venres, 26 de agosto de 2011

7ª LPU para o Duque

CONVOCATORIA EN CURSO.

Asaltacunas FC proclamouse campión da LPU por séptima vez ao vencer ao Ordem por 2-1 nos minutos finais. Con este trunfo, engadido a unha brutal tempada, particularmente no tocante a resultados, o equipo do Duque aínda está en disposición de batir o récord de puntuación nunha LPU e afiánzase no posto máis alto do Palmarés. Leva conquistada unha de cada 3 LPUs en desputa. Ademais, aspira aínda moi seriamente a ser o primeiro clube en acadar o triplete.



Sen entrar en detalles, a CE para a T22 sería, nestes momentos:

Ordem 147,5 (pero estaría suxeito ao tope de 147,0)
Babudos 147,0
MAG 142,5
River 141,5
Pollo 141,0
Rif 140,0
Asalta 140,0
Tuzaros 138,5
Torpedo 137,0
Shakhtar 136,5
P. Clash 135,5 (pero o caso do Clash é dubidoso. Como non competiu nas T18-T20 estánselle outorgando os postos do Shakhtar nesas 3 tempadas. Pero o ano pasado outorgáronselle os dos Babudos. Isto supón levalo artificialmente ao fondo dúas veces seguidas e con dous métodos distintos, e non está claro que sexa xogo limpo. Ideas, por favor. A primeira que se me ocorre, outorgarlle o 6º posto -o intermedio- nesas tres tempadas)

Pero teñan en conta que falta a Kunka, varios duelos rúblicos e que algúns postos da LPU dos que dan rublos van variar. Ademais, podería haber algún erro nos datos, polo que pedimos a súa colaboración para comprobar as contas do propio equipo.
.

2 comentarios:

staatsekretár dixo...

ia publicar os individuais dos resultados da semana nalgunha actualización pero vexo que non che fixo falta.

MAG dixo...

a min pareceme ben o do 6º posto para o clash... despois que demostre onde está