domingo, 7 de agosto de 2011

A renta do Duque apura as xornadas

O Rif téntao pero peca de irregular e algo enfermizo, e desperdiciou a bala conseguida ao derrotar aos ducais no enfrontamento directo. Mentres, o líder -que sufrira xa ante o Shakhtar a primeira e severa derrota da tempada, nunha cadea de putadas- amosouse implacable nos partidos en que as cousas se lle puxeron de cara e tirou de efectividade para vencer a un River moi mermado, gañou un duelo igualado aos Babudos por 1 gol a 1 poste e vapuleou ao xeneroso Torpedo. Segue así o seu ritmo campión, administrando un traballo esencialmente xa feito. Restan poucas xornadas e a pelota está no tellado do Rif, na obriga da Vitoria Suma se quere aínda aspirar a un susto. Pero volvamos ao Torpedo e aos tellados: mimadriña, como se di en Zagreb. Que pare pronto de chover a ver se facemos un novo. Cando están en contra, están en contra, e mesmo a Banks tocoulle apañar o gol do campionato, un carallazo descomunal do denostado Larsson desde a casa. O Shakhtar malgastou un espléndido estado de forma gañando partidos de LPU que xa non o levarán a ningures, cando ten tanto traballo pendente nas kopas. Os rusistas seguen a xogar igual, pero o balanzo de goles comezou a se desprazar desde o inicio da tempada de "algúns propios e bastantes do rival" a "moitos propios e poucos do rival". Demasiado tarde, como dito queda, para a LPU. En todo caso, aí están os seus números de verbena: 4 goles por partido. Os Túzaros, pola súa banda, apenas tiveron tempo de dicir "gañar, empatar, perder" antes de que a xornada ficase cancelada; o seu ton foi, en todo caso, de signo positivo. Os Babudos deben loitar como bestas na súa Grande Guerra, que xa non hai dúbida ningunha de que é a falta de gol. Esta chegou a estremos dramáticos, sobre todo á vista do xeneroso caudal ofensivo do equipo. Só do fútbol de Brian Laudrup, simplemente, deberían extraer xa 1 ou 2 goles por partido. Débense a si mesmos unha boa explicación, sobre todo de cara ao futuro inmediato e qué facer con tanto rublo, pero tamén na "toma de decisións de cara ao gol" sobre o céspede.

Na Kopa do Pollo hai xa primeira final. Será Asalta-MAG. O Torpedo caeu á repesca, onde loitará co Rif por unha praza contra o Shakhtar, por unha praza contra o perdedor da primeira final, por unha praza contra o gañador da mesma, por outra praza contra o mesmo, por un título. Xa saben que a KP é sinxeliña.





DRAFT DE INVERNO

TUZAROS

INTERCAMBIO: MOLLER (10) se va al RIF a cambio de Yaya Toure (11)
FICHAJES: Se va Sissoko (9) y ficho a GARRINCHA (9)

TORPEDO

SÓCRATES (12) por DZAJIC (11)

POLLO

PLATT (10) por BARNES (10)
.

6 comentarios:

secretario dixo...

Do draft sei isto

DRAFT INVIERNO TUZAROS:

INTERCAMBIO
MOLLER (10) se va al RIF a cambio de Yaya Toure (11)
FICHAJES
Se va Sissoko (9) y ficho a GARRINCHA (9)

TORPEDO

SÓCRATES (12) por DZAJIC (11)



ALGO MÁIS???

un fan dixo...

ostia o que esta lle esta pasando o torpedo esta tempada require unha resposta por parte do sector duro .

o que manda dixo...

por certo o da copa do pollo empeza a ser un pouco cachondeo dio o que lle pon o nome.haber si o empezamos a facer mais facil de entender porque coma sigamos asi vai facer falta un proxecto final de carreira.

getxo dixo...

Aínda que en verdade, por máis que o cronista faga parodia, a complexidade do formato da KP non é para tanto (é baixa) -sobre todo á vista do calendario e fundamentalmente cando este se atopa actualizado-, igual si é momento de volverlle cambiar o formato, sa que xurdiron algunhas voces críticas e levamos 4 tempadas xa con este sistema. Algo se nos ocorrerá.

Podemos facelo por eliminación directa e xa, rollo tradicional. Ou liguilla a triple volta, ou a pi volta.

Non, igual a eliminación directa é mellor.

E si, o Torpedo dá risa. Vamos, Pobo.

Diego dixo...

Yo, por frikismo puro, propongo ida y vuelta en un solo partido (45 minutos ida y 45 vuelta). Es decir:
POLLO - MAG
1ª parte en casa del Pollo
2ª parte en casa del MAG
Los goles fuera de casa valen doble en caso de empate, igual que en la Kopa Kunka
Los equipos inscritos tendrán la obligación de instalar un teletransportador en su estadio para facilitar el tránsito.

getxo dixo...

Pois como friquismo mola. Por min non hai inconveniente, pero a ver se a xente logo non se lía.