Marko Czalic - Korntzatr
Nunha acción sen precedentes, catalogada xa como a acción máis parva da historia da WIFA, o Torpedo Zagreb afundiu a Rebolución que se xestaba para a T22. Unha tempada deseñada polo Regulamento para marcar o inicio dunha nova era, que tiña por distintivo o de ofrecer opcións semellantes a todos os equipos para acadaren o título e que, polo tanto, podía colocar ao Torpedo nunha excelente situación de partida. Pero o incomprensible fervor contrarrebolucionario dos dirixentes do Partido fixo que o Torpedo se autoinmolase con tal de impedir a alteración das xerarquías. E fíxoo do xeito máis suxo posible: negociando. A cousa é que nesta T21, o suposto equipo do Pobo está a facer un papel lamentable. Coa tempada tirada, todo era terreo aboado para ambiciosas probaturas destinadas a facer un fútbol campión na T22. Pero os dirixentes pervertiron gravemente esta idea ao tomar un rublo emprestado do Rif para desfrutar de Sócrates durante media tempada. O colmo du luxo capitalista. Traizón. Ademais, para colmo, prometeuse ao xigante de Chaoui devolver este préstamo con 2 rublos para a tempada da suposta Rebolución. Un 1 por 4 (1 rublo para media tempada contra 2 para toda a tempada) en toda regra. Para darlles unhas hostias. O Torpedo non só regalou as súas lexítimas opcións ao título, senón que colocou aos de Selassie no punto de lanzamento cara o campionato, por riba de todos os seus rivais. Nada que dicir, esta vez, da actitude de sorriso pasivo e cínico do puto Rif. Pero isto non é todo. O Torpedo enfróntanse, ademais, a unha probable e xustificadísima demanda babuda por agravio, ao timalos pola vía de excluílos de semellante choio de operación. O máis probable é que o tribunal esixa ao Torpedo que entregue, cando menos, outro par de rublos aos Babudos. É durísimo dicilo, pero somos a vergoña do Pobo. Precisamos cambio de dirección xa.
Destapado por Marko Czalic. Ata iso logou o Torpedo. Sacar ao nº1 do seu retiro espiritual.
.
9 comentarios:
como diria unha grande persoa bueno bueno bueno quedome sin palabras o unico que podo dicir e que manda carallo e isto o presidente tomara medidas aceptar diñeiro do riff.
QUE ME ROBAAAAAAAAAAAAAAAANNNNNNNN
Síntoo rapaces, pero son baixa. QUe alguén postee a convodkatoria e a ver se me vos ides poñendo ao día, que xa teño ganas de ver aos novos ricos na T22. Pasádeo ben.
mais vale k haxa cuorum o vos amenazo cun dedo.
Viva la rebolusion!!!
Se hay onde, vou
eu tamen vou pero non podo ser sede
Eu vou se hai sede
eu poderia ser sede. Fan falta duas plays
Publicar un comentario