Pois rematou, por fin, a T20, que moi poucos son xa os que a lembran. Foi a 9ª tempada gañada, no seu conxunto, polo Shakhtar de Montreal. Nela, os rusistas acadaron o único doblete que lles faltaba ao levantaren a súa 5ª LPU e a súa 5ª KP e só caeron na prórroga dunha dramática semifinal da Kunka ante o MAG, que os alonxou por moi pouco dun posible triplete. É xa a segunda vez que o MAG salva á WIFA dun triplete (Túzaros, T17). Un MAG que acabou por gañar o máis lendario torneo de elimnatorias por terceira vez, confirmando a excelente relación que une as Kunkas e Monte Alto. Os Túzaros estiveron irregulares en LPU, pero acadaron as dúas finais kopeiras, aínda que logo quedaron sen título. O Asalta fixo un excelente arranque na LPU, pero foi afrouxando ata quedar ás portas da desputa de todos os títulos. O Rif, en troques, fixo unha LPU de menos a máis, na que acabou realizando un fútbol imparable cando a vitoria era unha imposibilidade matemática. E érao polo poderoso ritmo do Shakhtar, que gañou unha LPU de xeito inusual nos mangostas: implacable ante os de abaixo e ante os do medio. A fichaxe de Bican pareceu un fracaso mirando os números de Bican, pero un grande éxito ante os números finais do Shakhtar. Torpedo e Ordem amosaron unha certa melloría.

Así, o Shakhtar sumou 15 puntos na clasificación WIFA da tempada, por 11 de Túzaros e Asalta e 10 de MAG e Rif.
Nos individuais, Voller conqueriu o seu segundo Shevsebio, Silva e Messi igualaron no seu primeiro Dzajic, Ivarov repetiu Given, Terry acadou o Primitivo, e Larsson foi o Atacante Total, aínda que en Chaoui custe comprendelo. Silva foi, ademais, o máximo pasador da tempada e Larsson o goleador. Unha vez máis, e xa van 20, non houbo empate no cumio do máximo goleador da tempada e, incriblemente, Shevchenko, con 5 éxitos, segue a ser o único xogador que repetiu nesta honra. A T21 vai, seguramente, rematar con esta tradición. PINCHEN NAS IMAXES PARA AMPLIAR.


Pronto, a petición ducal, resumo estatístico histórico á finalización da T20.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario