultados no cadro, pero aparece desordeada.
A segunda hai que ordeala manualmente (agora está xa feito), polo que pode presentar un certo desfase, ás veces.
Por certo, ben se che vía que ías tirar parriba.
Teño unhas ganas da hostia de que venzamos aos Babudos nun partido oficial. Para min sería unha liberación. Polo momento pareceume dificilísimo mesmo non perder. E inda por riba anda a gañar pasta, de momento.
Fóra diso, da brutal pana babuda 4-0, estou eufórico co comezo do Shakhtar. E a LPU está a molar en xeral, xa que ninguén pasa de 1,73 puntos por partido. Pero, parafrasando a un colega de Zagreb, 'hace una liga estupenda; ya verás como viene alguien y la jode'.
Por certo: completamente dacordo co tema dos documentais.
O Shakhtar domina o Apertura con 13 en 6, seguido do Ordem (11/6) e, virtualmente, o EMA (7/4).
No Clausura manda o Pollo, que leva (0/5 no Apertura, simpaticamente), con 11 en 6. Detrás, Túzaros e Babudos, igualados con 8 en 5.
Contra as aparencias provocadas polo exceso de doustresismo, douscatrismo (sobre todo) e mesmo douscinquismo, o número de goles está moi controlado, con 2,77 por partido.
O Shakhtar anota 1,82 por partido e o Ordem recibe 0,70.
Publicar un comentario